Con esta fermosa familia comezo coa lista dos páxaros da comarca, teño que agradecer a Ricardo Hevia a súa axuda para cofeccionar este arquivo, aportando os seus datos, citas e fotos.
Escribenta común (Emberiza cirlus)
Escribenta riscada (Emberiza
cia)
Escribenta amarela (Emberiza
citrinella)
Varias citas en Mañón e Grañas do Sor, aínda que escaso, nidifica na serra da Capelada.
Escribenta das neves (Plectrophenax nivalis)
Especie escasa pero anual na comarca en paso entre Outubro e Novembro.
Escribenta lapona (Calcarius lapponicus)
Varias citas na comarca en paso entre Outubro e Novembro, especie moito máis rara que a anteriór e moi pouco regular, habendo anos nos que non se ve .
Trigueirón (Emberiza calandra)
Varias citas pola zona de San Adrián, facía anos que non se citaba ata esta primaveira na que Ricardo Hevia puido ver varios exemplares nesta mesma zona. Esta especie debeu de ser máis común na comarca antes dos anos 70 a partir dos cales esta especie comenzou o seu declive, seguramente vencellado ó abandono do cultivo de cereal na zona.
Pinchar o nome para ver a foto da especie.
Escribenta de gmelin (Emberiza leucocephalos)
Citado unha soa vez na praia de Cariño.
Gracias a Xabi polas súas aportacións no trigueirón e na escribenta das canaveiras.