RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

domingo, 9 de outubro de 2011

CHUCHASAIVAS

De forma xeral decimos que as prantas son seres fotoautótrofos, absorben a materia inorgánica do solo (auga e sales minerales) que logo as follas mediante o proceso da fotosíntese son capaces de transformar a materia en orgánica (glúcidos, aminoácidos, ácidos grasos, etc).
Pero coma sempre, existen excepcións, e algunhas plantas adaptáronse de tal maneira  que son capaces de vivir evitando realizar total ou parcialmente este proceso, estas son as plantas parásitas.
As plantas parásitas teñen unhas raíces modificadas chamadas haustorios, que penetran na planta anfitrión conectándose co seu xilema, co floema ou con ambos, e extraendo por medio destos as súas sustancias.
Estas plantas pódense clasificar de dúas maneiras, hemiparásitas ou holoparásitas.
As primeiras poden realizar a fotosíntese, pero no canto de absorver a auga e as sales minerais do solo roubanlla (conectándose ó xilema) a outras plantas.
As segundas en cambio, nen sequera neso se molestan, e rouban directamente a saiva elaborada das prantas (conectando co floema), polo que perderon a facultade de realizar a fotosíntese, carecendo da clorofila e da cor verde que esta proporciona, tamén as follas quedan reducidas a diminutas escamas.

Estas son algunhas das que podemos atopar na nosa comarca.

HEMIPARÁSITAS:

Parentucellia viscosa.

Parentucellia viscosa. (praia de Esteiro)

Parentucellia viscosa. (praia de Esteiro)

Planta anual e moi pegañenta, que aparece nas partes baixas de Galicia, moi frecuente nas zonas de dunas fixas, florece de marzo a xunio.

Euphrasia minima.

Euphrasia minima. (Serra da Capelada).

Euphrasia minima. (Serra da Capelada).
Euphrasia minima. (Serra da Capelada).
Planta anual que aparece en prados de zonas altas. Ten unha altura inferior os 20 cm e florece entre Xunio e Agosto podendo ser as flores de brancas, amarelas ou púrpuras.

Melampyrum pratense

Melampyrum pratense. (río Sor)
Melampyrum pratense. (río Sor)

Melampyrum pratense. (río Sor)
Esta pranta anual medra na semisombra, especialmente en montes de coníferas e fragas podendo parasitar diversos arbustos, é moi abundante nas fragas do Sor florecendo entre maio e xulio.

Bartsia trixago.

Bartsia trixago.

Bartsia trixago.

Bartsia trixago.(detalle da Flor).
Pranta anual ou vivaz, que aparece nas dunas fixas e nas calias do sureste Ourensán, é abondosa en Ortigueira, na praia de Morouzos, sen embargo non atopei ningún exemplar nas praias do concello de Mañón.

Rhinanthus minor
Campo totalmente colonizado por Rhinanthus minor
Rhinanthus minor.

Detalle da flor de Rhinanthus minor
Pranta anual que aparece en zonas de pastos con certa humidade, e a que se lle atribúe a decadencia de moitos destes polo que parece non ter moita fama entre os gandeiros.
Aínda que Xose Ramón García na súa "Guía das plantas de Galicia"  sitúa esta especie nas provincias de Lugo e Ourense, dende logo é pranta moi frecuente polos pastos das zonas altas do concello de Mañón.

Pedicularis sylvatica.
Pedicularis sylvatica.

Pedicularis sylvatica.

Detalle da flor de Pedicularis sylvatica.
Pranta bianual ou vivaz, moi abondosa nas brañas e turbeiras de toda a comarca.

HOLOPARÁSITAS:
Orobanche rapum-genistae

Orobanche rapum-genistae emerxendo do chán.

Orobanche rapum-genistae.

Orobanche rapum-genistae comenzando a secar.

Pranta vivaz que pode acadar os 80 cm, parasita distintas especies de leguminosas en especial as xestas (Cytisus). Florece entre abril e agosto.

Orobanche minor

Orobanche minor

Orobanche minor. (detalle da flor)

Orobanche minor.

Pranta anual ou vivaz que soe medrar ata os 30cm ( acasionalmente ata 70 cm), como a especie anterior parasita leguminosas, pero esta ten preferencia polo trébol (Trifolium). Florece entre abril e xuño.

Orobanche foetida

Orobanche foetida (cantís de Esteiro).

Orobanche foetida (cantís de Esteiro).
Especie que acada os 70 cm de altura e que parasita as leguminosas. Florece dende marzo ata agosto. É unha especie que soe aperecer no interior de Galicia, polo que a localización deste exemplar non debe ser moi común.

Orobanche hederae.

