RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

quarta-feira, 3 de julho de 2013

Cogujada: común o montesina....

Una entrada inusual en este blog  por estar en castellano, la razón es que está principalmente dirigida a la gente de interior, mucho más familiarizada con las especies esteparias que nosotros los gallegos, aúnque por supuesto todos podemos opinar y los gallegos más sureños seguro que pueden apuntar cosas interesantes. Aquí por el norte la especie es una auténtica rareza (esta es la segunda cogujada citada en la comarca) por lo que nuestra experiencia es realmente baja con ambas especies. 
 
El domingo día 23 de este mes Antonio Sandoval y Pablo Gutiérrez se dirigen al cabo de Estaca de Bares, en el camino observan una cogujada en la carretera, que inialmente identifican como común pero que no pueden fotografiar. Minutos después me lo comentan, me acerco al cabo y me la encuentro comiendo en la carretera, el animal se muestra muy activo y desconfiado y el continuo trasiego de coches que se dirigen al faro hacen que el animal se levante continuamente, unas veces para posarse nuevamente en la carretera y otras para posarse en los tojos o en las copas de unos pinos cercanos, Pablo destaca también esa tendencia a irse a la parte más alta de los arbustos y ramas.
Finalmente le tiro unas fotos desde distintos puntos, siempre sin salir del coche para no asustarla.
Ya en casa edito una foto y se la paso a Ricardo Hevia, que desconfia de la id. y la cuelga en un grupo de whatsapp donde nos encontramos muchos pajareros de toda España, para que aquellos más familiarizados con especies esteparias puedan echar una mano.
Aquí empieza todo el "lío"... mucha gente con experiencia da su opinión pero no se logra consenso, unos se inclinan por común y otros por montesina, algunos compañeros pasan las fotos a anilladores familiarizados con la especie que se inclinan por montesina, en el grupo gallego de whastsapp donde también hay algunas personas familiarizadas con la especie se inclinan por común.
Por el camino se apunta la dificultad (imposibilidad en algunos casos) de separar ambas especies incluso en mano, la posibilidad de alguna subespecie norteña de G.cristata con rasgos más cercanos a este ejemplar, pero parece que la mala situación de la especie por el norte y el sedentarismo de esta hacen que esto sea altamente improbable, incluso se apunta la posibilidad de hibridación.
En fin, un buen lío que no hace otra cosa que reflejar la dificultad para identificar algunos de los inividuos de la especie.
Esta entrada está realizada pues, para pedir vuestra opinión y entre todos intentar afinar con la especie, y si no fuese posible en todo caso aprender algo con vuestras aportaciones, por lo que os pediría que esten argumentadas, aunque sea minimamente .
 
Aquí os dejo unas cuantas fotos (sin tocar colores) del ejemplar, del que no tengo la parte inferior de las alas, ni se pudo escuchar el reclamo.
 



Meto aquí os comentarios longos xa que superan o límite máximo de caracteres en "comentarios".

Galiciaves 3-06-2013 (C.D.Romai Cousido.)

"Ola Toñito e demais foreiros!

Antes de nada, parabéns polas fotos desta interesante cotovía, que deu moito debate, e creo que o vai seguir dando. Eu estaba convencido de que era una Galerida cristata, isto é, unha cotovía dos camiños. Logo de ver as fotos do teu blog hai un par de detalles que me fan dubidar, e por iso xa poño máis a remollo a miña diagnose. Tentarei facer unha lista de rasgos a favor de G. cristata e outros a favor da cotovía montesa (G. theklae), agora que teño unha anaco libre (isto é longo, advirto...):

