RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

quinta-feira, 27 de dezembro de 2012

Grou polo Barqueiro

Estos días atráis tivemos pola comarca unha agradable sorpresa, por algunha estrana razón os fortes ventos do suroeste que sopraron a mediados deste mes trouxeron consigo un grou (Grus grus) especie ben rara pola comarca e que en poucas ocasións se deixan ver por terras galegas.
Apareceu paseando polo regato da praia de Esteiro (O Barqueiro). Mentres estaba a mirar as gaivotas que cada baixamar se acercan pola praia, din en mirar cara a outra punta descubríndo entón a enorme silueta do páxaro.
Acerqueime un pouco para ollalo ben, ó pouco saíu voando cara a zona de xuncos onde pasou o resto do día.
Ó día seguinte continuaba pola mesma zona, primeiro polo areal e logo buscando comida polos campos que rodean a xunqueira.
Ó terceiro día xa non estaba pola zona, polo que pensei que marchara, a sorpresa foi cando unhas horas despois apareceu paseando por Monte Furado (frente ó porto do Barqueiro) recorrendo o areal un pouco desorientado.
Ó subir a marea perdeuse voando ría arriba, donde ficou polo menos ata o día 22 que a ollei por última vez pola zona de San Fiz.

Esta especie cría nas brañas, carrizais, montes boreais ou montes preto dos cursos de auga, nunha ancha banda entre Escandinavia e o este de Siberia, aparecendo tamén dous nucleos aíllados en Turquía e no Tíbet. Antigamente a especie criaba tamén no Sur de Europa desaparecendo maioritariamente entre os séculos XIX e XX, parece ser que as últimas noticias de cría en España foron na desaparecida lagoa da Janda, en Cadiz aló polos anos 1952-1954. Agora xa tan só como invernante, chega a finais outubro asentándose xeralmente  polo centro e todo o sudoeste da península Ibérica. Aliméntase de diversidade de vexetais, principalmente por zonas adehesadas e cultivos de cereais. A retirada ó atardecer e a chegada ó amencer dos durmidoiros é todo un espectáculo, do que aínda nunca disfrutei.

Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.

   
Acó deixo un achego moi completo sobre a especie.
Prieta, J. y Del Moral, J. C. 2008. La grulla común invernante en España. Población en 2007 y método de censo. SEO/BirdLife. Madrid.



terça-feira, 11 de dezembro de 2012

Familia Alcidae

Araxo(Uria aalge)
Común en paso postnupcial pola Estaca de Bares, soen sedimentar varios exemplares polos portos e rías da comarca. Antano a especie criaba na Estaca de Bares e Ortegal ó igual que noutros puntos do Cantábrico, agora a especie está practicamente extinta como nidificante na península.
Araxo (porto do Barqueiro)
Araxo do patexo (Alca torda)
Ó igual que a especie anterior é común en paso postnupcial pola Estaca de Bares, tamén soen sedimentar varios exemplares polos portos e rías da comarca.
Araxo do patexo (porto do Barqueiro)
Cepphus grylle
unha soa cita de Ricardo Hevia o 26-11-2010 en paso pola Estaca de Bares.
Foto de Ricardo Hevia (Noruega)
Ghalo de mar (Bares) ou arao dos patexos (Cariño) (Fratercula arctica) 
Aínda que non tan abundante como as dúas primeiras especies tamén soe ser común en paso postnupcial pola Estaca de Bares. Ó contrario que as anteriores a especie non sedimenta (en circunstancias normáis) preto da costa.
Foto de Ricardo Hevia (Noruega)
Foto de Ricardo Hevia (Noruega)
pío da augha (Alle alle)
Moi escaso en paso postnupcial pola Estaca. Fai unhos anos (2001-2003) chegou a sedimentar algún exemplar no porto de Cariño pero coincidindo cun importante declive nas observacións desta especie a nivel nacional as sedimentacións neste porto fai anos que non se producen.
Foto de Antonio Gutierrez (porto de Cariño)

Superfamilia Hepialoidea

Familia Hepialidae
Xénero Troidia
Troidia sylvina

Familia Drepanidae

Subfamilia Drepaninae
Tribu Drepanini
Xénero Drepana
Drepana curvatula
Subfamilia Thyatirinae
 Xénero Habrosyne
Habrosyne pyritoides
Xénero Thyatira
Thyatira batis

¿Para que sirven las aves?


Por desgracia,estos días atrais rematei de ler ¿Para que sirven las aves?
Téñolle unha especial admiración a Toñete. Con el pasei a miña primeira xornada na Estaca de Bares, mirando cos prismáticos que el me prestou e atendendo as explicacións que me ía dando ó tempo que na súa cabeza se amontoaban os números que cada 15 minutos volcaba na súa pequena libreta negra. Ese frío día de Novembro a miña forma de ver a aves mudou drásticamente.

