RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

terça-feira, 25 de junho de 2013

Notas de Maio do 2013 na comarca do Ortegal

1-05-2013 Ría de Ortigueira: 540 ex. de mazarico rubio(Limosa lappona) por Ladrido(Antonio Martínez)
2-05-2013 Ría de Ortigueira: destacar unhas 2000 limícolas grandes (mazaricos chiadores e mazaricos rubios) unhos 200 pilros gordos (Calidris canutus) 1000 pilros comúns(Calidris alpina) 5 carraos pequenos (Sternula albifrons) e 3 carraos comúns (Sterna hirundo) Ricado Hevia.

5-05-2013 Grañas do Sor: 1 ex. de pedreiro cincento (Antonio Martínez)
5-05-2013 Cariño:1 ex. de gralla pequena (Corvus monedula) por Cariño (J.Miguel Alonso)

6-05-2013 O Barqueiro: primeiros 6 cirrios comúns (Apus apus) na colonia de Mogor.

7-05-2013 Porto de Cariño: 1 exemplar de carrao rosado (Sterna dougallii)e 1 e un exemplar de cegoña negra(Ciconia nigra) Pablo Gutiérrez, Damián Romai, David Calleja, Berto Monteagudo e Ricardo Hevia.
Fotorafia de Pablo Gutiérrez para ver máis entrar en
http://travellingbirds.blogspot.com.es/2013/05/charran-rosado-en-carino-making-off.html
Fotorafia de Pablo Gutiérrez  para ver máis entrar en
http://travellingbirds.blogspot.com.es/2013/05/charran-rosado-en-carino-making-off.html

Foto de Ricardo Hevia. 
8-05-2013 porto de Cariño: continúa 1 exemplar de carrao rosado (Sterna dougallii) Ricardo Hevia e Antonio Martínez.
9-05-2013 Porto de Cariño: continúa 1 exemplar de carrao rosado (Sterna dougallii) Ricardo Hevia, Graciela e Manolo

9-5-2013 Barqueiro: primeira rula do país (Streptopelia turtur) alimentándose nun terreo de Mogor. Antonio Martínez.
10-05-013 Ría de Ortigueira: continúa 1 exemplar de carrao rosado (Sterna dougallii) pescando frente a cabalar. (Ricardo Hevia)
11-05-2013 O Barqueiro:primeiras Folosas Amarelas (Hippolais polyglotta) pola zona (Bares-Esteiro). Na praia de Esteiro tamén 1 exemplar macho de Picanzo vermello (Lanius collurio) e na Estaca de Bares unha lavandeira amarela(Motacilla flava) carretando material para o niño.(Antonio Martínez.)
12-05-2013 Grañas do Sor: 1 ex. de pedreiro cincento.(Antonio Martínez)
12-05-2013 Praia de Esteiro: continúa o macho de picanzo vermello.

13-5-2013 Ponte Segade: unha parexa de lavandeiras reais (Motacilla cinerea) carretando ceba para o niño. 
13-05-2013 Praia de Esteiro:continúa o Picanzo vermello. Tamén polo xuncal 1 falcón peregrino (Falco peregrinus) e un falcón pequeno(Falco subbuteo) Antonio Martínez.
15-05-2013 Praia de Esteiro: unha femia de picanzo vermello, agora temos unha parella pola zona (donde non criou o ano pasado) Antonio Martínez.
17-05-2013 Cabo Ortegal: un mascato adulto pousado nos aguillós. (Ricardo Hevia)

19-05-2013 Serra da Capelada:2 pedreiros cincentos.(Ricardo Hevia)

20-05-2013 Serra da Capelada: 1 pedreiro cincento. (Ricardo Hevia)

21-05-2013 Serra da Capelada: 5 ex de pedreiro cincento (Ricardo Hevia)

21-05-2013 Praia de Esteiro: cópula dos picanzos vermellos. (Antonio Martínez)

23-05-2013 Barqueiro: primera avenoiteira(Caprimulgus europaeus) por unha carretera de San Fiz. (Antonio Martínez)

25-05-2013 serra da Capelada:dous voitres negros(Aegypius monachus) misturados nun grupo de 60 (54+6) leonados. Tamén 1 ex. de pedreiro cincento.(Ricardo Hevia)
Foto de Ricardo Hevia
30-05-2013 Cabo Ortegal: dous machos cantores de picafollas común (P.collybita) Ricardo Hevia.

sábado, 1 de junho de 2013

Notas de Abril do 2013 na comarca do Ortegal

1-04-2013 praia de Esteiro: unha femia de azor caza unha gaivota patiamarela e a come na plaia. (Antonio Martínez)
 
3-04-2013 Barbos: 1 ex. de millafre negro (Milvus migrans) polos campos de Barbos.(Ricardo Hevia)

4-04-2013 Garita de Bares: primeiros 4 ♂ de pedreiro cincento(Oenanthe oenanthe ) do paso prenupcial alimentándose pola pista da Garita.( Antonio Martínez)

4-04-2013 Praia de Cariño: primeiros 8 pilros comúns (Calidris alpina) nupciais pola praia de Cariño. Tamén 3 ♂de pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe ) e a primeira Lavandeira amarela(Motacilla flava iberiae) Ricardo Hevia.