A FAVOR DE GALERIDA CRISTATA:

a) Primeiro, as circunstancias da cita son favorables a G. cristata: unha Galerida en Galicia será a priori cristata, xa que theklae non foi mencionada con seguridade ata agora en territorio galego. Se se dera a casualidade de que aparecera algunha theklae, esperaríaa no sueste de Ourense, onde hai algunha observación de Galerida "sospeitosa" (Videferre, Trevinca). A zona de cría máis próxima está en Portugal a uns 10 km ao SE da fronteira galega en Verín, e a cría en Zamora e León fica non moi lonxe de Galicia (Díaz, 2003a; Tomé, 2008). Por hábitat, G. theklae podería aparecer en Ourense: no recentísimo Atlas de Aves en Inverno en España (Manrique, 2012) modelizan parte da provincia de Ourense -cunha probabilidade de aparición baixa iso sí- como axeitada para G. theklae. Mágoa que neste atlas non poñan os datos reais... (non hai citas confirmadas insisto). Estaca de Bares quedaría moi lonxe da súa área de potencial divagancia, aínda que logo comentarei algo sobre isto.

b) Galerida theklae é sedentaria, e a súa capacidade de dispersión é limitada. Así, Catry et al. (2010) comentan para Portugal: "[...] A cotovia-escura é principalmente sedentária, não se conhecendo registos de movimentos significativos [...]". Se aparecera algún divagante, o imaxino na marxe inmediata ás súas áreas de repartición. Desde logo non en Estaca de Bares. Ollo que G. cristata tampouco se move moito, pero, pola contra, hai observacións desta última a varios km das súas zonas de cría, de exemplares aparentemente divagantes: téñoas visto na costa norte do Grove, onde non cría, en punta Herminia, na cidade da Coruña, a uns poucos km da zona de cría máis próxima en Arteixo. Segundo Díaz (2003a), hai cuadrículas con cría posible de G. cristata na zona do Xistral e Buio, así como na zona de Ribadeo, para o período 1998-2002. Agora posiblemente non exista xa nestas zonas, ou a saber... Con todo isto, quizais sexa mais doado imaxinar G. cristata na Estaca que unha G. theklae.

c) Sobre a ave en si, vexo rasgos que me lembran máis a G. cristata:

-- Tonos lixeiramente pardacentos cálidos en xeral, pero variables segundo a posición da ave. Nesta foto (http://farm8.staticflickr.com/7454/9170358626_c2ec3d1b70_c.jpg) a cor non é para nada de theklae, e sería a propia de cristata, pero nestoutra (http://farm4.staticflickr.com/3829/9170376740_95124067da_c.jpg) a cousa cambia. Se non me equivoco as fotos foron tomadas con boa luz a comezos da tarde, o que provocaría que os tonos fosen máis luminosos. Porén, penso que os tonos tan grisáceos e pouco cálidos quizais sexan un artefacto da intensa luz, e que, realmente, a ave ten tonos máis pardacentos, como cristata.

-- Crista longa, con plumas longas no alto do píleo e plumas máis curtas na caluga. Isto sería de cristata, xa que, como se di en Lansdown (1996) e Svensson et al. (2009), unha theklae debería ter a crista como un abano, con plumas longas tamén na caluga e non só no píleo. Iso vese moi ben nesta foto (http://farm8.staticflickr.com/7454/9170358626_c2ec3d1b70_c.jpg), pero, curiosamente, parece menos clara nestoutra (http://farm8.staticflickr.com/7420/9170349046_f804fe3e12_c.jpg), aínda que penso que sería un patrón de crista asumible a cristata, tamén pola lonxitude das plumas máis longas do centro do píleo (theklae ten a crista menos "alta").

-- Lista superciliar de cor pardacenta pálida e algo estreita, para nada abrancazada e ampla como na maioría de theklae. Ademais, na inmensa maioría de fotos de theklae, hai unha zona pálida arredor do ollo, que lembra á expresión "atenta" de Anthus richardi. A Galerida de Estaca ten outra expresión: penso que ten expresión de cristata. En Van Duivendijk (2010) dáse como rasgo de theklae "[...] broad whitish eye-ring". Ademais, nas fotos da ave de Estaca a liña ocular negra tras o ollo "toca" o mesmo ollo; nas fotos que teño visto de theklae esta liña ocular está separada do ollo de xeito máis ou menos claro.

