RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sexta-feira, 29 de abril de 2011

Carnívoras da Faladoira

Esta é unha entrada das que gusta facer, por ser unha boa nova para a nosa bisbarra. Estos días atráis andiven paseando pola Faladoira para ver conmo andaban as nosas poboacións de prantas carnívoras.
Medraban gran cantidade de orballiñas, algo esperado, aínda que non contaba con tan alta densidade de exemplares. A maioría eran da especie Drosera rotundifolia aínda que tamén aparecia D.intermedia, pero nesta ocasión quería saber en especial das poboacións de pinguicula.






Pois ben a miña intención máis optimista era atopar algúns poucos exemplares de Pinguicula vulgaris,ou linguas do loberno, (con permiso de Rafael autor deste axeitado nome) que andarían a florecer nesta época. Cal foi a miña sorpresa cando as primeiras de cambio xa tiña ante min unha colonia cercana os douscentos exemplares, moitos deles en flor e outros moitos aínda xurdindo.







Despois de facer unha morea de fotos, fun cara outra zona de turbeira donde sabía da esistencia soamente das orballiñas, ó chegaren, outra sorpresa, as orballiñas compartían o espazo cunha colonia de máis dun cento de Pinguicula lusitanica, especie que eu non coñecía máis que nas fotos. Estoutra especie aínda comenzando a florecer.





Por último decidín visitar unha ampla zona de turbeira, a mellor das que eu coñecía, ó chegar, a mesma sorte que as outras dúas turbeiras, pero esta era lugar esclusivo de Pinguicula vulgaris, xa mencionada, e seguramente a máis escasa das nosas carnívoras, estas asomaban ó longo dun talude rezumante de auga duns 400 metros de longo, e logo seguían aparecendo turbeira arriba. Un pouco a ollo podo decir que esta nova colonia superaba os 200 exemplares aínda que moito máis espallada que a primeira.





De seguro que a nosa serra agocha algún outro recuncho donde estas fermosas prantas andarán a medrar.
De todos xeitos non nos podemos levar a enganos, donde hoxe parecen estar a gozar dunha boa saúde, poderían desaparecer nun chiscar de ollos, con calquera actuación da man do home, que alterase minimamente as condicións ambientais destes lugares. Teremos que estar atentos a canto se fai nestas zonas, para que se teñan en conta estas poboaciós antes de faceren algunha nova desfeita polos altos dos nosos montes.
Durante o paseo por si non o estaba pasando ben de abondo aínda me alegrou a vista este fermoso macho de corzo que comía á beira do camiño e que non quería marchar nin dispois de verme.




Para máis información sobre as nosas carnívoras e co permiso de Rafael, poño este enlace ó blog amigo ó Noroeste do Noroeste que explica polo miúdo destas especies.
http://costaartabra.blogspot.com/2009/11/plantas-carnivoras-do-noroeste.html

Sen moito máis que engadir, despídome polo momento, moitas gracias por me ler.

segunda-feira, 25 de abril de 2011

Vergonza na ría de Ortigueira e Ladrido

Nesta nova e triste entrada quero facerme eco dun novo atentado ecolóxico na nosa bisbarra, desta vez no concello de Ortigueira, teño pouco que escribir, xa que o propio concello explica ven o que deberia de facer.
Isto é o que de forma bastante axeitada nos di a páxina web do concello de Ortigueira:
"La ría de Ortigueira y Ladrido es uno de los humedales más importantes de Galicia. Destaca asimismo a nivel mundial por su riqueza faunística y vegetal, así como por las características que la diferencian de otros espacios naturales. Atendiendo a sus condiciones, está protegida por el Convenio de Ramsar
Sólo existen cinco espacios en Galicia acogidos al mencionado tratado internacional
, siendo la ría de Ortigueira y Ladrido el más extenso de todos ellos. Figuran junto a ella la laguna y el arenal de Valdoviño, el complejo dunar de Corrubedo, la ría de Ribadeo y el complejo intermareal Umia - O Grove.

El tratado de Ramsar, destinado a conservar las zonas húmedas y sus recursos, fue firmado en 1971 en la ciudad iraní que lleva su mismo nombre.
Los humedales se caracterizan por tener agua en superficie o en el subsuelo y presentar unas condiciones de terreno únicas que los diferencian de las zonas circundantes. Soportan una vegetación y fauna adecuadas a las condiciones de humedad, que pueden ser extremadamente variables.

