RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

segunda-feira, 23 de abril de 2012

PAXARADA POLA RÍA DO BARQUEIRO (2011-2012)



Pois por acó andamos de novo, nesta ocasión dándolle unha volta á Ría do Barqueiro, á que aínda nunca lle adicara unha entrada.

A pesares de que pra moita xente esta é unha das rías máis fermosas de toda Galicia, parece que a tal hora non é unha ría moi apetecible para as aves na súa invernada. Non sei se é debido á falta de comida, hábitats axeitados, pouco abrigo ós ventos do norte e nordés, ou simplemente que os páxaros saben que voando un chisco máis están na ría de Ortigueira... esta si que lles cadra, nin idea, pero o certo é que preguntando á xente maior, sempre me comentan que antano había grandes bandadas de mazaricos, agullas, espátulas, garzas, parrulos...
Do que non hai dúbida é que a ría foise modificando moito co paso dos anos, uns vótanlle a culpa a creación da ponte nova outros a creación do porto do vicedo e outros simplemente a un proceso natural, o caso é que os cambios son importantes; a praia de Area Longa  tragouse moitos metros de costa, o taro das navallas, esa gran lingua de area que aparece na ría na baixamar incrementou moi notablemente a súa altura, o que parece que puido finiquitar un dos máis importantes bancos de coquina da nosa terra, e o canal polo que antano subían importantes lanchós cargar madeira e barro, agora carece de calado pra unha pequena lancha.
Tal vez algún de estos cambios propiciaran a merma de moitas especies invernantes na ría, pero en realidade non teño nin idea.
A pesares de todo isto, a ría foi acollendo sempre con números discretos,  algúnha que outra especie ó longo do inverno, ás que lles quería dar un repasiño nesta entrada.
Algunhas especies non as dín retratado dentro da ría, polo que recurrín a fotos que teño quitadas noutros lugares para ilustrar a entrada.
Antes do inverno, aló polo 15 de Xunio recibimos a breve visita de catro cisnes comúns (Cygnus olor), escapados dalgún parque e que días antes andiveran pola ría de Viveiro. Durante o día andiveron pola praia da Arnela e o caer a noite quedaban tumbados na area do taro, frete o muelle do Barqueiro.
(porto do Barqueiro)

Unha aguia pescadora (Pandion haliaetus) que observei por primeira vez o 25 de Outubro e que estivo pola ría polo menos ata o día 10 de Novembro.
Umha gozada ver pescar este animal... 
                                                                                                                                                                                                       (punta de preguntoiro, San Fiz)
Tres mazaricos trinadores (Numenius phaeopus) pasaron o inverno entre o porto do Barqueiro e o do Vicedo. Espalladas ó longo do inverno algunha que outra observación de 2,4,2 e 5 exemplares, en todas as ocasións á altura do muelle de San Fiz pero na ribeira oposta.
(Praia do porto de Vicedo)
(Porto do Barqueiro)
Os que sí se soen ver, son os biluricos das pedras (Actitis hypoleucos), fáciles de atopar por calquer punto da ría.
(porto do Barqueiro)
As garzas reais (Ardea cinerea) están espalladas entre o porto do Barqueiro ata as Ribeiras do Sor, teño contado un Máximo de 12 exemplares.
(foto da ría de Ortigueira)
En canto as garzotas (Egretta garzetta non soe haber moitas, só unha parece ser estable movéndose cerca das pontes do Barqueiro, en moitas ocasión nin unha en toda a ría.
(foto da ría de Ortigueira)
Aínda que só fugazmente tibemos oito garcetas grandes (Ardea alba) sobrevoando a ría.

Patas,  se lles chama por acó ós corvos mariños tanto o grande como o cristado.
 O corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) é habitual pola ría nun número que soe andar entre os 15 e os 25 exemplares


O cristado (Phalacrocorax aristotelis) como é normal non se soe adentrar moito na ría pero nalgunha ocasión acércase algún ata o muelle do Barqueiro, dúas veces o vin este ano polo porto.


Tamén polos robles das beiras da ría a altura de San Fiz puiden ver (e case pisar) algunha becada (Scolopax rusticola) dous exemplares o 24 de febreiro e un exemplar o día 1 de Marzo. 
Destas non teño rexistro fotográfico, sonche moi finas escondéndose.

Catro pentumeiros comúns (Melanitta nigra) pasaron o inverno no muelle e praia do porto do Vicedo.
Aínda que seis foron os que andaban ó principio, parece que o temporal aquel do 14-15 de decembro amedrentou a dous deles.
Os días 21-22-23 de Febreiro xuntaronse sete negrós. 
O 11 de Marzo foi o último día que os vin e eran 5 os que ficaban pola ría, supoño que subirían xa cara as súa zona de cría alá polo norte de Europa e Asia e máis por Alasca.
(porto do Vicedo)
Os mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis) foron aparecendo de vez en cando sempre pola praia do porto do Vicedo:
un exemplar o 7 de Xaneiro, catro  do 10 o 15 de Xaneiro e dous o 23 de Febreiro.
(fotos do porto de Viveiro)
Tamén apareceu unha mobella grande (Gavia immer) o día 22 de febreiro, frente a torreta do Barqueiro a única que puiden observar en todo o inverno na ría.
(As fotos pertencen a un exemplar que andaba polo porto de Cedeira)

Unha especie que si está ben representada na ría é o picapeixe común  (Alcedo atthis), presente polo menos dende a torreta ata as Ribeiras do Sor e moi doados de ollar revisando as perchas nas que adoitan pescar, tamén fácil de escoitar o seu particular canto cando saen voando.
(ponte vella do Barqueiro) 
Se de limícolas anda escasa a ría de parrulos non anda moito mellor e só un grupo de azulós   (Anas platyrhynchos)  pasou o inverno entre o porto de San Fiz e a illa de San Martiño, 52 é o número máis elevado que contei e ningún día menos de 45. 
Algún exemplar soe quedar a críar na zona, e a tal hora solense ver 7-8 exemplares
Varios araxos como lles chamamos polo Barqueiro ós aros (Uria aalge) e as alcas (Alca torda) apareceron espallados por toda a ría o longo do inverno.
alcas (no porto do Barqueiro)
aros ( no porto do Vicedo)
(porto de Burela)
Andivo un charrán patinegro (Thalasseus sandvicensis) todo o inverno pola ría, uns días polo porto do Vicedo e outros pousado nas boias da praia de Bares a tal hora xa son 7 ou 8 os que se poden ver pola ría.
(porto do Vicedo)

Algún que outro mascato (Morus bassanus) pescando pola ría.
(Porto do Barqueiro)
Entre as gaivotas patiamarelas e as sombrías, soen andar algunhas gaivotas choronas chroicocephalus ridibundus, en torno a sete  polo Barqueiro e cinco polo Vicedo.
(Porto do Barqueiro)
A primeiros de ano tamén andaban pola ría un bon número de impoñentes e poderosos gaviotóns comúns (Larus marinus) 17 entre o taro das navallas e o porto do Vicedo. A tal hora moitos xa marcharon rumbo o norte, entre 3-4 exemplares son os que se soen ver agora pola ría.
(Taro das navallas)
O día de fin de ano apareceu polo taro das navallas un gaivoto anelado, algo pouco frecuente, foi marcado como polo o 24-06.2011 en ørndalen, Trømso, no Norte de Noruega por Nils Lorentzeno. 
Máis información sobre estos Gaviotos anelados no blog de Antonio Gutierrez gaviotas y anillas
                                                                                                                                                                                              (Taro das navallas)

O día 6 de Xaneiro Ricardo Hevia atopaba polo muelle do Vicedo unha gaivota cáspica  (Larus cachinnans) desta especie non hai ficha na quía da SEO/birdlife que sempre enlazo, xa que non hai moito que está considerada como especie propia, é típica do Este de Europa e Asia central, recentemente parece estarse a extender cara o Oeste aparecendo como visitante moi regular nas costas do Báltico e do Norte de Europa 
                                                                                                                                                            foto de Ricardo no porto do Vicedo(Digiscoping)
  O mesmo día observou unha gaivota hiperbórea (Larus hyperboreus)
foto de Ricardo no porto do Vicedo(Digiscoping)

Esta última, trala observación, voou cara fora da ría, pero a cáspica continuou entre o porto de Vicedo e a praia de Bares ata o 2 de Febreiro, que foi a última vez que a observei.
(porto do Vicedo)

O día 27 de Xaneiro aparecía pola praia de Esteiro (O Barqueiro) unha gaivota hiperbórea, o día seguinte Toño Salazar relocalizouna no porto do Vicedo, ficou na ría compartindo coa cáspica o porto do Vicedo e a praia de Bares polo menos ata o 2 deFebreiro, o último día que observei tanto a cáspica como a hiperbórea.
(praia de Esteiro)
(29 de Xaneiro, Praia de Bares)
(2 de Fabreiro, Praia do porto do Vicedo)
Acó, cáspica e hiper pousando xuntas no antigo varadeiro do Vicedo, foi o último día que as vin.

O día 9 de Marzo os fortes ventos do nordés propiciaron que un importante número de gaivotas sombrías (Larus fuscus) que estaban en plena migración cara o norte, recalaran nos nosos areais, nun deses areais, o taro das navallas, apareceu mesturado xunto con estas gaivotas un fermoso exemplar de segundo inverno de gaivota polar (L. glaucoides) 

E xá para rematar coa paxarada que arrimou pola ría, ou polo menos da que eu tiven noticia, tres píldoras douradas (Pluvialis apricaria) que tamén na súa migración cara as zonas de cría polas tundras árticas de Islandia, o norte de Escandinavia e Siberia, recalaron no taro das navallas para descansar e coller folgos, faiseme curioso atopar un día grandes bandos desta especie comendo polas campas do Xistral a 1000 metros de altitude e outro día atopar exemplares descansando na praia.
(taro das navallas)

Pois nada, seguramente moito máis andou ou anda pola ría, pero isto é todo o que puiden ver ou do que tiven noticia, un saúdo para todos e moitas gracias por me ler.

pd: Agradecerlle a Ricardo Hevia que me prestase as fotos, e as molestias que se toma para que aprenda algo nesto dos páxaros, mil gracias.