-- Laterais do pescozo de cor pardacenta, para nada formando unha "white [...] band on neck-side" (Van Duivendijk, 2010) (ver:http://farm8.staticflickr.com/7353/9168173019_6bc892cca8_c.jpg).

-- Peito con moitas riscas e bastante finas, cun fondo máis ben crema pálido, que me chega a lembrar a Alauda arvensis (mirar esta foto: http://farm6.staticflickr.com/5542/9168162183_184be210bc_c.jpg). Eu nunha theklae esperaría un fondo máis pálido aínda e con menos motas e algo máis grandes, sobre todo cara aos laterais, como se di en Van Duivendijk (2010).

-- Outra cousa que me fai pensar en cristata é que nos bordos do peito aparece una zona máis parda ferruxenta que eu non teño visto en theklae. Incluso en Blasco-Zumeta & Heinze (2013) os laterais do peito dos exemplares mostrados son grisáceos ou, como moito, pardacentos cun toque óxido, pero non tan intenso como na ave de Estaca.

-- Terciarias bastante uniformes, con bordes difusos, típicos de cristata. Theklae debería ter "[...] dark tertial-centres with rather well-defined pale fringes".

-- A uña do dedo posterior paréceme moi longa e recta, como teño observado en cristata (http://farm6.staticflickr.com/5479/9168144743_4274682a43_c.jpg). Teño en mente que theklae ten esta uña máis curta e curvada. Con todo, na bibliografía non atopei medidas de theklae, polo que esta impresión a poño a remollo.

-- A proxección primaria é longa (http://farm4.staticflickr.com/3772/9170352972_4dd9f36b91_c.jpg), o que sería máis propio de cristata (Lansdown, 1996). Segundo Van Duivendijk (2010), theklae ten "[...] Non prim-projection", se ben isto contrasta coas fotos de Blasco-Zumeta & Heinze (2013a) nas que se ve algo de proxección primaria en theklae, se ben parece que máis curta que en cristata (Blasco-Zumeta & Heinze, 2013b).

A FAVOR DE THEKLAE:

a) Estaca de Bares é un hotspot para as rarezas, e teñen aparecido divagantes americanos (Bartramia longicauda, Chaetura pelagica), orientais (Lanius isabellinus, Anthus richardi), norteños (Calcarius lapponicus) e tamén aves do sur (Apus affinis) (Penas-Patiño et al., 2004; Gutiérrez, 2013). E non menciono as aves mariñas. O tempo revolto da primeira metade de 2013, con varios frentes do SW, puido provocar algún movemento extraordinario dalgunhas aves sureñas, polo que cabería unha remota posibilidade dun desprazamento fortuíto dunha theklae. Cousas máis raras se viron...

b) En relación ao aspecto da ave, o bico lémbrame en moitas fotos a theklae, pero cambia moito a impresión segundo as mesmas: así, nesta (http://farm8.staticflickr.com/7353/9168173019_6bc892cca8_c.jpg) o bico semella dentro do esperable para theklae, pero nesta (http://farm8.staticflickr.com/7420/9170349046_f804fe3e12_c.jpg) o bico semella dentro da variación de cristata. Desde logo, tirando robusto. Pero nesta foto (http://farm6.staticflickr.com/5479/9168144743_4274682a43_c.jpg) aprézase a convexidade da mandíbula inferior que indicaría theklae. Con todo, Van Duivendijk (2010) di, referíndose a cristata: "[...] in most north-western populations bill shorter and lower edge of lower mandibule almost straight". Habería que ver se iso de "almost straight" pode ser válido para a convexidade observada na ave de Estaca.

c) O dorso ten un deseño un tanto extraño para cristata, sobre todo vendo as escapulares (http://farm4.staticflickr.com/3772/9170352972_4dd9f36b91_c.jpg) certamente contrastadas, que, vendo a Blasco-Zumeta & Heinze (2013a,b) parece máis de theklae.

d) A zona inferior da mitra semella lixeiramente de cor "óxido", algo que podería estar dentro do patrón de theklae (http://farm4.staticflickr.com/3761/9168118575_7fa4fe62b0_c.jpg), pero cun tono pouco definido, case "entreverado".

