RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

domingo, 15 de julho de 2012

Familia Lycaenidae

Subfamilia Lycaeninae
Tribu Lycaenini
Genus Lycaena
Lycaena tityrus
Lycaena phlaeas
Tribu Eumaeini
Genus Satyrium
Satyrium spini
Tribu Polyommatini
Genus Polyommatus
Subgenus Polyommatus
Polyommatus icarus
Genus Cacyreus
Cacyreus marshalli (especie foránea procedente de Sudáfrica)
Genus Celastrina
Celastrina argiolus
Genus Cupido
Cupido argiades
Genus Lampides
Lampides boeticus
Genus Leptotes
Leptotes pirithous
Tribu Theclini
Genus Thecla
Thecla betulae





 

segunda-feira, 9 de julho de 2012

Ghrallas dos cantís


É esta unha entrada pendente, prometida fai tempo a dous inquilinos dos nosos cantís. 
Este inverno, durante o paso migratorio das gaivotas escuras (Larus fuscus) cara o norte acerqueime día si e día tamén ás praias de Esteiro e Bares (Mañón) pra ler as anelas que algunhas gaivotas levan nas patas, e con elas unha interesante información sobre o seu lugar de procedencia, os seus movementos ao longo do ano etc, pero este é tema para outra entrada.
O asunto é que todos e cada un dos días ao chegar a plaia de Bares aparecían os dous protagonistas da entrada, unhos estridentes "kiarrr kiarrr" ao lonxe anunciaban a súa chegada e ao pouco xa estaban pousadas a carón.
Fermosas e elegantes cos seus peteiros encarnados, despreocupadas ante a presenza do tolo con telescopio que cada día atopaban mirando gaivotas, aínda as veces dende o chan pegaban un berro reclamando a atención, que sen dúbida merecían, e que finalmente conseguiron. 
Un par de Choias (Pyrrhocorax pyrrhocorax) Ghrallas, por esta zona, como me dí o Cobelo que lles chamaban cando dende o exterior da ría aparecían por ducias en grandes bandos e se pousaban nos campeiros recén rozados de San Fiz na procura de miñocas, saltós e outros bichos que soen centrar a súa dieta.


Por desgraza eses foron outros tempos e desos grandes bandos xa pouco queda, mermadas enormemente na nosa comarca, seguramente pola falta de habitats axeitados para se alimentar. 
A tal hora só anda un exemplar solitario polos cantís de Esteiro.
E estas dúas que frecuentan a praia de Bares.
Sempre din a estas dúas compañeiras por parella, pero visto que en 7-8 anos que levo mirandoas (supoño que serán as mesmas) nunca vin aumentar a familia nin aumentar os exemplares pola zona, igual é hora de pensar que os dous exemplares pertencen ao mesmo sexo.
Ogallá me equivocase pero coido que a especie está destinada a desaparecer dos cantís da comarca non sendo pola poboación da Capelada que coido que aínda goza de certa saúde.
Queda logo esta estradiña adicada a estas dúas que tanta compaña me teñen feito, polo que lles collín cariño, estaría ben contento se este ano deran en aparecer con tres ou catro retoños aínda que pra elo tiveran que ir mocear ata a Capelada.
Sen moito máis que engadir depídome polo momento, un saúdo e gracias a todos por me ler.


NOTA! cando xa tiña rematada esta entrada para publicar, chegoume unha mensaxe do amigo Antonio Sandoval, fenomenal ornitólogo, xa case se pode decir que veciño de Bares polas horas que ten feitas na Estaca, no que me decía que acababa de ver 6 choias comendo tralo faro de Bares, sabía que me ía facer ilusión e non se trabucaba. Non as quixo molestar moito e non puido precisar se eran adultos, pero de todos xeitos é unha xenial noticia, se cadra o xermolo dun pequeno remonte da especie na zona, ogallá.
Mil gracias Toñete.



quinta-feira, 5 de julho de 2012

Superfamilia Pyraloidea

Familia Crambidae  
Subfamilia Pyraustinae
Genus Anania
Anania lancealis 
Anania verbascalis 
Genus Pyrausta
Pyrausta aurata 
Genus Uresiphita
Uresiphita gilvata
Subfamilia Spilomelinae
Genus Pleuroptya
Pleuroptya ruralis
Genus Udea
Udea ferrugalis 
Genus Mecyna
Mecyna asinalis
Genus Palpita
Palpita vitrealis
Genus Agrotera
Agrotera nemoralis
Genus Diasemiopsis 
Diasemiopsis ramburialis
Subfamilia Evergestinae
Genus Evergestis
Evergestis forficalis

Subfamilia Crambinae
Crambinae
Genus Metacrambus
Metacrambus cf. pallidellus
Familia Pyralidae
Subfamilia Pyralinae
Tribu Pyralini
Genus Synaphe 
Synaphe punctalis
Genus Hypsopygia
Hypsopygia costalis
Genus Pyralis
Pyralis farinalis

Tribu Endotrichini
Genus Endotricha
Endotricha flammealis

Subfamilia Phycitinae
Tribu Phycitini
Genus Oncocera
Oncocera semirubella
Subfamilia Galleriinae
Tribu Tirathabini
Genus Aphomia
Aphomia sociella