7-04-2013 Estaca de Bares: polo menos dous arroás moi preto da costa dirección oeste (Antonio Martínez)

8-04-2013 Ria do Barqueiro: entran na ría tres arroás (Tursiops truncatus) con síntomas de esgotamento estrés e algunhas feridas, posiblemente producidas por teren algún altercado con algunha arte de pesca, polo que dous dos exemplares (unha femia adulta + 1 xoven) non facían máis que arrimarse a orilla e varar mentres que outra femia adulta o evitaba empurrandoos e interpoñéndose entre eles e o areal. Neste caso os exemplares conseguiron recuperarse aparentemente, e a media tarde lograban sair da ría con certa vitalidade, polo que é de esperar que poidan recuperarse.

9-04-2013 praia de Esteiro: 1 ex. de xiropato (Morchella. esculenta var. dunensis)Antonio Martínez.


10-04-2013 Praia de Esteiro: 1 exem. de papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) alimentándose no pinar, tamén primeiras picas das árbores (Anthus trivialis) realizando voos nupciais. (Antonio Martínez)

10-04-2013 praia de Morouzos: un total de 9 pedreiros cincentos polas dunas da praia. tamén están floreadas a flores da araña (Ophrys araneola) Antonio Martínez.

12-04-2013 Serra da Capelada: primeiro merlo do papo branco (Turdus torquatus) do paso prenupcial pola comarca e 1 ex. de millafre negro (Milvus migrans) Ricardo Hevia.
 
12-04-2013 Praia de Morouzos: 2 ex. de xiropato (Morchella. esculenta var. dunensis)Antonio Martínez e Ricardo Hevia
14-04-2013 Serra da Capelada: polo limo 1 merlo do papo branco (Turdus torquatus) 1 ex. de millafre negro (Milvus migrans) e 8 picas dos prados (Anthus pratensis) algo tardías , pola Herbeira 2 merlos máis (posiblemente os mesmos que antes mirara Alberto Monteagudo) e unha pica de Richard (Anthus richardi) voando cara o norte e reclamando. Segue floreando algunha xanzá (Gentiana verna). (Ricardo Hevia e Antonio Martínez)

14.04-2013 Serra da Capelada:pola Herbeira 2 merlos do papo branco (Turdus torquatus) Alberto Monteagudo,

15.04-2013 Serra da Capelada: polo limo 1 merlo do papo branco (Turdus torquatus) e 4 machos de pedreiro gris (Oenanthe oenenthe) Ricardo Hevia.

15-04-2013 Bares: pola garita de Bares 12 machos de pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe ) pola Estaca a primeira lavandeira amarela (Motacilla flava) macho, de tempada pola zona. (Antonio Martínez)

15-04-2013 O Barqueiro: un ex. de bubela (Upupa epops)alimentándose nunha zona de horta (Antonio Martínez)

16-04-2013 Serra da Capelada:. pola Herbeira 2 merlos do papo branco (Turdus torquatus) Ricardo Hevia.

17-04-2013 Serra da Faladoira: a media mañá primeiros boitres leonados do ano pola serra da Faladoira, 21 ex. comendo os restos dunha vaca. (Antonio Martínez)

17-04-2013 Serra da Capelada: 1 ex. de merlo do papo branco (Turdus torquatus) Ricardo Hevia e David Calleja.

17-04-2013 Serra da Faladoira: pola tarde un total de 40 ex. de voitre leonado pola serra. (Ricardo Hevia)

21-04-2013 Serra da Capelada:21 ex. de voitre leonado (Gyps fulvus) e un exemplar de Voitre branco (Neophron percnopterus) aparentemente adulto (Ricardo Hevia)

21-04.2013 Pedreiros cincentos (Oenanthe oenanthe): 6 ex. na garita de Bares. 4 ex. no porto de Bares. 5 ex. en Ladrido.

