RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

quinta-feira, 27 de dezembro de 2012

Grou polo Barqueiro

Estos días atráis tivemos pola comarca unha agradable sorpresa, por algunha estrana razón os fortes ventos do suroeste que sopraron a mediados deste mes trouxeron consigo un grou (Grus grus) especie ben rara pola comarca e que en poucas ocasións se deixan ver por terras galegas.
Apareceu paseando polo regato da praia de Esteiro (O Barqueiro). Mentres estaba a mirar as gaivotas que cada baixamar se acercan pola praia, din en mirar cara a outra punta descubríndo entón a enorme silueta do páxaro.
Acerqueime un pouco para ollalo ben, ó pouco saíu voando cara a zona de xuncos onde pasou o resto do día.
Ó día seguinte continuaba pola mesma zona, primeiro polo areal e logo buscando comida polos campos que rodean a xunqueira.
Ó terceiro día xa non estaba pola zona, polo que pensei que marchara, a sorpresa foi cando unhas horas despois apareceu paseando por Monte Furado (frente ó porto do Barqueiro) recorrendo o areal un pouco desorientado.
Ó subir a marea perdeuse voando ría arriba, donde ficou polo menos ata o día 22 que a ollei por última vez pola zona de San Fiz.

Esta especie cría nas brañas, carrizais, montes boreais ou montes preto dos cursos de auga, nunha ancha banda entre Escandinavia e o este de Siberia, aparecendo tamén dous nucleos aíllados en Turquía e no Tíbet. Antigamente a especie criaba tamén no Sur de Europa desaparecendo maioritariamente entre os séculos XIX e XX, parece ser que as últimas noticias de cría en España foron na desaparecida lagoa da Janda, en Cadiz aló polos anos 1952-1954. Agora xa tan só como invernante, chega a finais outubro asentándose xeralmente  polo centro e todo o sudoeste da península Ibérica. Aliméntase de diversidade de vexetais, principalmente por zonas adehesadas e cultivos de cereais. A retirada ó atardecer e a chegada ó amencer dos durmidoiros é todo un espectáculo, do que aínda nunca disfrutei.

Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.

   
Acó deixo un achego moi completo sobre a especie.
Prieta, J. y Del Moral, J. C. 2008. La grulla común invernante en España. Población en 2007 y método de censo. SEO/BirdLife. Madrid.



2 comentários:

  1. Moi boas fotos Toñito, noraboa. O certo é que non deixa de ser curioso ver un grou camiñando pola praia ou ó pe dun porto. Imaxino a emoción que sentirías cando o viches. Estas son as cousas que a un lle alegran o día cando anda por ahí de paxareo. E si por riba lle podes sacar fotos tan boas coma estas, todo redondo.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias Enrique, pois si, a verdade e que foi todo unha sorpresa coa que non contaba, como dis non habitat curioso... as fotos aínda que un chisco escuras non me queixo, o mérito todo do páxaro que é moi grande, e así calquera....
    unha aperta e feliz ano.

    ResponderEliminar