RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sexta-feira, 23 de novembro de 2012

Familia Threskiornithidae

Xénero Plegadis 
Mazarico negro (Plegadis falcinellus)
Unha cita do 8-12-2011 en Feás (Cariño)de Pablo Gutierrez.
Mazarico negro de Feás (Pablo gutierrez travellingbirds )
Xénro Platalea 
Cullereiro(Platalea leucorodia) 
Frecuente nos pasos migratorios e escasa como invernante na ría de Ortigueira. Antano parece que era anual na ría do Barqueiro, agora tan só de presencia anecdótica nos pasos migratorios.

Familia Orobanchaceae

Xénero Orobanche

Orobanche rapum-genistae
Frecuente pola comarca parasitando diversas leguminosas, principalmente xestas.
Orobanche minor
Abundante, principalmente parasitando trebo 
Orobanche foetida
Escasa na comarca, aparece parasitanto leguminosas.
Orobanche hederae
Moi escasa en canto a distribución, aínda que abundante alí donde aparece parasitando as hedras


Familia Droseraceae

Xénero Drosera 
Orballiña (Drosera rotundifolia)
Abondosa nas Brañas das serras da Faladoira e da Capelada.

Orballiña (Drosera intermedia)
Presente nas brañas da Faladoira e da Capelada aínda que menos abondosa que a especie anterior.