Nesta
entrada as focas son as protagonistas, posto que este inverno
puidemos disfrutar da presenza dun exemplar na ría do Barqueiro.
Nas nosas costas teñen aparecido cinco especies:
Nas nosas costas teñen aparecido cinco especies:
Foca
barbuda (Erignathus
barbatus)
Fonte: DiarioVasco.com. |
Foca
de capelo (Cystophora cristata)
Esta
última especie é a máis común e soe aparecer tódolos invernos
por Galicia, por norma xeral exemplares cuns poucos meses que se
afastan das súas colonias en movementos naturais de dispersión e ós
que os ventos e correntes do golfo impiden retornar, aparecendo na
nosa costa totalmente exhaustos e moi débiles, como o que este ano
chegou a Punta
Nariga (Malpica) e
que finalmente foi rehabilitado polo persoal do CEMMA-SGHN na UCI do
Museo de historia natural da SGHN, en Ferrol.
Nariga alimentándose na UCI |
Sen
embargo a protagonista desta entrada é unha femia adulta de foca
común, moito menos habitual nas nosas costas.
Foron
tres semanas as que o exemplar ficou na ría do Barqueiro, alternando
na baixamar longos descansos no taro das navallas (xusto frente ó
porto do Barqueiro) con periodos de pesca pola ría (entre o porto do
Barqueiro e San Fiz) na que parecía centrarse na captura de
crustáceos, comportamento que parece ser habitual na especie.
A
foca común está presente nas costas do norte e centro do continente
europeo, no sur de Groenlandia, en Islandia, e nas costas atlántica
e pacífica de Norteamérica, estímase unha poboación mundial de
300.000 individuos. É
unha especie que gusta dos hábitats típicos das nosas rías, augas
pouco profundas, marismas, esteiros e plaias, chegando incluso a
adentrarse nos ríos. Pódese
alimentar tanto de peixes e cefalópodos como de crustáceos que pode
engulir enteiros baixo a auga ou fora desta no caso de ter que partir
a súa presa.
Gregarias durante a muda, en primavera e outono e tamén durante a reprodución; solitarias no resto do ano no mar, cando recalan pasan o tempo durmindo, rascándose e vixiando os posibles depredadores. En outono e inverno poden pasar varias semanas na auga, alimentándose.
As principais ameazas da especie son a caza por parte dalgúns países, e as enfermedades, como a do moquillo que chegou a matar 20.000 exemplares nalgunha poboación e a do gripe que matou centos de exemplares en Nova Inglaterra.
O certo é que é un privilexo poder disfrutar dun exemplar adulto e aparentemente san desta especie por esta zona.
Durante as máis de
tres semanas que durou o seguimento deste exemplar tanto Juan Ignacio
e Yosy (CEMMA-SGHN) como meu irmán e máis eu, puidemos comprobar a
extraordinaria intelixencia coa que actúan estes animais; estos
exemplartes adultos están curtidos en mil batallas e coñecen moi
ben o ser humano, polo que que actúan en consecuencia coa máxima
prudencia.
Trais a apacible tranquilidade que este exemplar amosaba tirado ó sol e revolcándose na area escondiase unha vixiancia constante de todo canto acontecía o seu redor,
Trais a apacible tranquilidade que este exemplar amosaba tirado ó sol e revolcándose na area escondiase unha vixiancia constante de todo canto acontecía o seu redor,
de tal maneira que o
meu medo inicial de que puidera ser víctima dun trasmallo, dun golpe
cunha lancha, quedar presa dun cabo, etc. foi desparecendo conforme
pasaban os días e aprendía como actuaba.
Ante
calquer situación anormal buscaba refuxio rapidamente na auga, para
logo dun tempo sacar o fuciño e ollos fora desta e constatar que o
perigo pasara,
tan só entón retornaba a súa terapia solar no lombo
de area
Nunha
ocasión mentres descansaba no seu lugar habitual, deu en xuntarse un
grupiño de xente no muelle para mirala. Parece que este feito non
foi do seu agrado e con calma deixouse caer na auga e marchou
descansar a punta da barra donde sabía que naide a ía molestar,
pola contra noutras ocasións non recelaba en buscar cangrexos polo
interior do muelle ou pola Arnela donde sabía que a xente a ollaba.Chegou
tamén a adentrarse ría arriba ata o muelle de San Fiz seguramente
na procura de Cangrexas (Carcinus maenas)
Un
caso curioso era o das gaivotas patiamarelas que parecían non
entender que pintaba o animal ese polo seu territorio e non sabían
moi ben como actuar ante a súa presenza.
Moita
xente me ten preguntado por que tardaba tanto en facer unha entrada
sobre este animal, a resposta e sinxela, unha por que son un vago
para isto de redactar, e a outra, e máis importante, por precaución,
igual en exceso, pero nestos temas sempre é mellor pecar de cauto e
non o contrario.Ó
longo destos anos foron bastantes os mamíferos mariños que
apareceron polo Cantábrico e en moitos casos nos que o animal
alcanzou un certo nivel mediático a cousa non acabou ben.Por
ser sociables pensamos en focas e golfiños principalmente, como se
fosen mascotas, unha idea tamén reforzada pola cantidade de
mamíferos mariños que se ven nos acuarios facendo as gracias
para entreter a xente (todo un despropósito). Pero o certo é que
ante todo, estos, son animais salvaxes, co perigo que iso conleva
para nós e para o animal se non se gardan sempre as distancias
axeitadas, o simple e inocente feito de tentar alimentar un animal
deste tipo pode crearlle certa dependencia e a perda do respeto que a
focas e golfiños deben ter coa xente, para evitar posibles
conflictos. Temos
como exemplo o famoso Gaspar, ese arroaz que paseou pola nosa costa
totalmente deshinibido atraendo cantidade de espectadores os portos
que frecuentaba, pero en realidade os xogos dun animal de 4 m e 600
kg acarrean certos riscos.
