RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

quinta-feira, 14 de junho de 2012

Prunellidae/Aegithalidae/Certhiidae/Troglodytidae

Sigo con algunhas das familias de páxaros da comarca

Familia Prunellidae
Azulenta común (Prunella modularis)
Azulenta alpina (Prunella collaris)
Só presente como invernante na Serra da Capelada e Cabo Ortegal.
Familia Aegithalidae
Ferririño rabilongo (Aegithalos caudatus)

Familia Certhiidae
Gabeador común (Certhia brachydactyla)
Familia Troglodytidae
Carrizo (Troglodytes troglodytes)


domingo, 10 de junho de 2012

Familia Lasiocampidae

De momento sigo sen tempo, pero en canto poida prometo seguir dando a lata coas miñas insufribles entradas. 
Mentres tanto, sigo a meter especies para o arquivo das avelaíñas da comarca.

Subfamilia Lasiocampinae
Genus Lasiocampa
Lasiocampa quercus.


Lasiocampa trifolii. 



Genus Macrothylacia
Macrothylacia rubi.





quinta-feira, 7 de junho de 2012

Colabora con Biodiversidade Galega



Despois de meses de preparación sae o blog http://biodiversidadegalega.blogspot.com.es/ unha voz que pretende unir ao mundo naturalista en Galicia a partir da súa biodiversidade, unha ferramenta na rede capaz de artellar unha mancomunidade de afeccionados e expertos nas diferentes especies que habitan o territorio galego, para coñecela, difundila e protexela. É un primeiro paso onde todos os entusiastas da natureza e da biodiversidade podan ir dando a coñecer as noticias, imaxes, estudos, denuncias, sobre o estado actual da biodiversidade galega. Pero esperamos non quedarnos aquí. Este só será un pequeno paso como preludio dun grande portal galego da biodiversidade.
É por iso que necesitamos da túa axuda. Da axuda de todos. Por que queremos crear un portal onde centralizar toda a información biolóxica existente, recollendo noticias doutros blogs e medios de comunicación, realizando artigos descritivos e fichas de identificación, propoñendo traballos de campo e actividades, promovendo colaboracións e artellando unha base de dados á que calquera puidese ter acceso para os seus estudos. Son necesarias persoas expertas nos distintos apartados que abrangue a biodiversidade, persoas que dominen aspectos informáticos, lingüísticos, legais así como entusiastas da natureza para o mantemento xeral do proxecto.
Necesitamos biólogos expertos nos distintos grupos animais e vexetais. Necesitamos naturalistas para facer saídas ao campo, artigos, fichas de identificación, deseños, fotografías, vídeos. Necesitamos persoas con coñecementos informáticos para levar un servidor e un portal web. Necesitamos blogueiros, deseñadores, fotógrafos e toda persoa que queira colaborar connosco neste grande proxecto.
Grande ou pequena toda colaboracióné precisa, biodiversidade.galega@gmail.com