La ría de Ortigueira y Ladrido está incluida en el Registro Natural de Espacios Naturales de Galicia desde el 9 de marzo de 1990. Comprende terrenos de tremedal costero con carácter de estuario, en el que desembocan los ríos Mera y Ladrido. En esta ría encontramos extensas planicies intermareales de lodo y arena, amplias marismas y un considerable sistema dunar.
Su relieve no es excesivamente accidentado, presentando en general pendientes suaves y bajas altitudes. Durante el invierno esta zona alberga poblaciones de aves acuáticas.
Especies de interés
Se contabilizan en el humedal un total de 93 tipos de animales vertebrados, de los que 18 están considerados de importancia internacional. El grupo más representado se corresponde con el de las aves. En esta zona invernan un total de 68 especies migratorias, entre las que se encuentran el chorlito gris -Pluvialis squatarola-, el zarapito real -Numenius arquata- o el correlimos común -Calidris alpina-. Durante esta época llegan a contabilizarse entre 5.000 y 11.000 individuos, estando 13 de estas especies recogidas en el anexo I de la Directiva Aves." (no anexo I da Directiva figura unha lista das especies que precisan medidas de protección especiais. Os territorios máis apropiados, en número e tamaño, deben ser designados zonas de protección especial (ZEPA) para estas especies e para as especies migratorias.)
"Los mamíferos están representados por medio de nueve especies, entre las que destaca la nutria -Lutra lutra-, incluida en la Lista Roja de la UICN .-de especies amenazadas" (A Lista vermella da UICN é o inventario máis reconocido mundialmente sobre o estado de ameaza das especies. É preparada pola Comisión de Supervivencia de Especies da UICN, unha rede de máis de 8.000 especialistas de todo o mundo que traballan pola conservación das especies a nivel mundial)
"y en los anexos II y V de la Directiva Hábitats"
(A Directiva Hábitat ten como finalidade a protección das especies silvestres e os seus hábitats. O seu obxetivo é contribuir a conservar a biodiversidade europea, mediante o establecimiento dunha rede ecológica e un réximen xurídico de protección das especies silvestres. Identifica o redor de 200 tipos de hábitats, unhas 300 especies animais, e case 600 especies vexetais como de interese comunitario, establece a necesidade de protexelos, para o cal obliga a que se adopten medidas para mantelos ou restauralos estando nun estado favorable de conservación. Corresponde ós estados membros da UE determinar as súas zonas especiais de conservación e establecer, plans de xestión que combinen a sua conservación a largo prazo cas actividades económicas e sociais.)

"También están inventariadas nueve especies de anfibios. Siete de ellas están incluidas en la legislación o en los programas nacionales e internacionales sobre especies amenazadas. Tres de estos anfibios son, además, propios y exclusivos de la península Ibérica. Es el caso de la rana ibérica , el tritón ibérico y el sapillo pintojo."

O concello de Ortigueira alardea, e con moita razón deste Espazo Natural, mentres que por outro lado, nese mesmo humidal isto é o que se está a facer:








Desfacer parte do humidal con un recheo para unha praia urbana que o parecer atraera o turismo á zona, non moi lóxico, e máis ainda cando a escasos 2 kilómetros está a praia de Morouzos con 2000 metros de longo.
En fin, pouco que decir ante tal tolería.
O Domingo á mañá houbo unha manifestación organizada pola plataforma Ortigueira sostible, aínda que a asistencia foi notable, pareceume ben pouca dado nivel do dano que se lle está a facer o humidal.



Sen máis que engadir ("aparte que dar a noraboa ós dirixentes de Ortigueira e máis a portos de Galicia pola sua gran labor na proteción da ría"). Despídome polo momento, un saudo e moitas gracias por me ler.



sábado, 16 de abril de 2011

O cardo albino

Nesta ocasion foi un cardo (Galactites tomentosa) o que chamou a miña atención aparecendo esbrancuxado nun campeiro, destacando polo medio dos seus iguais.
Non é un caso escepcional xa que ainda que extraño, o branco entra na variabilidade cromática da especie,sendo o máis normal encontralo en cor púrpura e distintos tonos rosados.

En fin un regaliño máis que nos fai esta primaveira tola. Sen máis un saúdo e gracias por me ler.