21-04-2013 San Claudio: 1 ex de terreira común (Calandrella brachydactyla) alimentándose por unhos prados preto do campo de fútbol de S. Claudio. (primeira cita para a comarca) Antonio Martínez.
22-04-2013 San Claudio: continua 1 ex de terreira común Calandrella brachydactyla alimentándose polos prados preto do campo de fútbol de S. Claudio (Antonio martínez e Ricardo Hevia)

quinta-feira, 9 de maio de 2013

Notas de Marzo na comarca do Ortegal

2-03-2013 / Ría de Ortigueira: 1 ex. de Cigoña blanca. (Ciconia ciconia). continúan os tres patos brancos (Tardona tardona)


3-03-2013 / praia de Cariño: continúa o ex. prim.inverno de gaivota cáspica (Larus cachinnans) que está a invernar pola zona (Antonio Gutiérrez)


6-03.2013 / Praia de Bares: 1 ex. de prim.inverno de gaivota cáspica (Larus cachinnans) Antonio Martínez.



7-03.2013 / Praia de Bares: 1 ex. de gaivota arxentea norteña (Larus argentatus argentatus) un fermoso exemplar que estivo na praia do Matadoiro, Suevos (Arteixo) dende o 6 o 27 de Febreiro. Continua, 1 ex. de prim.inverno de gaivota cáspica (Larus cachinnans) Antonio Martínez.



8-03-2013 / Cabo Ortegal: 1 macho cantor de merlo azul (Monticola solitarius)e continúa polo menos un ex. de azulenta alpina (Prunella collaris) Ricardo Hevia.


8-03-2013 / O Barqueiro: escoitado o primeiro picafollas ibérico  (Phylloscopus ibericus) do ano. Tamén a primeira rula de fóra (Streptopelia decaocto) Antonio Martínez.


10-03-2013 / praia de Cariño: 2 Ex. de gaivota arxentea (L.argentatus) Ricardo Hevia.


10-03.2013 / Praia de Esteiro: 1 ex. adulto de gaivota arxentea (Larus argentatus) anelado como femia adulta o 25.5.2009 en Ty Coed, Vale Marais, GUERNSEY ( Paul Veron). Antonio Martínez.


11-03-2013 / praia de Cariño: continúa o ex. prim.inverno de gaivota cáspica (Larus cachinnans) que está a invernar pola zona (Ricardo Hevia)


13-03-2013 / praia de Cariño: continúa o ex. prim.inverno de gaivota cáspica (Larus cachinnans) que está a invernar pola zona, tamén unha gaivota tridáctila adulta sedimentada na praia. (Fernando Pereiras)


14-03.2013 / Praia de Bares: reapareceu o ex. de gaivota arxentea norteña (Larus argentatus argentatus) un fermoso exemplar que pasou na praia do Matadoiro, Suevos (Arteixo) dende o 6 o 27 de Febreiro (Antonio Martínez)


15-03-2013 / A capelada: primeiro ex. de anduriña (Hirundo rustica) Ricardo Hevia.


15-03-2013 / O Barqueiro: primeira anduriña (Hirundo rustica) do ano polo Barqueiro, tamén 1 ex de anduriña das barreiras (Riparia riparia) Antonio Martínez.


15-03-2013 / A capelada: xa andan en flor as xanzás (Gentiana verna) Xermán García Romai e Rafael López Loureiro.


17-03-2013 / Ría de Ortigueira: Aguia peixeira(Pandion haliaetus) pescando pola ría. (Oscar Llama)


21-03-2013 / Serra da Capelada: 3 ex. de escreibenta das neves (Plectrophenax nivalis) alimentándose pola vixía Herbeira. (Ricardo Hevia)



23-03-2013 / Cabo Ortegal: una parexa de merlo azul (Monticola solitarius) alimentándose polo cantil.(Ricardo Hevia, Manolo Carregal, Graciela Fernández e Antonio Martínez)
23-03-2013 / Peirao de Cariño: 2 ex. de Pilro escuro (Calidris maritima) Ricardo Hevia e Antonio Martínez.


23-03-2013 / Cabo Ortegal: 3 exemplares de Primula veris en flor (Antonio Martínez e Ricardo Hevia)


24-03-2013 / Estaca de Bares: 2 horas de obs. furabuncos (24 Puffinus mauretanicus, 4 Calonectris diomedea,8 Puffinus puffinus, 1 Puffinus griseus) 2 ex. de papamerdas (Stercorarius skua + Stercorarius parasiticus) 2 carraos comúns (Sterna hirundo) 120 álcidos. (Ricardo Hevia, Alfonso Valderas e Antonio Martínez)


25-03-2013 / Ría de Ortigueira: aguia peixeira pescando pola ría (Ricardo Hevia)

 

25-03-2013 / Cariño: unhos 60 pentumeiroscomúns (Melanita nigra) frente o porto de Cariño (Ricardo Hevia)


28-03-2012 / Ría do Barqueiro: 42 carraos (Sterna sandvicensis) na praia do porto do Vicedo. (Alfonso Valderas)