RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sábado, 30 de março de 2013

Familia Scolopacidae


Pilro gordo (Calidris canutus)
Invernante na ría de Ortigueira e frecuente nos pasos migratorios especialmente no postnupcial. (Fotografía de Álvaro Polo)


Pilro bulebule (Calidris alba)
Invernante escaso, común en ambos pasos migratorios, con máis efectivos no postnupcial.


Pilro ferruxento (Calidris ferruginea)
Escaso en ambos pasos.(Fotografía de Álvaro Polo)


Pilro escuro (Calidris maritima)
Inverna un pequeno grupo 10-15 aves no espigón de Cariño, entre novembro e maio. (Fotografía de Rafael López Loureiro Ao noroeste do Noroeste)






Pilro común (Calidris alpina)
Común nos pasos, como invernante está a sufrir unha importante regresión pasando de invernar máis dun milleiro na ría de Ortigueira a os 300-400 exem.actuais.
Pilro pequeno (Calidris minuta)
Especie moi escasa nos pasos migratorios. (Fotografía de Álvaro Polo)

Liorteiro (Philomachus pugnax) 
Citas esporádicas en paso na comarca. (Fotografía de Álvaro Polo)
Becacina pequena (Lymnocryptes minimus)
Aínda que escasa na comarca, é regular como invernante escaso na ría (Barbos-Morouzos). (Fotografía de Pablo gutierrez, travelling birds)

Becacina (Gallinago gallinago)
Común como invernante, aumentando notablemente nas olas de frío. (Fotografía de Álvaro Polo)

Arcea (Scolopax rusticola)
Escasa pero regular como invernante. (Fotografía de Álvaro Polo)

Mazarico rabinegro (Limosa limosa)
Escasa en paso e como invernante.
Mazarico rubio (Limosa lapponica)
Moito máis abundante que limosa limosa,tanto en paso como na invernada.
Mazarico chiador (Numenius phaeopus)
abundante en ambos pasos e común durante o inverno.
Mazarico real (Numenius arquata)
Inverna un grupo dunhos 600 ex. na ría de Ortigueira con algúns veraneantes. Muy raro fora da ría.(Fotografía de Álvaro Polo)a fotografía non está feita por España.

Bilurico bailón (Actitis hypoleucos)
Frecuente como invernante na comarca.
Bilurico alinegro (Tringa ochropus)
Moi escaso nos pasos migratorios. (Fotografía de Álvaro Polo)

Bilurico escuro (Tringa erythropus)
Moi escaso en ambos pasos e invernan 1-2 ex. todolos anos na ría de Ortigueira.
Bilurico maculado (Actitis macularius)
Accidental. Unha cita de Alvaro Polo dun ex. que estivo dende outubro do 2005 ata abril do 2006. (Fotografía de Álvaro Polo)

Bilurico claro (Tringa nebularia)
Común en paso e como invernante

Bilurico pintado (Tringa glareola)
Moi raro, unha cita de Ricardo Hevia en septembro do 2008 na plaia de Cariño e outra en Ladrido (Ría de Ortigueira) de Luis José Salaverri Leiras (Fotografía de Ricardo Hevia)
Bilurico patirrubio (Tringa totanus)
Común en paso e como invernante.
Bilurico pariamarelo grande (Tringa melanoleuca)
un ex. dende o 25-11-2000, atopado por Luis Salaverri, o mesmo exemplar que 20 días antes encontraran na laguna da Frouxeira,Pablo Gutierrez, Pablo Pita e Edmundo Fraga. (fotografía do grupo sterna)
Virapedras (Arenaria interpres)
común en paso principalmente no postnupcial e menos frecuente como invernante, aínda que un pequeno grupo inverna en Cariño.
Falaropo bicogroso (Phalaropus fulicarius)
Regular en paso na Estaca de Bares entre agosto y decembro, con entradas a veces nos portos con fortes temporales de mar.
Bartramia longicauda
Accidental. Tan só unha cita de Ricardo Hevia e miña no aparcadoiro do observatorio da Estaca de Bares.

Moitas gracias a Pablo Gutiérrez, Antonio Gutiérrez, Ricardo Hevia, Rafael L.Loureiro e a Álvaro Polo por me prestar parte das fotografías, moitas delas de especies moi escasas nesta comarca, polo que non é doado podelas afotar, a Álvaro en especial porque tivo que remexer no seu inmenso arquivo de fotos da era analóxica, e preperarmas para poder metelas nesta lista.
E a Ricardo por axudarme sempre coas listas de páxaros.
Mil gracias.
 

8 comentários:

  1. Buena entrada y buenas fotos!!!! La del maculado genial. Mira lo de los dos mazaricos real.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas! non me dera conta dos mazaricos...do Maculado, Álvaro ten fotos dende que chegou ata que marchou, co que se pode ver toda a transformación dende a primeira pintiña negra ata esta última imaxe feita pouco antes de marchar, unha documento xenial.
    Un saúdo Fernando.