Orobanche hederae. (Morouzos)

Orobanche hederae. (Morouzos)

Orobanche hederae. (Morouzos)

Orobanche hederae. (Morouzos)
Os talos desta especie acadan os 35cm e parasita hedras (Hedera). É sen ningunha dúbida o orobanche máis escaso de Galicia contando con moi poucas citas. Estos das fotos son os únicos que eu vin, aínda que moi localizados, sobrepasaban o cento de exemplares.


Cuscuta epithymum

Cuscuta epithymum comenzando a extenderse por un toxo.

Cuscuta epithymum en flor.

Cuscuta epithymum (detalle da flor)
Coñecida como barba de cuco ou de raposo, aparece por toda a comarca, parasitando sobre todo os toxos. As sementes desta especie poden estar ata 10 anos no chan sen xerminar, unha vez xerminadas, a plántula só ten unhos poucos días para atopar un anfitrión, do contrario esgotará as reservas da semente e morrerá. No caso de que atopase un toxo onde cravar os seus haustorios, a raíz orixinal desaparecerá, quedando a cuscuta pendurada do seu anfitrión medrando rapidamente e chegando a cubrir por completo o toxo. En maio ou agosto florece, e a finais do verán morre, deixando no chan unha gran cantidade de sementes, que xerminarán a primaveira seguinte, repetindo de novo o ciclo.

Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.

sexta-feira, 9 de setembro de 2011

SPHINGIDAE

Bueno, despois dunha tempada na que apenas fixen entradas xa lle tocaba. Estos meses como quen non quere a cousa, metinme un pouco no mundo dos lepidópteros (bolboretas), especialmente nos de voo nocturno (Heteróceros), ou sexa avelaiñas de toda a vida. Non sei, tal vez atraído pola tranquilidade da noite e a singularidade da fauna que a tales horas campea, chotacabras e morcegos atareados na captura de insectos, curuxas cazando e berrando, unha xineta que cruza, un teixudo fozando, e un importante etc de animais que se deixan ver con facilidade ó amparo da noite, pero moi difíciles de fotografiar polo que só queda estarse quieto e disfrutar da súa rutina. Non sei que pensarán os veciños o verme gabear por farolas ou tirarme no chan quitando fotos a altas horas da madrugada, pero bueno... como moito chamarán a garda civil0 non?

Quero agradecer ó grupo no Flikr de "bolboretas galegas" todo o traballo que levan feito na identificación de gran parte das bolboretas que teño fotografiado, especialmente nas abelaíñas, as cales vos poido asegurar que non é tarefa sinxela. Os datos recollidos neste grupo serán utilizados nun Atlas de distribución de lepidópteros galegos, moi importante para que todos poidamos saber das especies e a distribución deste grupo na nosa terra.

Para esta entrada elexín unha das familias de lepidópteros que máis me impresiona, os esfínxidos.
Reciben este nome a causa do comportamento que adoptan as eirugas o ser molestadas, erguendo cabeza e torax asemellandose a unha esfinxe. Polo xeral son bolboretas fortes e moi veloces, algunhas de gran tamaño e cun deseño incriblemente aerodiámico, o que lles permite facer longas migracións.
A maioría destas especies son de voo nocturno ou crepuscular, aínda que tamén as hai de costumes diurnas. Posúen unha escepcional espiritrompa, o que os fai unhos excelentes polinizadores, coa importante función ecolóxica que iso conleva.
Descoñezo cantas especies podemos atopar na bisbarra, pero polo momento estas son a que atopei o longo deste ano, todas elas fotografiadas no concello de Mañón.


Esta primeira é a esfinxe colibrí (Macroglossum stellatarum) de costumes diurnas e que recibe o seu nome da súa peculiar forma de libar o néctar das flores, manténdose parada no aire coma se dun colibrí se tratase, batendo as ás  85 veces por segundo e podendo desprazarse a 60 km/h. É unha especie migratoria que soe desprazarse cara o norte chegando a alcanzar as zonas polares. É especie moi común na zona, que ten dúas xeracións por ano. Ten unha lonxitude de ata 45mm.
As plantas nutricias das eirugas son o callaleite (Galium verum) o  Galium mollugo e a rubia (Rubia peregrina).foto de eiruga da galería de fotonatura.


Outra especie que aperece pola bisbarra e a esfinxe abellón de orla ancha (Hemaris fuciformis),
voa como a especie anterior durante o día alimentándose do mesmo xeito, gustando de montes abertos e lindeiros de monte. A planta nutricia pola que ten gran preferencia é a madreselva (Lonicera periclymenum). É unha especie moito menos común na zona que a anterior, e soe ter só unha xeración por ano. Ten unha lonxitude máxima de 35mm.foto da eiruga en wikipedia



Pasando xa as de hábitos nocturnos, atopamos verdadeiros xigantes  que causan certa impresión cando pasan cerca voando, un destos xigantes, é a esfinxe do aligustre (Sphinx ligustri).