e) As rectrices externas teñen a hemibandeira externa dunha cor máis "óxido"-avermellado do propio de cristata (http://farm6.staticflickr.com/5479/9168144743_4274682a43_c.jpg), e a hemibandeira interna destas plumas teñen o centro máis escuro do que esperaría en cristata (vese aquí: http://farm4.staticflickr.com/3761/9168118575_7fa4fe62b0_c.jpg).

f) Nesta foto (http://farm6.staticflickr.com/5479/9168144743_4274682a43_c.jpg) parece verse a p10, que é unha plumiña pequena xunto ás cobertoras primarias. Non sei se vou moi errado en dicir que é bastante longa, ao menos tan longa como estas cobertoras primarias, ou incluso nesta foto (http://farm8.staticflickr.com/7454/9170358626_c2ec3d1b70_c.jpg) parece un chisco máis longa, o que sería propio de theklae (Svensson, 1996). Igual non se pode aprezar isto coa ave pousada, polo que agradezo comentarios.

Facendo unha ponderación dos pros e contras, de primeiras ten lóxica pensar en cristata, pero:

a) falta información de reclamos, diagnósticos;

b) fai falla ver tamén a cor das infracobertoras alares, tamén importantes;

c) hai detalles que non se terminan de axustar nin a cristata nin a theklae.

Polo tanto, persoalmente, prefiro deixar a identicación como de "posible cristata" ou como Galerida sp.

Saúde,

Damián

Referencias:

Blasco-Zumeta, J. & Heize, G.-M. (2013a). Cogujada montesina. URL: http://www.ibercajalav.net/img/300_Galerida_theklae.pdf (con acceso: 4/7/2013). Laboratorio Virtual Ibercaja.

Blasco-Zumeta, J. & Heize, G.-M. (2013b). Cogujada común. URL: http://www.ibercajalav.net/img/300_Galerida_cristata.pdf (con acceso: 4/7/2013). Laboratorio Virtual Ibercaja.

Catry, P.; Costa, H.; Elias, G. & Matias, R. (2010). Aves de Portugal. Ornitologia do território continental. Assírio & Alvim, Lisboa.

Díaz, M. (2003a). Galerida thekle. En: Martí, R. & Del Moral, J. C. Atlas de las aves reprodutoras de España. Pp. 374-375. Dirección General de Conservación de la Naturaleza - SEO/BirdLife, Madrid.

Díaz, M. (2003b). Galerida cristata. En: Martí, R. & Del Moral, J. C. Atlas de las aves reprodutoras de España. Pp. 372-373. Dirección General de Conservación de la Naturaleza - SEO/BirdLife, Madrid.

Gutiérrez, R. (2013). Rare Birds in Spain. URL: www.rarebirdspain.net (con acceso: 4/7/2013).

Lansdown, P. (1996). Mystery photographs. British Birds 89: 465-467.

Manrique, J. (2012). Galerida theklae. En: SEO/BirdLife. Atlas de las aves en invierno en España (2007-2010). Pp. 372-373. Miniterio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente-SEO/BirdLife, Madrid.

Penas-Patiño, X. M.; Pedreira, C. & Silvar, C. (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións, A Coruña.

Tomé, R. (2008). Galerida theklae. En: Equipa Atlas. Atlas das aves nidificantes em Portugal (1999-2005). Pp. 320-321. ICNB-SPEA-PNM-SRAM. Assírio & Alvim, Lisboa.

Svensson, L.; Mullarney, K. & Zetterström, D. (2009). Collins Bird Guide. 2nd edition. HarperCollins, London.

Svensson, L. (1996). Guía para la Identificación de los Passeriformes Europeos. SEO/BirdLife, Madrid.