    ResponderEliminar
  3. Magnífica recopilación de fotos, Toñito. Persoalmente góstame moito a segunda do Falaropo, con esa textura tan densa da auga.
    Outra cousa. Xa sabes que controlo bastante isto dos números en Ortigueira, e eu de ti faría un par de matizacións:
    - Calidiris alpina. Pois, sendo algo común aínda, dentro do que cabe, penso que deberas remarcar o declive alarmante dos seus efectivos invernantes, pois pasou de contar con cifras superiores ao millar a apenas 300-400 individuos. E iso supoón apenas o 25-30% do que había (penso que as diferentes publicacións existente non reflicten moi ben esta realidade)
    - Lymnocriptes minimus. Eu non diría que é "moi escasa". Máis ben difícil de detectar. Pero é raro que nunha internada por Ladrido en inverno non levantes algunha (este ano, foi unha desas excepcións e non me saíu). Eu citaríaa coma invernante regular... en pequeno número.
    - Numenius phaeopus. Neste caso eu case poñeríaa coma invernante común e migrante moi común. Os seus números actualmente son parecidos aos de L.lapponica (este ano por exemplo 95 ex, frente a 129 de L.lapponica). Coa diferenza que o seu número en relación ao continexente ibérico é moito máis importante, por tratarse dunha limícola escasa nesa época nas costas ibéricas. Pensa que, quizá, Ortigueira sexa a localidade máis importante agora para a invernada da especie na España peninsular.
    - Numenus arquata. Podes quitar sen medo o de "máis ou menos". O seu número é extremadamente regular, situado arredor dos 600 bichos. Pero é un censo complexo, debido ao número e á variabilidade dos pousadoiros en función do tipo de marea, polo que os datos publicados non sempre corresponden co total. Pero anda sempre bailando arredor deses 600 bichos, podes crerme.
    E graciñas pola entrada, realmente preciosa.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Gracias a tí Xabi polas matizacións que me parecen moi interesantes, certo que teño lido nalgunha das túas entradas sobre a Ría de Ortigueira nas que comentas o descenso dos C. alpina, paréceme importante matizalo.
    No caso de L.minimus tes razón no que ten que ser máis abondosa do que parece xa que é dificil de levantar, como dis, na zona de Ladrido seguramente é invernante regular, pero no contexto de toda a comarca é moito menos común (aparentemente polo menos)de ahí que poña "moi escasa e logo matice o caso da ría" agora o poñerei máis exacto.
    Ós mazaricos quítolle ese máis ou menos ós reais e puntualizo esos chiadores. poño menos abundante na invernada porque eu no paso prenupcial conto un bon número de exemplares en paso especialmente na praia de Esteiro (unhos 250 ex. o ano pasado), por eso poñía menos abundante na invernada...o caso é que esos conceptos de regular, común, abundante,...poden ser un pouco subxectivos e igual non se entenden ben se non se acompañan de números, polo que agradezo moito as túas puntualizacións. Graciñas polas aportacións Xabi, canto máis exacto se poñan estas cousas máis útiles poden ser.
    Unha aperta Xabi.

    ResponderEliminar
  5. Pois se queres datos xa che digo que teño censado máis de 500 chiadores na ría, a finais de Abril-primeiros de Maio (o pico de paso). E considero que poden chegar a xuntarse perto de 1000 exemplares nesas datas (moitos utilizan a ría coma durmideiro e a abandonan de madrugada, cando non hai luz apenas, e non se poden ver; só os podes escoitar cando saen voando en grupiños)
    O da becacina xorda, no contexto comarcal, sí que tes razón que deber ser máis escasa (eu pensaba só en Ortigueira, perdoa)
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  6. Con respecto ao da terminoloxía "común", abondante", etc.. tes razón que é u asunto complexo. O mellor é consultar referencias a nivel rexional (sexan a nivel galego, estatal ou europeu). Para unha persoa que nunca veu unha limícola, a visión dun bando de 100 C.alpina pode ser algo chamativo. Pero se vai a O Grove e ve 6.000, pode alucinar; e se vai a Holanda e ve 100.000 xa queda tonto de todo.

    O mellor é, na miña opinión, tomar coma referencia o contexto peninsular. Para iso temos algún libro moi interesante. Non sei se coñeces "La invernada de aves acuáticas en España", de Ramón Martí e Juan Carlos del Moral, publicada polo Ministerio de Medio ambiente. Trae un CD con todos os censos realizados entre 1990 e 2000, creo, así de memoria. Que conste que ten algúns erros moi gordos (como 106 T. erythropus ou 1133 C.alba invernando en Ortigueira) pero en liñas xerais paréceme un libro imprescindíbel. Con el has ter unha visión moi aproximada da invernada de acuáticas, para poder facer comparacións.

    ResponderEliminar
  7. Si coido que tes razón, realmente a miña intención e facelo dentro dun contexto peninsular, non teño o libro pero voume facer con el, que é moi interesante.
    Graciñas.

    ResponderEliminar
  8. Por certo, estanme a fallar as ventanas de listas laterais e non me deixa actualizar nada dende fai moitos días,a das notas do Ortegal medio o amañei cambiando para un gadget que parece que furrula, polo que puiden ver é un problema de blogger así que non queda outra que esperar, en canto se amañe añadirei as familias, os videos e as cousiñas novas.

    ResponderEliminar