Esta especie que pode acadar os 120mm de lonxitude. Está ampliamente distribuída pola península, e ten unha soa xeración por ano. Ten como prantas nutricias diversas especies de árbores e arbustos como poden ser o aligustre (Ligustrum vulgare) o freixo (Fraxinus excelsior) e o bieiteiro (Sambucus nigra)Aquí a eiruga en learnaboutbutterflies.com


Outra especie nocturna de gran tamaño e a esfinxe da correhuela (Agrius convolvuli)  de ata 110 mm de lonxitude e que está distribuida polo Sur de Europa e África dende donde migra cara o Norte. Habita nos campos onde medra a pranta da cal se alimenta, distintas especies correhuela (Convulvulus sp.)A eiruga en naturamediterraneo.com



Desta outra especie so puiden fotografiar a eiruga, o imago parece que de momento resístese a aparecer. Trátase da esfinxe das leiterenas (Hyles euphorbiae)acó a foto da bolboreta na wikipedia


Aparece en campos de cultivos, baldíos e costas, ten por pranta nutricia distintas especies de leiterenas (Euphorbia sp). Antano especie fácil de atopar, en especial as súas eirugas nas leiterenas da praia (Euphorbia paralias), na actualidade é unha especie que está a desaparecer de moitos lugares ata o punto de verse só como visitante en moitos puntos de Europa. Dende logo a abundancia de eirugas nos areais non é a de antano. Esta especie pode acadar os 80mm de lonxitude.



O penúltimo dos meus rexistros fotográficos é para un dos esfinxidos que máis me sorprendeu pola súa rechamante cor, que destaca moi fortemente sobre os fondos escuros do axexo, durante o cal se move. trátase da esfinxe maior de vide (Deilephila elpenor)


Na imaxe superior queda ben claro o deseño aerodinámico destas abelaiñas.
Ten unha envergadura de entre 45 e 60 mm, que soe ter unha soa xeración o ano, aliméntase de gran diversidade de prantas entre as que se atopan o galio ou callaleite (Galium sp), a vide (Vitis vinífera), adelfilla (Epilobium sp), etc.

Acó a sua curiosa eiruga.


 Xa para finalizar a entrada, falar do que tal vez sexa o esfínxido que máis lendas e supersticións ten o seu redor. Trátase da esfinxe da morte ou esfinxe calavera (Acherontia atropos) a  natureza quixo dotar a esta especie, ademáis dun corpo negro e amarelento, dun debuxo similar a unha calavera humana no seu tórax, o que a condeou a estar sempre ligada a malos augurios na literatura popular, e así quedou reflexado no seu nome científico, Átropos (Ἄτροπος) na mitoloxía grega, era a maior das tres Moiras, ela era que remataba coa vida de cada mortal, cortando o fío da vida coas súas terribles tixeiras. Tamén se popularizou por aparecer na película "El silencio de los corderos" e no corto "un perro andaluz"




Esta avelaíña pode acadar a impoñente embergadura de 130mm. Vive en África dende donde migra cada ano cara o Norte, ós lugares propicios para relizar unha xeración estiva. Parece que nalgúns puntos de España pode sobrevivir na crisálida ó inverno, emerxendo o imago na primaveira seguinte.
Á súa eiruga é polífaga aínda que ten preferencia polas solanáceas en especial, polas patacas.
Premendo acó a súa eiruga.


A esfinxe calavera e capaz de emitir un curioso "chillido" cando é molestada, tamén perece sentirse atraída polo aroma da mel, chegando a entrar nas colmeas, aínda que isto, en ocasións ten consecuencias fatales para ela.


Fai anos era común atopar a eiruga ou a crisálida cando se apañaban as patacas, e recibían, polo menos na miña casa o nome de alacrás, por desgracia matábanse co raño porque comían as patacas.


Nin que decir ten que as especies anteriormente citadas están a disminuir, algunhas de forma drástica, entre outras cousas pola aparición de pesticidas e plaguicidas, algúns considerados ecolóxicos, como pode ser o Bacillus thuringiensis. Ó meu parecer plaguicidas e ecolóxico son dúas palabras que nunca poden ir xuntas, a única maneira de evitar unha praga é mantendo un bó equilibrio ecolóxico e renunciando ós monocultivos. Uns poucos anos sen botar trapalladas a horta, e apareceran infinidade de depredadores dispostos a controlar esas pragas.

