RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sexta-feira, 8 de fevereiro de 2013

Familia Turdidae

Paporrubo.(Erithacus rubecula)
parte da poboación sedentaria, reforzada no inverno por exemplares das zonas frías de Europa)
Rousinol común.(Luscinia megarhynchos)
Moi escaso en paso outonal
Papoazul.(Luscinia svecica)
Escaso en paso outonal
Foto de Pablo Gutierrez

Rabirrubio(Phoenicurus ochruros) 
Abundante
Rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus) 
Escaso en paso outonal
Foto de Pablo Gutierrez http://travellingbirds.blogspot.com.es/2009/09/septiembre.html
Chasco.(Saxicola rubicola)
Abundante
Chasco norteño.(Saxicola rubetra)
Abundante en paso outonal

Pedreiro gris.(Oenanthe oenanthe)
Común en paso pre e postnupcial
Pedreiro do deserto(Oenanthe deserti) 
Tan só unha cita en Moruzos en Novembro do 2009 de David Martínez Lago
Fotografia de Ricardo Hevia

Fotografia de Ricardo Hevia

Merlo azul (Monticola solitarius)
Presente na Capelada e citado tamén na mina do Barqueiro e Estaca de Bares.
Fotografia de Ricardo Hevia

Merlo.(Turdus merula)
Común en toda a comarca.
Merlo papobranco (Turdus torquatus)
Anual en paso prenupcial na serra da Capelada, citado en paso pre e postnupcial na  Capelada, Estaca e garita de Bares.

Tordo real.(Turdus pilaris)
Invernante só abundante nos invernos fríos
Tordo común.(Turdus philomelos) 
Parte da poboación sedentaria, reforzada no inverno por exemplares das zonas frías de Europa

Tordo rubio.(Turdus iliacus)
Invernante só abundante nos invernos fríos
Tordo charlo.(Turdus viscivorus) 
Nidificante nas zonas altas da comarca, parte da poboación sedentaria, reforzada no inverno por exemplares das zonas frías de Europa


Familia Aceracerae

Xénero Acer
Acer pseudplatanus
Frecuente polas fragas do Sor, tamén se pode atopar nos lindeiros da comarca.

sábado, 2 de fevereiro de 2013

Notas de xaneiro 2013 no Ortegal

1-01-2013 / Estaca de Bares: bon paso de gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) unhas 1000 aves/h e discreto paso de álcidos.(Ricardo Hevia & Antonio Martínez)
1-01-2013 /Ría de Ortigueira: 5 garcetas grandes (Ardea alba) e 4 barnaclas carinegras da subespecie nominal (Ricardo Hevia & Antonio Martínez)

2-01-2013 /Ría de Ortigueira: 1 mobella grande (Gavia immer)1 ex. mobella pequena (Gavia stellata) 1 ex. de Podiceps auritus, 4 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis) 2 cisnes cantores(xov.+ad.) o xov. de cisne vulgar e a femia de pentumeiro careto (Melanitta perscipillata) 13 cullereiros (Platalea leucorodia) polo menos 3 aneladas, 5 garcetas grandes (Ardea alba) e 2 mergos cristados (Mergus serrator) Antonio Martínez. Á tarde continuaban (Ricardo Hevia, Fernando Arce e Xurxo piñeiro)

2-01-2013 /Ría de Ortigueira: 2 londras (Lutra lutra) correndo frente o muelle (Antonio Martínez)
                       
2-01-2013 / Cariño: segue un falaropo picogroso (Phalaropus fulicarius) no porto e unha azulenta alpina no cabo. No lugar da Vacariza unha becada (Scolopax rusticola) (Ricardo Hevia, Fernando Arce e Xurxo piñeiro)

5-01-2013 / Ría de Ortigueira: Duas Lontras (Lutra lutra)polo peirao 1 fémia  e 1 cachorro (David Martínez Lago & Álvaro polo)
Fotografía de David Martínez Lago.

5-01-2013 / Ría de Ortigueira: censo de Xabi Prieto. Para máis info premer no enlace ao seu blog bichos e demais familia
3 Mobellas grandes (Gavia immer) nas augas da ria central
12 Culhereiros (Platalea leucorodia)
3 Garças brancas (Egretta alba) em Ladrido
3 Cisnes (Cygnus cygnus/olor) 
4 Gansos de face negra (Branta bernicla) na zona do Cavalar
2 Mergos cristados (Mergus serrator)
12 Pentumeiros comuns (Melanitta nigra)
213 Gavitas (Haematopus ostralegus) no Cavalar
92 Pílharas cinzentas (Pluvialis squatarola)
175 Maçaricos de bico recto (Limosa limosa/lapponica)
24 Pilros grossos (Calidris canutus)
65 Biluricos comuns (Tringa totanus)
1 Bilurico escuro (Tringa erythropus)
 