Van Duivendijk, N. (2010). Advanced Bird ID Guide. The Western Palearctic. New Holland Publishers"


Comentario en Galiciaves 4-06-2013 (Carlos Sánchez)

"Hola Damián,

excelente exposición por lo trabajada. Por añadir algún punto más que sirva sobre todo como hilo de investigación, decir que McCarthy menciona un caso documentado de hibridación en estado natural en zona de solapamiento de áreas de reproducción de ambas especies (Handbook of Avian Hybrids of the World). La referencia es alemana, de una publicación del zoológico de Bonn de 1963: Abs, M. 1963. Vergleichende Untersuchungen an Haubenlerche (Galerida cristata (L.)) und Theklalerche (Galerida Theklae (A.E. Brehm)). Bonner zoologische Beitrâge, 14: 1-129. Pero a su vez la referencia aparece un tanto ambigua al mencionar “norte de África, sur de Europa”. Además, no sé yo qué técnica debieron utilizar para concluir que se trataba de un híbrido (¿). En cualquier caso, no debiéramos descartar tal posibilidad.

En lo que se refiere al ave en cuestión, a mi me parece una montesina G. theklae, o en todo caso híbrido G. cristata x theklae, pero en modo alguno una cogujada común pura G. cristata. Otro rasgo que me llama la atención es el color de las rectrices centrales y las supracoberteras caudales, las cuales se las veo excesivamente de tono herrumbre relativamente intenso (cálido) para lo que en promedio se espera en cristata (en una de las fotos de la serie con perspectiva dorsal se aprecia muy bien este rasgo). Y ello precisamente tras observar las detalladas fotos y comentarios de las fichas de Blasco-Zumeta y Heize (por cierto Damián, ya te paso otra ficha en pdf que estos autores hicieron adicionalmente para hacer una somera comparación interespecífica, y si puedes la vuelcas al foro). El pico me parece muy de theklae en cuanto a forma de la mandíbula inferior, longitud y grosor relativo en su base. La cresta es cierto que es larga, pero me gustaría desmitificar esto ya que en el centro peninsular, aunque raras, de vez en cuando se observan montesinas con crestas relativamente largas. Hay variación. El moteado pectoral no me parece malo para theklae. En cuanto a la estructura corporal, su jizz me parece intermedio tirando a theklae. Si bien esta suele mostrar una estructura como de ave más recoleta y compacta y cristata, como de ave más grandota, alargada, robusta; esa es la impresión que me da al verla en las fotos en que se ve de perfil.

El hecho que se menciona en el blog de la tendencia de este ave a posarse en ramas altas de pinos, tojos, etc. puede inclinar algo la balanza a favor de theklae, aunque cristata también puede hacerlo, pero habitualmente con bastante menor asiduidad. En cuanto al hecho de que merodee por sendas y permita relativas aproximaciones, decir que este invierno, en la sierra madrileña, he llegado a tener a las montesinas a escasos 5-10 metros de distancia. Las comunes cristata, muy filopátricas ellas por el monte de El Pardo, también admiten relativa proximidad humana salvo cuando algún perro anda suelto.

Una pregunta que podríamos hacernos es, ¿qué se espera de una cogujada adulta, ya común, ya montesina, un 23 de junio? Para lo que habremos de imbuirnos en su biología y fenología. Blasco-Zumeta nos dice que los adultos acometen muda postnupcial completa que finalizan a finales de septiembre las theklae y a mediados de octubre las cristata. Al ave de Estaca de Bares se la ve el plumaje muy raido, desgastado, por eso también se ve esa pronunciada proyección de primarías con respecto a las terciarias. En la literatura se dice que con el plumaje nuevo las cristata dejan asomar dos o tres puntas de primarias y en las theklae prácticamente las terciarias eclipsan a las primarias, siempre con las alas plegadas (guías de MacMillan). En esta época del año esto no valdría, pero coincido con Damián que se ve, a pesar del desgaste de las terciarias, proyección de primarias relativamente largas.

Bueno, pues no se me ocurre mucho más salvo decir que tal vez este par de especies requiera mayor atención por parte de los ornitólogos. A ver qué opinan otros, sobre todo los anilladores.