Aquí remato esta entrada, sen moito máis que engadir, despídome polo momento un saúdo e moitas gracias por me ler.

quarta-feira, 20 de julho de 2011

ACORAZADOS

Os coleópteros forman o grupo máis amplio de toda a natureza (375.000 especies), caracterízanse por seren insectos mastigadores e por ter dous pares de ás, unhas denominadas élitros que están endurecidas para protexer o segundo par, membranoso e plegado que utilizan para voar. Presentan metamorfosis completas con larvas compodeiformes (aplanadas) ou con forma de eiruga.
Na nosa comarca podemos atopar unha grande cantidade de coleópteros pertencentes a diversas familias, pero se un ten que ser o rei, sen dúbida, será o escornabois (Lucanus cervus)

Lucanus cervus

Pertence a familia Lucanidae, sendo o coleóptero máis grande de Europa. teñen un marcado dimorfismo sexual tendo os machos unhas impoñentes mandíbulas e un maior tamaño que as femias.
Dimorfismo sexual.

Estas poñen os ovos nos troncos de caducifolias en descomposición en especial de carballos, estes eclosionan nun par de semanas, penetrando as larvas no tronco, donde se alimentarán con gran voracidade os seguintes 5 anos, podendo alcanzar os 10 cm de longo. Pasado este tempo constrúe unha cámara ó final dunha das galerías, donde se producirá a metamorfose, esto pensase que sucede no outono, hibernando entón na propia cámara, para emerxer como adulto na primaveira-verán do ano seguinte.
A súa existencia como adulto é curta non pasando do mes de vida, tempo que ocupa en intentar aparearse e alimentarse de saiva e do zume de frutas en descomposición.

Desencontros entre machos.



Detalle das mandíbulas do macho.
Nin que decir ten que esta especie está en grave recesión en toda Europa sendo xa unha rareza en moitos puntos. As causas, o de sempre, perda de hábitat (sobran as palabras), a caza para coleccionistas particulares e os pesticidas. Na nosa bisbarra eu so poido aportar datos do concello de Mañón donde no que vai de ano puiden observar un total  de 43 exemplares dos cales só 13 eran femias (sen descartar que algún fose contado en máis dunha acasión). Este ano tiven a sorte de poder obsevar dúas cópulas, unha que non superou os 30 minutos e outra de máis de dúas horas.
A pesar de atopar varios machos enfrentados non observei ningunha pelexa como tal, parecendo tan só accións de carácter intimidatorio, aínda que tamén se poden enfrentar coas súas mandíbulas ata que un perde o equilibrio caéndo dunha rama ou quedando revirado.
O escornabois é unha especie "protexida", estando incluída no anexo II da directiva hábitats, no II do convenio de Berna e como especie de interés especial en España.
Cópula.

Outro acorazado que podemos atopar pola nosa terra é o escarabello mimotauro ou cornudo das bostas (Typhaeus typhoeus)
Macho de Typhaeus typhoeus

Pertence a familia Geotrupidae.
Neste caso tamén o dimorfismo sexual é importante, tendo o macho unhas características protuberancias en forma de cornos moito maiores que as femias.
Viven en zonas arboladas e aliméntanse de excrementos especialmente de coello, ovellas e corzos.
Escarban grandes madrigueiras ó pé dos escrementos nas que depositan os seus ovos, en torno a 12, tan só un por galería, deixando unha pequena cantidade de escrementos ó alcance da larva, logo tapan a entrada e os adultos morren. A diferencia da maioría dos coleópteros galegos estes entran en actividade no inverno pasando un periodo de estivación no que permanecen no interior da madrigueira aletargados.
Non sei da abundancia destos escarabellos na nosa comarca posto que só puiden observar un par deles na miña vida.


Longuicornio negro e dourado (Leptura aurulenta)

Leptura aurulenta (femia)

Especie que pertence a familia cerambycidae.
Ten un dimorfismo sexual importante, neste caso as femias son visiblemente maiores e con antenas douradas mentres que o macho é menor e de antenas negras. Ó igual que o escornabois pon os ovos sobre a madeira morta das caducifolias, as larvas xilófagas aliméntanse da madeira morta durante tres anos para logo facer a metamorfose nunha cámara e emerxer no verán como adultos.

Soe frecuentar flores aínda que é máis habitual atopalo en paos e tocóns.


Xa para rematar esta entrada nomear outro Cerambycido, o Prionus coriarius xa mencionado neste blog e que estas semanas tiven a sorte de atopar en dúas ocasións, ambas á media noite e revoloteando cerca das farolas.



Sen moito mái que engadir despídome polo momento, moitas gracias a todos por me ler.