RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

terça-feira, 11 de dezembro de 2012

Familia Alcidae

Araxo(Uria aalge)
Común en paso postnupcial pola Estaca de Bares, soen sedimentar varios exemplares polos portos e rías da comarca. Antano a especie criaba na Estaca de Bares e Ortegal ó igual que noutros puntos do Cantábrico, agora a especie está practicamente extinta como nidificante na península.
Araxo (porto do Barqueiro)
Araxo do patexo (Alca torda)
Ó igual que a especie anterior é común en paso postnupcial pola Estaca de Bares, tamén soen sedimentar varios exemplares polos portos e rías da comarca.
Araxo do patexo (porto do Barqueiro)
Cepphus grylle
unha soa cita de Ricardo Hevia o 26-11-2010 en paso pola Estaca de Bares.
Foto de Ricardo Hevia (Noruega)
Ghalo de mar (Bares) ou arao dos patexos (Cariño) (Fratercula arctica) 
Aínda que non tan abundante como as dúas primeiras especies tamén soe ser común en paso postnupcial pola Estaca de Bares. Ó contrario que as anteriores a especie non sedimenta (en circunstancias normáis) preto da costa.
Foto de Ricardo Hevia (Noruega)
Foto de Ricardo Hevia (Noruega)
pío da augha (Alle alle)
Moi escaso en paso postnupcial pola Estaca. Fai unhos anos (2001-2003) chegou a sedimentar algún exemplar no porto de Cariño pero coincidindo cun importante declive nas observacións desta especie a nivel nacional as sedimentacións neste porto fai anos que non se producen.
Foto de Antonio Gutierrez (porto de Cariño)

5 comentários:

  1. Boas meu...por Cariño chaman arao dos patexos á freiriña, digo ao galo do mar ou Fratercula arctica...iso me contaron os mariñeiros, disque por se manter de patexos.

    As freiriñas dende logo por acolá miranse moi pouco, ou nada. A única que ollei foi morta no areal de Vilarrube, nun inverno onde moitas apareceron mortas polo Cantábrico adiante.

    Seica Antonio Gutiérrez ollou e fotografou unha, esgotada ou malferida xa non lembro, en Cedeira. Haberá cousa de dez anos ou así.

    A seguir; unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Que tal Rafa, onte mesmo falaba iso con Ricardo, e estaba pensando que o mellor era poñer os dous nomes por seren propios da comarca. pareceume curioso o nome do mérgulo, o parecer recollido en Espasante.
    Recordo esa freiriña que ollaches, penso que lle adicaras unha entrada. algún xa nas últimas aparece pola costa, por sorte son máis abundantes pasando como centellas pola Estaca. Lástima que algún non se meta a pescar un pouco nas nosas rías teñen que ser unha gozada.
    Unha aperta Rafa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Dende logo que pío da augha é unha recuperación moi interesante. Mirei un hai anos polo porto de Cariño, medio arrimado ás areas da beira. E nunca máis. A ver se lle cae un ollo este ano.

      A cita e foto do Cephus grille do Mestre Ricardo é un privilexio. Os meus respetos agradecidos.

      UNha aperta.

      Eliminar
  3. Vaia fotazas que te sacaches, Toñito. Impresionantes. A verdade é que O Barqueiro é un lugar acojonante para afotar álcidos.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Graciñas Xabi, xa sabes que os álcidos son confiados e se deixan afotar, por outro lado como dis no Barqueiro ou no Vicedo soen estar preto,pra máis os pequenos peiraos soen ter moitos sitios a nivel do mar para facer fotos.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar