RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

terça-feira, 12 de março de 2013

Notas de Febreiro do 2013 na comarca do Ortegal


  • 2-02-2013 / Estaca de Bares:2 horas e 30 minutos de observación, unhas 3000 gaivotas tridáctilas (Rissa tridactyla), 25 gaivotas enanas (Hydrocoloeus minutus) 2 Mergos cristados (Mergus serrator) 12 Furabunchos baleares (Puffinus mauretanicus) 35 papamerdas grandes (Stercorarius skua) bon paso de alcidos. (Ricardo Hevia)
  • 2-02-2013 / Cariño: 30 pentumeiros comúns (Melanita nigra) capeando o temporal.(Ricardo Hevia)
  • 3-02-2013 / porto de Cariño: continúa o ex. de gaivota cáspica anelada na colonia mixta de Kozielno, POLONIA (Antonio Gutiérrez) gaviotas y anillas
  • 4-02-2013 / Ría de Ortigueira: continúan pola ría os 2 exe. cisne cantor (Cygnus cygnus) xoven + adulto e un 1 exe. xoven de cisne vulgar (Cygnus olor) 2 Mergos cristados (Mergus serrator) 13 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis) e 20 cullereiros (Platalea leucorodia) Ricardo Hevia & Antonio Martínez

  • 4-02-2013 / Porto de Cariño: 1 adulto + un 1º inverno de gaivota cana (Larus canus). Ricardo Hevia & Antonio Martínez
  • 6-02-2013 / Estaca de Bares: boísimo paso de gaivota tridáctila, nunha hora de observación un total de 4300 ex. (Antonio Martínez) (poñer o video a maior resolucción na rodiña de abaixo a dereita xa que non ten demasiada calidade)
  • 7-02-2013 / Ría do Barqueiro: no porto do Vicedo continúa o gaivoto (Larus marinus) BLANCO R:N6C anelado por Julien Gernigon como pito o 11.7.2012 na Reserva Natural de Lilleau des Niges, Isla de Rè, Charente-Maritime, FRANCIA. (Antonio Martínez)
  • 7-02-2013 / Porto de Cariño: 2 ex. de gaivota tridáctila. continua 1 adulto de gaivota cana (Larus canus) e a gaivota acaspicada anelada en Polonia. (Ricardo Hevia & Rafael López loureiro). Deixo unha entrada de Rafael sobre este animal no seu blog Ao noroeste do Noroeste
Fotografía de Rafael López Loureiro
  • 8-02-2013 / Praia de Cariño: 1 ex. de 1º inverno de gaviota tridáctila (Rissa tridáctyla) cun anzó .(Pepe García Vizoso) Máis fotos do ex. no blog de Pepe García FERROLTERRANATURA
Fotografía de Pepe García Vizoso.
  • 9-02-2013 / Ria de Ortigueira: Continúan os tres ciños (2cantores+1 común) pola ría de Ortigueira (Antonio Martínez) (poñer o video a maior resolución na rodiña de abaixo a dereita)
  • 10-02-2013 / Porto de Cariño: aparece pola plaia da Concha a gaivota cáspica que está a invernar pola zona (Cariño-Cedeira-Pantín) Antonio Gutiérrez . gaviotas y anillas
  • 11-02-2013 / Ría do Barqueiro: no porto do Vicedo 1 ex. de gaivoto (Larus marinus) cun sedal saíndolle polo pico, continúa o Larus marinus BLANCO R:N6C anelado por Julien Gernigon como pito o 11.7.2012 na Reserva Natural de Lilleau des Niges, Isla de Rè, Charente-Maritime, FRANCIA. Tamén 10 ex. de pentumeiro común (Melanita nigra) Antonio Martínez. 
  • 12-02-2013 / Ría de Ortigueira:continúan os tres ciños que están a invernar, 8 pentumeiros comúns (Melanita nigra), 12 Platalea leucorodia, 12 Podiceps nigricollis, 3 ex.de Podiceps cristatus, (Ricardo Hevia)
  • 14-02-2013 / Ría de Ortigueira: 2 Mergus serrator,4 Casmerodius albus,14 Podiceps nigricollis, 14 Platalea leucorodia, 2 Cygnus cygnus,1 Cygnus olor, 2 Podiceps cristatus, (Ricardo Hevia)
  • 16-02-2013 / Ría de Ortigueira: 6 Mergus serrator, 3 ex. de Pato branco (Tadorna tadorna) Ricardo Hevia
  • 16-02-2013 / Cabo Ortegal: seguen 2 ex de azulenta alpina (Prunella collaris) Ricardo Hevia
  • 17-02-2013 / Praia de Cariño: continúa a gaivota cáspica (Larus cachinnans) Antonio Gutiérrez  gaviotas y anillas
  • 21-02-2013 / Ría de Ortigueira: 1 ganso de cara negra (Branta bernicla bernicla) 6 Mergus serrator, 3 ex- de Pato branco (Tadorna tadorna) Ricardo Hevia
  • 25-02-2013 / Ría do Barqueiro: continúa o Larus marinus BLANCO R:N6C anelado por Julien Gernigon como pito o 11.7.2012 na Reserva Natural de Lilleau des Niges, Isla de Rè, Charente-Maritime, Francia e  3 Podiceps nigricollis (un deles en plumaxe nupcial) Antonio Martínez.
  • 25-02-2013 / Ría de Ortigueira: 4 Melanita nigra. 2 ex. de Podiceps cristatus, 6 ex. de Podiceps nigricollis, 2 ex. de 1ºinv. de gaivota cana. 6 Mergus serrator, 11 Platalea leucorodia, 2 Cygnus cygnus,1 Cygnus olor, 1 ex. de Gavia immer. 1 ex. de Tringa erythropus,(Antonio Martínez pernas)  (O video ten un erro na data, está feito o 25-02-2013) Poñer o video a maior resolucción na rodiña de abaixo a dereita
  • 26-02-2013 / Serra da Capelada: un Bando de 25 escribentas das neves (Plectrophenax nivalis) pola Vixía Herbeira (Ricardo Hevia)
  • 26-02-2013 / concello de Mañón: polas Grañas do Sor comenzaron a florecer os afrouxós (Narcissus minor L. subsp. asturiensis),polas zonas baixas do Sor os narcisos brancos (Narcissus triandrus subsp. triandrus) e polos pasteiros das zonas baixas As Calzas de cuco (Narcissus bulbocodium). tamen empezan a alumbrar os primeiros asfodelos (Asphodelus albus) Antonio Martínez

2 comentários:

  1. Impresionante... Todo isto da para facer un anuario só coas "Cousas do Norte". Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Enrique, aquí o mérito e da xente que se move pola zona e me manda ou me deixa usar as súas citas e fotos.
    Nuns días co permiso dos autores comezarei a meter no NOG todas aquelas citas que non esteñan incluídas e así facer que toda esta información seña útil.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar