RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

quarta-feira, 20 de julho de 2011

ACORAZADOS

Os coleópteros forman o grupo máis amplio de toda a natureza (375.000 especies), caracterízanse por seren insectos mastigadores e por ter dous pares de ás, unhas denominadas élitros que están endurecidas para protexer o segundo par, membranoso e plegado que utilizan para voar. Presentan metamorfosis completas con larvas compodeiformes (aplanadas) ou con forma de eiruga.
Na nosa comarca podemos atopar unha grande cantidade de coleópteros pertencentes a diversas familias, pero se un ten que ser o rei, sen dúbida, será o escornabois (Lucanus cervus)

Lucanus cervus

Pertence a familia Lucanidae, sendo o coleóptero máis grande de Europa. teñen un marcado dimorfismo sexual tendo os machos unhas impoñentes mandíbulas e un maior tamaño que as femias.
Dimorfismo sexual.

Estas poñen os ovos nos troncos de caducifolias en descomposición en especial de carballos, estes eclosionan nun par de semanas, penetrando as larvas no tronco, donde se alimentarán con gran voracidade os seguintes 5 anos, podendo alcanzar os 10 cm de longo. Pasado este tempo constrúe unha cámara ó final dunha das galerías, donde se producirá a metamorfose, esto pensase que sucede no outono, hibernando entón na propia cámara, para emerxer como adulto na primaveira-verán do ano seguinte.
A súa existencia como adulto é curta non pasando do mes de vida, tempo que ocupa en intentar aparearse e alimentarse de saiva e do zume de frutas en descomposición.

Desencontros entre machos.



Detalle das mandíbulas do macho.
Nin que decir ten que esta especie está en grave recesión en toda Europa sendo xa unha rareza en moitos puntos. As causas, o de sempre, perda de hábitat (sobran as palabras), a caza para coleccionistas particulares e os pesticidas. Na nosa bisbarra eu so poido aportar datos do concello de Mañón donde no que vai de ano puiden observar un total  de 43 exemplares dos cales só 13 eran femias (sen descartar que algún fose contado en máis dunha acasión). Este ano tiven a sorte de poder obsevar dúas cópulas, unha que non superou os 30 minutos e outra de máis de dúas horas.
A pesar de atopar varios machos enfrentados non observei ningunha pelexa como tal, parecendo tan só accións de carácter intimidatorio, aínda que tamén se poden enfrentar coas súas mandíbulas ata que un perde o equilibrio caéndo dunha rama ou quedando revirado.
O escornabois é unha especie "protexida", estando incluída no anexo II da directiva hábitats, no II do convenio de Berna e como especie de interés especial en España.
Cópula.

Outro acorazado que podemos atopar pola nosa terra é o escarabello mimotauro ou cornudo das bostas (Typhaeus typhoeus)
Macho de Typhaeus typhoeus

Pertence a familia Geotrupidae.
Neste caso tamén o dimorfismo sexual é importante, tendo o macho unhas características protuberancias en forma de cornos moito maiores que as femias.
Viven en zonas arboladas e aliméntanse de excrementos especialmente de coello, ovellas e corzos.
Escarban grandes madrigueiras ó pé dos escrementos nas que depositan os seus ovos, en torno a 12, tan só un por galería, deixando unha pequena cantidade de escrementos ó alcance da larva, logo tapan a entrada e os adultos morren. A diferencia da maioría dos coleópteros galegos estes entran en actividade no inverno pasando un periodo de estivación no que permanecen no interior da madrigueira aletargados.
Non sei da abundancia destos escarabellos na nosa comarca posto que só puiden observar un par deles na miña vida.


Longuicornio negro e dourado (Leptura aurulenta)

Leptura aurulenta (femia)

Especie que pertence a familia cerambycidae.
Ten un dimorfismo sexual importante, neste caso as femias son visiblemente maiores e con antenas douradas mentres que o macho é menor e de antenas negras. Ó igual que o escornabois pon os ovos sobre a madeira morta das caducifolias, as larvas xilófagas aliméntanse da madeira morta durante tres anos para logo facer a metamorfose nunha cámara e emerxer no verán como adultos.

Soe frecuentar flores aínda que é máis habitual atopalo en paos e tocóns.


Xa para rematar esta entrada nomear outro Cerambycido, o Prionus coriarius xa mencionado neste blog e que estas semanas tiven a sorte de atopar en dúas ocasións, ambas á media noite e revoloteando cerca das farolas.



Sen moito mái que engadir despídome polo momento, moitas gracias a todos por me ler.


4 comentários:

  1. Marcos Méndez está a recoller mostras de Lucanus cervus para un estudio xenético da especie. Hai un protocolo colgado en internet. Se buscades o seu nome no google seguro que sae, asi como uns pequenos artigos para aficionados naturalistas sobre estadística básica e como facer artigos científicos moi interesantes.
    Unha aperta Toñito!

    ResponderEliminar
  2. Muy buenas fotos de coleopteros, sobretodo Lucanus cervus y Typhaeus typhoeus que tienen esa forma tan peculiar. Un saludo!

    ResponderEliminar
  3. Esta entrada pasáraseme...os meus parabens Antonio...as fotos da cópula de Lucanus están moi ben, non é nada fácil dar co intre, (eu particularmente na vida)e aprecíase perfectamente o que se ten que apreciar.
    As lepturas e todos os cerambícidos son unha fermosura natural, dos meus preferidos. Non deixes de subir bichería.
    Saúdos e de novo,parabéns.

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias pola información Rubén.
    Gracias`por comentar Conry, saludos.
    Graciñas Rafael,non,non de seguro que a bichería seguirá aparecendo por este blog, e como non, os cerámbidos, tamén dos dos meus preferidos. un saúdiño.
    Toñito

    ResponderEliminar