Teño que recoñecer que cando Toñete me falou do libro pensei que sería só apto para os “frikies”que disfrutamos da observación das aves. Agora teño que recoñecer que estaba moi confundido.
Os páxaros son tan só o fío conductor para guiarnos dende a costa coruñesa ata un mundo de sensacións, anécdotas históricas, catástrofes, escuras tramas... un mundo forxado sobre a base de anos de intensas vivencias e templado coa súa sublime escritura.
Sen dúbida un libro para ler amodo e disfrutar, e non só os paxareiros, senón todo aquel o que lle guste ler, teña unha pouca curiosidade e ganas de disfrutar.
Xa son poucos os ornitólogos e entusiastas da natureza que non contan co libro na súa estantería e a crítica de todos converxe nun punto. este é un libro feito non só para nós senón que é un libro aconsellable para todo o mundo.
Se tivera que expresar en poucas palabras o que provocou en min a lectura deste libro diria que moita curiosidade, rabia, tristeza, risa, sorpresa, e finalmente unha inmensa sensación de liberdade.

Tan só queda felicitar a Toñete, ademáis de excelente persona , gran ornitólogo e gran comunicador anbiental, agora, tamén sensacional escritor.

Este xoves será presentación


domingo, 2 de dezembro de 2012

Notas de novembro do 2012 no Ortegal

1-11-2012 / Bartramia longicauda (correlimos de bartram) no aparcadoiro do mirador ornitolóxico da Estaca de Bares (Ricardo Hevia & Antonio Martínez)

3-11-2012Estaca de Bares: 160 P. gravis. 1 ex.o E de Pterodroma sp. 1 ex.o W de rorcual norteño (Balaenoptera borealis) Antonio Sandoval & Antonio Martínez


3-11-2012 / 1 ex de escribenta lapona (calcarius lapponicus) e 3 ex. de escribenta das neves (plectrophenax nivalis) a baixa altura sobre a garita da Herbeira(Cariño),rumbo sur.(Ricardo Hevia)


4-11-2012 / 7 ex.de escribenta das neves (plectrophenax nivalis) na serra da Capelada. (Pablo Gutierrez travelling birds)

Fotografía de Pablo Gutierrez

4-11-2012 / 2ex. de garceta grande (Ardea alba) en Ladrido (Ricardo Hevia & Antonio Martínez)


6-11-2012 / 14 ex. de escribenta das neves na Capelada,1 km ao sur da vixía Herbeira(Ricardo Hevia).


6-11-2012Estaca de Bares: bo paso de Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) 1600 ex. en 2 horas. (Ricardo Hevia).


8-11-2012 / 4 ex.de escribenta das neves (plectrophenax nivalis) na serra da Capelada (Ricardo Hevia & Alfonso Valeiro)


11-11-2012 / Estaca de Bares, 5,45 hs: 1ex. mérgulo, 51 frailecillos, 599 pardelas capirotadas, 765 sombrías, 7 cenicientas, 1 págalo rabero, 53 págalos grandes, 6 pomarinos, 3 parásitos, 192 tridáctilas e 14 enanas. (Ricardo Hevia, Albert Cama, Dave McAdams, Jose Portillo, Antonio Sandoval e 
Antonio Martínez Pernas)


11-11-2012 / Escribenta lapona a carón do observatorio de Bares (Jose Portillo)


11-11-2012 / 1 ex. de londra (Lutra lutra) na Enseada de Mera (Xabi Prieto bichosedemaisfamilia.blogspot.com)


11-11-2012 Ría de Ortigueira, Xabi Prieto (detaies do censo  no seu blog bichosedemaisfamilia.blogspot.com)


9 Mergullón spequenos (Tachybaptus ruficollis)
3 Mergullóns de pescozo negro
3 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
2 Garzas brancas
 (Egretta alba)
7 Cullereiros
(Platalea leucorodia).
108 Corvos mariños reais
 (Phalacrocorax carbo) nun só bando no intermareal de Ortigueira norte.
718 Asubións
 (Anas penelope).
14 Frisados
(Anas strepera)
108 Patos rabilongos
(Anaas acuta)
212 Cercetas
 (Anas crecca)
17 Pentumeiros
 (Melanitta nigra) na ría central
Varios Tordos rubios
 (Turdus iliacus) e, posibelmente, reais (Turdus pilaris) en San Claudio.


12-11-2012 / Bando de 5 escribentas das neves voando cara o sur na serra da Capelada (Ricardo Hevia)


14-11-2012 / grupo de 20 escribentas das neves comendo e acicalándose na serra da Capelada (Ricardo Hevia)

14-11-2012 / primeiro exemplar do inverno de azulenta alpina (Prunella collaris) no cabo Ortegal (Ricardo Hevia)

14-11-2012 / continúa por San Fiz (O Barqueiro) un exemplar de morcego de ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros) "albino". (Antonio Martínez Pernas)

15-11-2012 / 3 exemplares de azulenta alpina (Prunella collaris)no cabo Ortegal (Ricardo Hevia)


17-11-2012 / Primeiros dous exemplares de Pilro escuro (Calidris maritima) no espigón do muelle de Cariño (Ricardo Hevia).


18-11-2012 / Escoitado 1 ex. de escribentas das neves e obser. 3 ex. de tordo real (Turdus pilaris) na serra da Capelada, (Ricardo Hevia & Antonio Martínez)


18-11-2012 Ría de Ortigueira, Xabi Prieto (detaies do censo  en bichos e demais familia)


3 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
2-3 Garzas brancas
 (Egretta alba)
3 Cullereiros
(Platalea leucorodia)
6 Pentumeiros
 (Melanitta nigra)
176 Gavitas
 (Haematopus ostralegus).
15 Píllaras cincentas
 (Pluvialis squatarola).
74 Mazaricos chiadores
 (Numenius phaeopus)
555 Mazaricos reais
 (Numenius arquata) nos dous repousadoiros principais (Ladrido e Cavalar).
102 Mazaricos de bico recto
(Limosa spp). Coma mínimo, 16 deles Rabinegros (Limosa limosa)
57 Biluricos comúns (Tringa totanus)48Biluricos claros(Tringa nebularia).2 Biluricos escuros(Tringa erythropus). Ún deles no Cavalar e outro no muíño da Acea.7 Carráns cristados (Sterna sandvicensis)4 Gaivotas cabecinegras  (Larus melanocepahlus).18 Gaivotóns descansando na praia do Cavalar durante a marea alta.

ex. de bilurico escuro(fot.Xabi prieto)


21-11.2012 / 20 ex. de pentumeiro común (Melanita nigra) frente a praia de Fornos, Cariño (Ricardo Hevia)


21-11.2012 / 1 ex. xuvenil de Branta bernicla bernicla frente o muelle de Ortigueira (Ricardo Hevia)


23-11-2012
Ría de Ortigueira: 2 exe. cisne cantor (Cygnus cygnus) xoven + adulto e un 1 exe. xoven de cisne vulgar (Cygnus olor) en Mera  (Ricardo Hevia).


23-11-2012 / 1 ex. femia/xuv de pentumeiro careto (Melanitta perspicillata) na zona de San Claudio (Ortigueira) Ricardo Hevia.

24-11-2012 / 1 ex. de moucho pequeno (Asio otus) voando cara o xuncal do río Esteiro, O Barqueiro.(Antonio Sandoval)


25-11-2012 / Ría de Ortigueira: 1 Casmerodius albus,3 Podiceps nigricollis, 4 Platalea leucorodia.(Antonio Gutierrez gaviotas y anillas, Pablo Gutierrez travelling birdse Victor Rivera Jove http://www.victorjovefoto.com/)

Os detaies deste exemplar anelado,  neste enlace ao blog de Antonio Gutierrez gaviotas y anillas)

25-11-2012 / Continuan pola ría de Ortigueira 2 Cygnus cygnus,1 Cygnus olor, 1 Branta bernicla bernicla, 1 Mergus serrator ( Serreta mediana), e a femia de Melanita perspicillata.(Antonio Gutierrez gaviotas y anillas, Pablo Gutierrez travelling birdse Victor Rivera Jove http://www.victorjovefoto.com/)

25-11-2012  9 londras (Lutra lutra) na ría de Ortigueira :3 ex. no peirao,  2 ex. no intermareal de punta Fornelos, 3 ex. nas canles de San Claudio-Mera o outro máis solitario.(Xabi prieto bichos e demáis familia & Manu Arzúa Drosera)

Exemplares do peirao (fot. Xabi prieto)

Exemplares do peirao (fot. Xabi prieto)

Exemplares do intermareal(fot. Xabi prieto)

26-11-2012 / Estaca de Bares: 2/h 60 skua,42 pardelas capirotadas,520 g.tridáctilas e 122 frailecillos.(Ricardo Hevia)


27-11-2012 / Estaca de Bares: 8 melanitta fusca nun bando monoespecífico e 1 ex. f/xuv de melanitta perspicillata moi cercano integrado nun bando de 5 melanitta nigra.(Ricardo Hevia


28-11-2012 / Estaca de Bares: 2/h > 2643 Gaivotas tridáctilas,215 g.enanas, 93 skuas,800 pentumeiros comúns. números a baixa polas malas condicións meteorolóxicas. (Ricardo Hevia)


29-11-2012 / Estaca de Bares:1460 pentumeiros comúns,6 patos Rabudos,18 patos silbós,13 culleretes,38 cercetas,2 barnaclas carinegras,5 mobellas pequenas,14 araos,14 alca,20 alcarao,17 frailecillos,36 gaivotas enanas e 87 tridáctilas.Entrando do mar 1 escribenta das neves. (Ricardo Hevia)

Mobellas pequenas, Ricardo Hevia (Estaca de Bares)

29-11-2012 / Ría de Ortigueira:3 Branta bernicla bernicla 2+1 que xa estaba presente na ría (David Martínez Lago)


30-11-2012 / Continua pola ría de Ortigueira a femia de pentumeiro careto os dous cisnes cantores e un xov, de Branta bernicla bernicla (Ricardo Hevia)

perspicill-ort
Pentumeiro careto (fot. Ricardo Hevia)

Moitas gracias a todos por me mandar ou deixarme utilizar as vosas citas e fotografías.