RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

quinta-feira, 24 de janeiro de 2013

Escribentas das neves entre a serra e a praia

Antigamente esta fornida e fermosa escribenta formaba xeitosos grupos de varias ducias alá polas dunas de Baldaio ou Valdoviño, e ata chegou a xuntarse un grupo de máis de medio cento pola serra da Capelada a finais dos 90.
Dende facía anos esta especie propia das tundras e montañas árticas está a escasear como invernante polas costas galegas e cantábricas, certo é que nunca foi especie abundante por ter acó nas nosas costas o seu limite migratorio. É menos abondosa aínda no resto da península donde é toda unha rareza.
A tal hora a presenza de escribentas das neves en Valdaio é anecdótica, en Valdoviño fai 5 ou 6 anos que non se produce a invernada da especie, e na Capelada, sempre exemplares soltos ou algún pequeno grupiño.

Parece que este ano a tendencia mudou un chisco acó polo norte, e este, estase a consolidar como o mellor dos últimos anos. A Capelada parece que quere recuperar o esplendor de antano e anda a mostrar fachendosa fermosos bandos de varias ducias de exemplares,
ás veces rebuscando nas escasas sementes que aínda quedan pola serra.
Outras botando un grolo e disfrutando dun merecido e repoñedor baño.
Sobrevoando as raídas campas de serra
ou simplemente esponxándose baixo os agradables raios de sol.
No que vai de inverno xa sumamos un total de 80 exemplares pola Capelada, facia anos que non saian números tan fermosos.
Por outro lado temos a Valdoviño que tamén tenta recuperar un invernante tan distinguido como as escribentas das neves.
Primeiro Xabi Prieto e Pablo Gutiérrez observaron un grupo de 8 exemplares e logo Ricardo Hevia e máis eu un grupiño de 10 exemplares que finalmente se consolidou como invernante.
Cada vez que Ricardo e eu nos topamos con estes páxaros surxe unha conversa sobre a sensación de poderío físico que dá esta especie.
 Ademais de fermosas estas ecribentas sempre parecen estar en plena forma, sempre activas e vixiantes  pero sen deixar de buscar e comer sementes en ningún momento
E si un deles se despista coa emoción enaxenadora dunha asaborada semente, a súa compañeira autamaticamente fará as labores de vixia...
De todos xeitos a pesares de non ser moitos, sempre hai momentos para o descanso.
E aínda neses momentos, aproveitarán a ocasión se aparece algunha semente ben azosa.

Acó remato esta entrada,  máis fotográfica que instructiva certamente, pero coido que ilustre modelo o merece, e tan boa noticia tamén, esperemos que esta recuperación se consolide nos vindeiros anos e poidamos seguir a disfrutar das escribentas das neves acó, no límite sur da súa invernada, donde nin elas mesmas saben ben que elexir... si serra ou praia.



PD: obrigado Ricardo, polas fotos da Capelada as citas e as esplicaciós.


4 comentários:

  1. Una entrada sencillamente estupenda

    Noraboa Toñito¡¡
    Pablo

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias Pablo, me alegra mucho que te guste.
    Y muchas gracias también por pasarte por aquí!
    un Saludo.

    ResponderEliminar
  3. ...con fotos chulísimas, cheas da limpa luz da ollada de Toñito...parabéns, meu

    Unha aperta

    ResponderEliminar