Acó un video de gaspar xogando no porto do Vicedo.
Nalgunha ocasión ten deixado algunha
lancha sen goberno, ó arrimarse e empuxala en plena marcha ou
bloquear o timón nos seus xogos, feito polo que estos animais poden
chegar a ser vítimas de posibles represalias.
No
caso das focas non é moi distinto, temos polas nosas costas casos
dalgún exemplar que se deixaba facer fotos coa xente a carón dela, incluso tocándolle, unha terrible neglixencia se temos en conta o
tamaño e dentadura destos animais, temos por Asturias tamén o caso
dun exemplar que tras unha tempada pola costa e que por desgracia finalmente morreu de
forma violenta...
En
resumo, que se pode desfrutar da inusual visita destos exemplares,
pero sempre dende unha distancia prudencial e o máis importante
recordar que se trata dun animal salvaxe e que como tal se debe
tratar... respecto e prudencia.
Non
me quero despedir sen agradecer a xente do porto do Barqueiro por
teren avisado o CEMMA ante a aparición do animal, así como polo
respeto amosado as semanas posteriores nas que a foca se deixou ver
pola zona.Tamén lle teño que agradecer a Juan Ignacio e a Yosy a dedicación e o entusiasmo co que durante tantos anos levan afrontando o seu traballo atendendo os animais que aparecen nas nosas costas e aprendéndonos ós que menos sabemos, todo o necesario para afrontar a aparición destos fermosos visitantes ocasionais. Se cadra un día chegan para quedarse na nosa terra, como parece que fixeron antano.
Sen moito máis que engadir despídome polo momento, rematadas as vacacións de verán nas que por falta de tempo só actualizo a páxina do facebook, espero agora manter de novo actualizado o blog. Un saúdo e moitas gracias por me ler.
Estupenda entrada Antonio. E as fotos e videos son unha pasada.
ResponderEliminarUn saudo.
Moitas gracias Enrique. o certo é que o animal se prestaba, foi unha sorte poder disfrutalo. un saúdo.
ResponderEliminarQué buena entrada, tocayo!. El año pasado hubo una foca en la Cantabria oriental que finalmente murió porque un hijo de mil padres le pegó un tiro en un ojo, no sé si te referías a esa.
ResponderEliminarA Gaspar le vi yo en Burela, qué pasada de bicho!
Toño
Moitas gracias Toño,trátase da mesma, confundinme e púxena por Asturias. Queda claro a razón pola que tratamos con prudencia estas aparicións, por desgracia os precedentes obligannos, en fin...
ResponderEliminarO Gaspar si que era tremendo, normal que apareceran mil teorías sobre a súa orixe.
Pois nada Toño, unha aperta e graciñas por comentar.
Parabéns pola entrada e pola "documentación gráfica", tan estupenda coma sempre. Coma curiosidade cóntoche que no mes de Febreiro de hai uns anos (non lembro exactamente a data) un compañeiro de traballo comentárame que houbera unha pequena invasión de Lobos mariños na costa de Cedeira (aos pés da Capelada), con ducias de exemplares, polo menos (segundo as testemuñas). Polo que falara con Juan Ignacio daquela, e miarndo as circunstancias climáticas e da época, a historia tiña todos os boletos para ser certa.
ResponderEliminarUnha aperta e a seguir asi.
Moitas Gracias Xabi, si, contoume o caso ese J.Ignacio. a min pareceume factible, non é facil que as confundiran con outro animal, jeje... ainda que enganos máis raros se teñen dado, neste caso pola cantidade e a época...igual se poideran estar a preparar para a muda. DE ser certo a escena ten que ser brutal.
ResponderEliminarUnha aperta Xabi. e moitas gracias por comentar.
Estupenda la entrada si, aunque a mi me parece que la foca de marras (muy maja ella) está en Lugo...en O Vicedo..jajajjaja. Elige bien la señorita.
ResponderEliminarAbrazos Toñito, y te sigo, te sigo....
Alfonso
Que tal Alfonso!!
ResponderEliminarClaro que elige bien, por eso no paso la "linea" que separa las provincias, esta es cascarillera, ni se le ocurrió pasar para el lado de Lugo. ;)
Un abrazo tío.
Vaia Toñito, por fin vexo á foca...moito obrigado pola entrada...moi interesante e documentada...da "invasión" de focas por algún peirao da costá ártabra non tiña nen noticias nen oira falar...sempre da gusto aprender...ei mrar de facer as miñas pescudas por precisar datas e zona de repouso...apertiñas.
ResponderEliminarA mandare.
O final fixen a entrada, non era sen tempo. Pois nada pregunta que seguro que alguén che ten que dar algún dato, xa contarás.
ResponderEliminarUnha aperta Rafa.