RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

quinta-feira, 29 de dezembro de 2011

PAXARADA NAVIDEÑA

Fin de semana navideño e tamén paxareiro, animado pola climatoloxía tocou dar unhas voltas pola zona, mirar se a bichería estaría tamén de festas.
O sábado pola mañá fun dar unha volta por Ortigueira, a ría estaba preciosa. Non moi lonxe do muelle andaban un cento de patos culleretes, que chupeteaban polas pozas que deixara a baixamar.


                                                     


Tamén andaba por alí esa rareza da ría, o pentumeiro careto (Melanitta perspicillata), orixinaria de  Canada e Alaska e que parece que xa empeza a poñerse guapo, esperemos que non marche e poidamos velo co traxe de gala.


Tamén se deixou retratar un archibebe claro (Tringa nebularia). Nunca fora quen de quitarlle unha foto con xeito.



Lóxicamente había moitas máis especies que non fotografiei, ben pola distancia ou ben por que algunhas como as garzas, archibebes comúns, cormoráns e ostreiros teñoas prohibidas ata que compre outra memoria externa. Teño un feixe de fotos deles, así que quedarán para ser protagonistas dalgunha outra entrada.

Antes de marchar para a casa tamén apareceu polo muelle esta vella conocida:

Unha lavandeira branca enloitada, (Motacilla alba yarrellii), típica das illas británicas, e que se distingue ben da nosa lavandeira branca polo seu dorso negro. Esta en particular xa a atopei en máis ocasións no mesmo sitio.



Xa dera a xornada paxareira por rematada e puxera o chip Noiteboa, cando me chama o compañeiro Xulio Villarino decíndome que o saír co coche en Bares atopara unha pequena ave mariña na estrada. Non facía por escapar, polo que a colleu e ma trouxo, era un paíño europeo (Hydrobates pelagicus), que ben por cansancio ou ben aturdido e desorientado polas luces acabara pola estrada.


O certo é que tampouco eu sabía moi ben que facer co animal polo que chamei a Ricardo Hevia, ó que xa lle sucedera isto noutras ocasións e que me indicou como facer co paíño. En fin todo un culebrón que acabou con meu irmán e conmigo na praia ás 9:15 da noite, nun intento de solta fallido no que o paxaro parecía estar falto de forzas, polo que decidín deixalo descansar unhas horas e soltalo de madrugada,


Así foi que ás 7:30 da mañá funno soltar á praia; saíu coma unha centella foi todo un alivio velo voar.
Ante todo darlle as gracias a Xulio por preocuparse polo animal e máis a Ricardo por indicarme como facer con el.


En fin, que o final entre a cea, a festa e o paíño, na Noiteboa non me tocou ir á cama máis que dúas horiñas, e xa postos nas oito da mañán decidín ir desaiunar algo e tirar de novo para Ortigueira (isto dos páxaros engancha moito)

Xa aló cun frío que pelaba, estiven disfrutando dos patos culleretes, pero desta vez acompañados dunhos coriosos individuos, un par de cullereiros (Platalea leucorodia).






A outra espátula estaba demasiado lonxe para lle facer unhas fotos decentes, pero estaba anelada, polo que tentei sacarlle unhas fotos as anelas para saber algo dela.


Mandeille as fotos a Antonio Gutierrez do blog gaviotasyanillas , un  blog sen desperdicio ningún, todo un fenómeno nisto das anelas e das gaivotas. Non tardou moito en poñerse en contacto con Otto Overdijk; coordinador xeral desta especie en Europa e contestarme mandándome a ficha desta, mil gracias Antonio.
O final a espátula foi anelada na Baixa Sajonia en maio do 2009 e curiosamente o mércores anterior (día 21) fora vista na Gironde en Francia. Impresionante o que se moven as aves.

De novo se deixou fotografiar o archibebe claro.

Finalmente ó redor das once e media decidín ir tomar un café por Bares e mirar se había algo polo porto, de camiño deixouse fotagrafiar un miñato (Buteo buteo) que  estaba pousado, como non, nun poste da luz.


Ó final de café nada, todo estaba cerrado, pero polo porto andaban pescando tres alcas (Alca torda) que me tiveron entretido.





E xa para finalizar o fin de semana á tarde tocou Estaca.
Alí estaba Ricardo Hevia co que xa disfrutara facía unha semana dun paso espectacular de varias especies. en especial gaivota tridáctila (Rissa tridactyla)7700, gaivota enana (Larus minutus)3026, e frailecillo (Fratercula arctica) 2126.
Este domingo, como decía Ricardo, co nordeste o paso sería mais ben de alcidos, e non se trabucou nada, poidemos disfrutar dun fermoso paso cos seguintes números:
204 araos (Uria aalge),318 alcas (Alca torda),84 alcaraos y 11 frailecillos (Fratercula arctica).

Poño unhas fotos de álcidos dos dous fins de semana.

Sen moito máis que engadir despídome polo momento, moitas gracias por me ler.

6 comentários:

  1. Magnífica entrada, Toñito. Encántanme as fotos do Buxato e as dos Alcas..
    E o de "un cento de A.clypeata" podes precisalo algo máis? (dentro de quince días toca censo e quero saber)
    Unha aperta
    PD: qué equipo tiñas, a todo isto? un 400?

    ResponderEliminar
  2. Boas xabi, o Sábado contei 93, dende a punta do muelle,con prismas, non sei se por lonxe habría algún Máis. Sacando un grupiño de 5 que andaban polo canal de enfrente o resto comían todos nas pozas da baixamar como aparece no video, o domingo non os contei, pero pareceume como o día anterior máis ou menos.
    O equipo e unha Nikon D3100 co Sigma 150-500, esta un pouco descompensado pero bueno...da o pego. un saúdiño xabi e moitas gracias por comentar.

    ResponderEliminar
  3. Ola Toñito!

    Excelente post, moi moi completo. E as fotos alucinantes.

    Parabéns!

    Feliz aninovo,
    Damián

    ResponderEliminar
  4. Boas Damian.
    Moitas gracias polo comentario, alégrome moito que te pasaras por acó que che gustara.
    Unha aperta e feliz ano.

    ResponderEliminar
  5. Pois a min tamén me gustaron moito algunhas fotos, a miña favorita a do culleireiro de fronte e amosando o enorme peteiro..eses brancos sen queimar son perfectos.
    A historia do paiño moi fermosa e as fotos na mao moi explicativas do tamaño.
    A seguir así, que da gusto.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. Moitas gracias Rafa, pouco a pouco e fedellando na cámara algunha foto ten que ir saíndo.
    Non seu eu se o paíño non parecerá máis pequeno do que é estando pousado na pedazo de man de meu irmán jeje.
    unha aperta Rafael.

    ResponderEliminar