RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

terça-feira, 13 de novembro de 2012

Familia Columbidae


Pombo (Columba palumbus)
Común en toda a comarca, abundante en Ortigueira e os seus redores.
Pomba (Columba oenas)
Tan só unha cita de Ricardo Hevia na Estaca de Bares, dous exemplares observados o 16-10-2008.
Rula turca (Streptopelia decaocto)
Común como especie estival aínda que algún exemplar soe quedarse todo o ano.
Rula común (Streptopelia turtur)
 Especie estival, moito menos abundante que a especie anterior, de feito apenas se ve nalgunhas zonas da comarca.


Sem comentários:

Enviar um comentário