RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sexta-feira, 1 de junho de 2012

Familia Emberizidae

Con esta fermosa familia comezo coa lista dos páxaros da comarca, teño que agradecer a Ricardo Hevia a súa axuda para cofeccionar este arquivo, aportando os seus datos, citas e fotos.

Escribenta común (Emberiza cirlus)
Escribenta riscada (Emberiza cia)
Escribenta amarela (Emberiza citrinella)
 Varias citas  en  Mañón e Grañas do Sor, aínda que escaso, nidifica na serra da Capelada.
Escribenta das neves (Plectrophenax nivalis) 
Especie escasa pero anual na comarca en paso entre Outubro e Novembro.

Escribenta lapona (Calcarius lapponicus)
Varias citas na comarca en paso entre Outubro e Novembro, especie moito máis rara que a anteriór e moi pouco regular,  habendo anos nos que non se ve .
Trigueirón (Emberiza calandra)
Varias citas pola zona de San Adrián,  facía anos que non se citaba ata esta primaveira na que Ricardo Hevia puido ver varios exemplares nesta mesma zona. Esta especie debeu de ser máis común na comarca antes dos anos 70 a partir dos cales esta especie comenzou o seu declive, seguramente vencellado ó abandono do cultivo de cereal na zona.
Pinchar o nome para ver a foto da especie.
Escribenta hortelá (Emberiza hortulana) 
Citado unha soa vez en A Fornela (Cariño)
Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) 
Citado como especie invernante en Cariño e na ría de Ortigueira.

Escribenta de gmelin (Emberiza leucocephalos) 
Citado unha soa vez na praia de Cariño.

Gracias a Xabi polas súas aportacións no trigueirón e na escribenta das canaveiras.

7 comentários:

  1. Tremendas fotos¡

    Creo que es una gran idea pues presta mucho verlos todos así juntos

    Un saludo¡
    Pablo

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias, los escribanos son unos pájaros guapísimos, lástima no tener fotos de esas tres últimas especies.
    Un saludo Pablo!

    ResponderEliminar
  3. Pois a min paréceme que está moi ben, ti tamén quérelo ter todo.
    Bonita entrada. Parabéns

    ResponderEliminar
  4. Das fotos eu xa non digo nada, pois non podo máis que quedar coa boca aberta sempre que visito "Cousas do Norte". Si farei un par de comentarios sobre o texto.
    A Escribenta das canaveiras, eu case a poría coma invernante. Iso de "citado", a secas, semella máis propio da Lapona e cousas así, pero E.schoeniclus penso que debe ser invernante regular na ría (de feito chegou a criar, como ten dito José Miguel). E o de que o Trigueirón debeu ser "mais común na comarca"...eu non o teño tan claro. Penso que, máis ben, debe estar en expansión, a xulgar pola invasión de citas na comarca de Ferrolterra nos últimos anos. Curisosamente, na zona de Moeche, deixou de criar.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Boas Xabi,tes razón iso de "citado" a secas semella propio dun visitante puntual,este non é o caso desta especie que como dis debe de ser invernante regular.
    O do trigueirón é certo que non teño datos antigos desta especie, e facia ese comentario en base ó que me dín os maiores sobre a presencia desta especie pola zona de San Fiz e o Barqueiro, cando toda esta zona estaba sembrada.
    De feito sempre me dín que era moi abundante tanto esta especie como o paspallás e xa fai moitísimos anos que non escoitan nen a un nin ó outro.
    Agora mesmo modifico estes dous puntos.
    Valoro moi positivamente este tipo de comentarios que axudan a que coñezan mellor as tendencias e costumes das especies na comarca.
    Moi agradecido Xabi.

    ResponderEliminar
  6. Unha cousa, Toñito. Sobre o triguirón eu referíame máis ben ás últimas décadas (o noso tempo, vaia). Non dubido que tempo atrás o Trigueirón fose especie común.
    Ao fío disto, lembro dúas fotos que vin hai uns anos, e que me impactaran profundamente. As imaxes correspondían, unha á vila de Pontedeume, e outra á de Viveiro. Eran fotos moi antigas, en branco e negro (dos anos vinte ou así), e resultaban enormemente ilustrativas do aspecto que tiña o noso litoral. O que hoxe está cuberto por eucaliptal e monte baixo, aparecía naquelas fotos coma unha continuidade de prados, sebes de carballos e muros lindeiros. Vamos, "England" pura e dura. Non é de estranar que moitas aves asociadas ao cultivo de cereal tivesen unha boa presencia daquela. Fíxate que na zona de Ribadeo, onde aínda quedan amplas extensións cultivadas, o Trigueiro é común.

    Non obstante, penso que a partir dos anos sesenta-setenta, o Trigueirón debeu case desaparecer. Como dís quiezá naqueles tempos fose especie común.

    ResponderEliminar
  7. O que dís das fotos dame unha idea, heille pedir unhas fotos antigas desta zona a un compañeiro que son pa flipar...sen rastro de eucalypto. logo tentarei quitar unhas fotos actuais da mesma zona. non hai color.

    ResponderEliminar