Saludos cordiales y muchas gracias a Damián por su excelente email, y felicitar también a Antonio Martínez Pernas por sus magníficas fotos y su estupendo blog,"

Carlos Sánchez



8 comentários:

  1. comentario de Rafa García en Galiciaves 4-07-2013
    Hola,

    En mi opinión Montesina.

    Rafa García.

    ResponderEliminar
  2. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  3. Comentario de Delfín González en Galiciaves.

    Yo boto por montesina, básicamente por el estriado del pecho, menos marcado y con rayas más finas en la común, es más de costumbres de posarse en arbustos y cables que la común, la cresta la veo en abanico.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  4. Los comentarios largos no caben en los "comentarios" por lo que los coloque bajo las fotos de las entrada.

    ResponderEliminar
  5. Comentario de Carlos Sánchez en galiciaves (9-7-13)
    Hola de nuevo,
    Recientemente escribí a Alban Guillaumet, investigador que ha escrito diversos artículos sobre las cogujadas y su filogenia molecular junto a gente como Pierre André Crochet y otros, y este es su parecer, cree que es una montesina, sin duda alguna acerca de posible híbrido (sorry, in English):
    interesting :)
    i had a bit of the same history, i got interested in these two species of birds while i was a teen and decided to study them afterwards :)
    for me, the bird depicted looks like a fairly typical Thekla lark with no need to invoke hybridization given the high level of individual variation in these two species. A few key features:
    - looks fairly small, round and 'plump', with rounder face
    - bill quite short, with upwards-turned lower mandible
    - the tenth, rudimentary, outer primary (or 1st one, depending on how you count), looks longer than primary coverts (picture 4), and this is fairly diagnostical (see e.g. my 2005 paper in Mol. Ecol.)
    - streaks in the breast regular, with hardly any denser streaking towards the center, and going low down on the breast are looking quite typical of Thekla
    - tail pattern with reddish rump and outer-tail feather contrasting with darker inner rectrices looks good for Thekla
    - face pattern looks better for thekla; in particular, prominent eye-ring
    - general color, sandy-rufous to greyish, looks slightly better for Thekla
    - rocky habitat and perching on shrubs look better for Thekla
    i agree that the crest may look a bit longer than the average, and there is some diffuse streaking on the breast side. I am not too familiar with the feature you mention (shorter primary projection for Theklae), as this is not something i have been looking at. However, I note that tertials in this bird look very abraded.
    Alban

    ResponderEliminar

  6. Galiciaves 9-06-2013 (C.D.Romai Cousido.)

    Grazas Carlos pola aportación.

    Vexo que Alban Guillaumet achega varios argumentos en favor de theklae, entre eles a lonxitude da p10 e as rectrices, que vexo bastante sólidos e que non sei ata que punto son "eliminatorios" de cristata. Pero, de todos xeitos, e na miña opinión, o anel periocular non me termina de facer "tilín" para theklae (mais ben ao contrario) e o patrón de terciarias o vexo máis próximo a cristata que a theklae, aínda considerando a abrasión. O feito de pousar en arbustos é circunstancial, considerando o hábitat. E, como comentei, atopar unha theklae en Estaca de Bares é un acontecemento ornitolóxico extremo.

    Así e todo, é unha opinión moi a ter en conta.

    Eu sigo con dúbidas, con cousas que me lembran a cristata e outras que cadran con theklae. Faltaba oíla e verle a parte de abaixo da á...

    Atentamente,
    Damián

    ResponderEliminar
  7. Carlos Sánchez en galiciaves (9-7-13)