Alcas (Alca torda)
Duas Lontras (Lutra lutra)1 fémia + 1 cachorro

8-01-2013 / Esteiro (Mañón): un mínimo de 4 exemplares de estreliña do norte (Regulus regulus) no pinar da praia de Esteiro. (Antonio Martínez)
9-01-2013 / Serra da Capelada: 19 Escribentas das neves (Plectrophenax nivalis) na vixía da Herbeira. (Ricardo Hevia)
13-01-2013 / Ría do Barqueiro: 1 ex. de mobella ártica (Gavia arctica)Ricardo Hevia.
18-01-2013 / Praia de Cariño: 1 ex. de 1º inverno de gaivota cáspica (Larus cachinnans) José guerra, Marc  Galvez
fotografía de Marc  Galvez
20-01-2013 / Ría de ortigueira: censo de Xabi prieto e Paco Girón (Sociedade Galega de Historia Natural)"Datos parciais cortesía da SGHN (sen publicar)" poño os datos xerais, para velos desglosados podedes entrar no blog de Xabi Prieto http://bichosedemaisfamilia.blogspot.com.es/2013/01/ria-de-ortigueira-adianto.html
6 Garcetas grandes (Egretta alba)
Un total de 2059 anátidas
Un total de 1593 limícolas

20-01-2013 / Praia de Cariño: 2 ex de gaivota cana (Larus canus) Ricardo Hevia.

20-01-2013 / Praia de Cariño:1 ex. 1º inv.de Gaivota hiperborea (Larus hyperboreaus) Pepe García Vizoso. Máis fotos do ex. no seu blog FERROLTERRANATURA
Fotografía de  Pepe García Vizoso
21-01-2013 / Ría do Barqueiro: 1 ex. 1º inv.de Gaivota hiperborea (Larus hyperboreaus) no porto do Vicedo.(o mesmo ex. que o día anterior estaba por Cariño) Ricardo Hevia, Jesús Ríos e Antonio Martínez
22-01-2013 / Ría do Barqueiro: continua 1 ex. 1º inv.de Gaivota hiperborea (Larus hyperboreaus) no porto do Vicedo, a última hora da tarde estaba no coído de Bares. (Antonio Martínez)
22-01-2013 / Praia de Esteiro: 1 ex de golfiño riscado (Stenella coeruleoalba) morto na praia. (Antonio Martínez)
23-01-2013 / Grañas do Sor: un bando de 79 Píldoras douradas (Pluvialis apricaria) Antonio Martínez.
24-01-2013 / Praia de Cariño: 1 ex. de 1º inverno de gaivota cáspica (Larus cachinnans) o mesmo ex. do día 18 (Ricardo Hevia)
25-01-2013 / Praia de Esteiro: 1 ex. 1º inv.de Gaivota hiperborea (Larus hyperboreaus) o mesmo exemplar que apareceu o día 21 no porto do Vicedo ( Antonio Martínez)
27-01-2013 / Ría de Ortigueira: 4 lontras (Lutra lutra) 2 Mergus serrator:F./xuv. 77 ex. de Anas clypeata fronte ó porto de Ortigueira. 1 ex. Alca torda. 1. ex. Tringa erythropus. 3 ex. Larus canus (2 ad. e 1 1º inv.) 1 F.de Accipiter gentilis ad. comendo un Egretta garzetta. 10 ex. Podiceps nigricollis 1 ex de Podiceps cristatus 7 garcetas grandes (Ardea alba)19 cullereiros (Platalea leucorodia) José Miguel Alonso

28-01-2013 / Ría de Ortigueira: 20 cullereiros (Platalea leucorodia) dous deles anelados e coñecidos da zona.1 ex. de gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) Antonio Gutierrez Máis inf. no seu blog gaviotas y anillas
28-01-2013 / Ría de Ortigueira:1 mobella grande (Gavia immer) continua o ex.de Podiceps cristatus (Antonio Martínez)
28-01-2013 / Praia de Cariño: continua a gaivota cáspica que anda a invernar pola zona (Cariño-Cedeira-Pantín) Antonio Gutierrez. Máis inf. no seu blog gaviotas y anillas
29-01-2013 / porto de Cariño: 1 ex. de gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) 1 ex 1ºinverno de gaivota cana (Larus canus) Ricardo Hevia.
29-01-2013 / porto de Cariño: 1 ex de gaivota cáspica anelada na colonia mixta de Kozielno, POLONIA e un araxo (Uria aalge) orillado cunha anela metálica ( BRIT. MUSEUM LONDON S.W.7) Ricardo Hevia
30-01-2013 / Praia de Cariño: regresou a gaivota cáspica que anda a invernar pola zona (Cariño-Cedeira-Pantín) onte estaba en Cedeira. (Ricardo Hevia)
30-01-2013 / Ría do Baqueiro: praia de Montefurado, un 1º inverno de gaivoto (L.marinus) anelado en Francia (Antonio Martínez)

31-01-2013 / Praia de Cariño: 2 ex. 1ºinverno de gaivoa cana (Larus canus) Ricardo Hevia & Antonio Martínez)
31-01-2013 / Ría do Barqueiro: 1 ex. de carrao común (Sterna hirundo) en plumaxe nupcial pescando polo porto do Vicedo. anelado co metal ( BRIT. MUSEUM LONDON S.W.7) Antonio Martínez

Outras notas:
-Ó longo deste mes foron florecendo polos campos da comarca os cáncaros (Primula vulgaris) e as violetas (Viola riviviana)
-As estreliñas do norte (Regulus regulus) continuan por Esteiro e parece que están completando a invernada no pinar, son un total de 6 ex. dentro dun grupiño de páridos.
-dende finais deste mes xa se está a notar un aumento de gaicotas escuras (L. fuscus) polas praias da comarca.

Moitas gracias a todos por me mandar ou deixarme coller as vosas citas e fotos da comarca.