RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

terça-feira, 17 de julho de 2012

FAMILIA IRIDACEAE

XÉNERO Limniris
Espadaña amarela Limniris pseudacorus, antes Iris pseudacorus.
Común en toda a comarca, en calquer lugar húmido, charcas, regatos, prados...
XÉNERO Chamaeiris
Espadaña fedorenta,Chamaeiris foetidissima, antes Iris foetidissima.
Frecuente aínda que non abondoso como a especie anterior, aparece principalmente nas zonas costeiras e solos areosos da comarca.
XÉNERO Xiphion 
Flor de San Xoán, Xiphion latifolium, antes Iris latifolia.
Na comarca só está presente nos cantís da Serra da Capelada.

XÉNERO Gladiolus
Gladiolus communis.
Aparece pola comarca sempre escaso e con pes dispersos.
XÉNERO Crocosmia ( INVASORA, PROCEDENTE DE SUDÁFRICA)
Crocosmia × crocosmiflora.
aparece moi espallada polas zonas húmidas da comarca.

Sem comentários:

Enviar um comentário