    Hola de nuevo Damián y todos,

    Fíjate en lo que dice Blasco-Zumeta en su ficha de cristata (adjunto pdf) en el apartado IDENTIFICACIÓN (sic): “la décima primaria es siempre menor que las coberteras primarias”. En este punto coincide con el aserto de Guillaumet sobre su comentario a la foto aludida, la cuarta empezando por arriba, en que se aprecia tal rasgo. El pico es de theklae, el color de las rectrices y supracoberteras, igual. Incluso el estriado pectoral, sobre el que Blasco-Zumeta nos dice que es “difusamente estriado para cristata”, todo lo contrario al ave de Estaca de Bares. Damián, si algo nos enseña la ornitología, es que ambos sabemos que en cuestión de aves cosas más raras se han visto que el que una cogujada montesina llegue hasta el cabo de Estaca volando. Sobre sus vocalizaciones, nada podemos hacer en este caso concreto. Por añadir algo nuevo, decir que las cristata ibéricas pertenecen a la ssp. pallida, distintas a las centroeuropeas, de la ssp. nominal, en cuanto a coloración. Incluso hay autores que mantienen que por el norte las cogujadas comunes son de la ssp. cristata. He estado mirando aparte en internet (fotos de www.tarsiger.com y otras) y lo único es que las veo de plumaje más oscuro con respecto a las pallida ibéricas, pero poco más.

    Te incluyo enlace de uno de los trabajos de Guillaumet et al. Aunque lo hicieron en Marruecos, obvia si quieres la lectura en lo relativo a genética, pero fíjate en la parte de morfometría y morfología. Capturó 36 theklae y 26 cristata, aparte de 23 randonii y las midió, teniendo muy presente el rasgo discriminante de la décima primaria con respecto a las coberteras primarias. Aparte, relacionó finalmente estos resultados con los genéticos:

    http://www2.mnhn.fr/crbpo/IMG/pdf/Guillaumet_et_al_2005_galerida_MolEcol.pdf

    De todos modos no tengo más argumentos y me parece muy legítimo que sigas teniendo tus dudas,

    Un abrazo,

    Carlos Sánchez

    ResponderEliminar
  8. Comentario de Xabier Vázquez Pumariño en galiaves (12-07-2013)

    Olá!
    As fotos son moi boas, teñen moi bo detalle inda que os alaudidos non son cómodos de identificar.
    Na miña opinión, básicamente:

    cristata é un bicho "pardo" en xeral, sen grandes contrastes
    theklae ten "contrastes": fixádevos nas manchas do peito. Esaxerando (a ver se me explico), esta especie ten o peito blanquinegro con raias lonxitudinais moi ben definidas. O mesmo pódese dicir do dorso, inda que non é tan evidente e resulta bastante máis subxectivo, creo que nas fotos que se ve o dorso está moi ben, pouco aspecto "blanquinegro" nas primarias/secundarias/terciarias e manto.

    Logo o peteiro:
    cristata ten o peteiro cóncavo (esaxero un pouco de novo), a parte inferior é recta, o que lle da un aspecto grácil, puntiagudo, afiado
    theklae ten o peteiro convexo (de novo esaxero), a parte inferior é curvada cara afora o que da a impresión de pico menos afiado, menos grácil ou máis curto (como unha terrera).

    Polo tanto, vendo as fotos, decántome por cristata:
    Pouco contraste xeral, case nada de contraste no dorso, pouco contraste das pintas do peito, algo difusas, non "fan raias" claras (e fixádevos a 2ª foto do blog: xusto no centro do peito ten "máis concentración" de pintas, ou unha pinta máis gorda, vamos, típico de cristata. O primer golpe de vista: peito con pintas pouco contrastadas e lineas pouco definidas sobre un fondo pouco branco como para ser theklae

    peteiro "afiado", inda que é certo que podería telo máis (por especular, as cristatas europeas teñen o bico máis curto que as ibéricas polo menos, ¿sería un bicho norteño e non ibérico?, tamén hai que ter en conta a gran variabilidade individual).

    A dúbida tamén podería vir polo feito de estar pousada nun arbusto (típico de theklae), non no chan, pero o medio non favorece que estivera pousada no chan e tamén cristata pousa moito en lugares prominentes, aramios, postes...e tamén arbustos, cando o medio ten máis vexetación.

    Ben, teño que dicir que non lin o mail de Cosme ao respecto, pero en calquera caso parabéns pola observación e as estupendas fotos, así da gusto :)
    As dúbidas teño que dicir de todos xeitos que me parecen lóxicas, sobre todo polo pico.

    ResponderEliminar