Andan as fragas do Sor a mostrar as súas riquezas, nestas semanas pasadas andiven a mirar como estaba a cousa de narcissus, unha das máis fermosas flores que podemos atopar, e que ó igual que o xoven protagonista do mito de Narciso do que toman o nome, engaiola coa súa beleza a todo aquel que o mira.
Polas zonas máis baixas xa fai que comenzaron a florecer os Narcissus triandrus subsp. triandrus.
Sen dúbida os máis abundantes pola zona, son un endemismo do cuadrante noroccidental da Península Ibérica e as illas Glénans, na Bretaña francesa.
Tamén aparececeron uns poucos pés de trompón ou amarelle (Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis)
Incluído no catálogo galego de especies ameazadas como vulnerable, agora coa nova revisión do xénero esta subespecie pasa a entrar na variabilidade cromática de Narcissus pseudonarcissus subsp. pseudonarcissus, polo que imaxino que a quitarán do catálogo.
En moitas saídas fora dos límites do concello atopo trompóns de forma moito máis habitual do que os atopo por acó, haberá que seguir mirando haber se aparece algunha boa poboación que non sexa de dubidosa pureza xenética.
Sen dúbida a maior alegría de tódalas xornadas foi atopar na fraga de maior altitude, lonxe da man recolectora da xente, o noso narciso máis escaso, o afrouxón (Narcissus asturiensis), agora unha subespecie do Narcissus minor polo que se denomina Narcissus minor L. subsp. asturiensis.
Aproveito para agradecerlle a Xermán García Romai (Autor da web www.naturezadixital.com) por poñerme ó tanto destes cambios taxonómicos que eu descoñecía.
O afrouxón está protexido, aparecendo na directiva Habitats como especie de interese comunitario, está catalogada como especie Vulnerable en Galicia, en Asturias e no País Vasco como especie de interese especial
A outra nun recuncho de fraga que atopei por primeira vez o verán pasado e que dende entón non deixou de darme moitas e agradables sorpresas, Sen dúbida un lugar cun importante valor ecolóxico onde os afrouxós nacen de forma continua ó longo dun pequeno regato, cunha poboación que supera o medio milleiro de exemplares salpicados aquí e aló, unha verdadeira gozada.
Esta especie soe aparecer en claros e prados de montaña e con menos frecuencia no interior das fragas como sucede neste caso, curiosamente nunca o vin nos prados das cotas altas do concello
Un saúdo e moitas gracias por me ler.
Moi interesante e didáctica a entrada, Toñito (e vaia fotazas, coma sempre) Xa temos algo máis en que fixarnos cando andemos polas fragas.
ResponderEliminarUnha aperta
Graciñas Xabi, sempre da gusto topar con elas nunha época na que polo xeral non anda moita cousa en flor.
ResponderEliminarUn saúdo Xabi.
Gracias por saber e ensinar. Marabilla este blog.
ResponderEliminarUnha aperta
Xisbe
Moitas gracias polas túas palabras Xosé, así da gusto ir publicando.
ResponderEliminarUnha aperta.