RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sexta-feira, 20 de janeiro de 2012

ACORAZADOS (part.2)

Pois por acó sigo, nesta ocasión dándolle un repasiño a algúns dos nosos escarabellos.
Nesta entrada todos pertencen a familia cerambycidae, para min os máis fermosos de tódolos nosos acorazados.
Algúns escarabellos desta familia xa foron mencionados na primeira parte dos acorazados.


Tamén coñecidos como longicornios pola gran lonxitude que acadan as antenas en moitas das súas especies, os cerambycidos son unha familia composta por máis de 25.000 especies.
Son escarabellos polífagos que soen ter unhas cores que lles permiten mimetizarse co medio, pola contra un importante número destos, contan con cores aposemáticas que imitan as das abellas ou as vésporas (mimetismo batesiano), chegando a copiar tamén os seus áxiles movementos, confundindo así ós seus depredadores que os teñen por perigosos a pesares de non ser tal. 

Arophalus ferus (Mulsant, 1839) 
Lonxitude: 8-28mm.
Especie paleártica que podemos atopar en toda a península e nas Illas Baleares, en Galicia está presente en todas as provincias.
Aparece como adulto entre os meses de xuño e setembro, é unha especie de costumes nocturnas que frecuentemente se sente atraída pola luz.
As súas larvas aliméntanse da madeira seca das coníferas, producíndose a súa pupación a comezos do verán.

Arophalus ferus (O Barqueiro)
Arophalus ferus (O Barqueiro)

Arophalus ferus (O Barqueiro)

Arophalus ferus parasitado (O Barqueiro)

Plagionotus detritus (Linnaeus, 1758)
Lonxitude: 5-19mm.
Especie Euromediterránea que aparece distribuída por toda a península aínda que só no norte chega a ser abondoso, está asociado as masas de frondosas tendo unha marcada preferencia polos robledais. Os adultos aparecen entre abril e xullo movéndose entre os troncos mortos, con frecuencia aliméntanse das exudacións das frondosas enfermas ou feridas.
As súas larvas aliméntanse baixo a cortiza das ramas das frondosas, introducíndose no leño tan só cando lles chega a hora de pupar. 
A súa coloración aposemática non é máis que un disfraz de avéspora para despistar a posibles depredadores, posto que este escarabello é totalmente inofensivo. Sorprende especialmente nesta especie a velocidade nos seus movementos e a velocidade con que despega e aterriza nos troncos, dende logo, ollado dende lonxe non dá sensación de ser un escarabello.

Plagionotus detritus (O Barqueiro)


Cópula de Plagionotus detritus (O Barqueiro)

Plagionotus detritus (O Barqueiro)
Cópula de Plagionotus detritus (O Barqueiro)

Clytus arietis (Linnaeus, 1758)
Lonxitude: 5-15 mm
Especie euroasiática, común en toda a península, escepto en Andalucía donde parece non estar presente.
de novo o imago presenta as cores dunha avéspora para enganar ós depredadores.
As larvas desta especie son extremadamente polífagas alimentándose de infinidade de árbores, arbustos e prantas, estas pupan durante o inverno, emerxendo como adultos entre os meses de maio e agosto.

Clytus arietis (Praia de Bares)

Clytus arietis (Praia de Bares)

Cribroleptura stragulata (Germar, 1824)
Lonxitude: 10-15 mm.
Especie presente únicamente na península ibérica e na rexión pirenaica francesa, na península  falta tan só en Andalucía.
A súa gran variabilidade cromática deu lugar a máis de unha vintena de variedades. 
Os adultos sóen alimentarse de diferentes flores especialmente umbelíferas.
As súas larvas aliméntanse de troncos secos de coníferas, tarda dous anos en completar o seu ciclo, aparecendo os imagos entre maio e agosto.

Cribroleptura stragulata (O Barqueiro)

Cribroleptura stragulata (O Barqueiro)

Cribroleptura stragulata (O Barqueiro)

Rutpela maculata (Poda, 1761)
Lonxuitude: 14-20mm.
Nesta especie as distintas combinacións de cores, dan lugar a máis de oitenta variedades distintas repartidas por toda a rexión paleártica, dende Siberia ata a Península Ibérica, sendo moi abondosa na metade norte desta.
Sen dúbida esta é a especie que máis teño atopado pola zona, chegando a contar máis de un cento de exemplares tan só na praia de Bares nunha mañá.
Os adultos voan entre os meses de maio e agosto acudindo durante o día a alimentarse sobre distintas flores, especialmente umbelíferas.
As súas larvas aliméntanse da madeira morta de gran variedade de frondosas e ocasionalmente de coníferas, necesitando de dous anos para completar o seu ciclo.

Rutpela maculata (praia de Bares)
Rutpela maculata (praia de Bares)

Cópula de Rutpela maculata (praia de Bares)

Sinto ser tan pesadiño co tema, pero teño que teimar en que todos estos seres son altamente beneficiosos para os ecosistemas, ven como descompoñedores de materia nos seus primeiros estadíos, ven como polinizadores na súa fase adulta ou ven como fonte de alimento para infinidade de animais, que serán quenes finalmente teñan que manter o equilibrio, evitando así as temidas pragas. Pragas que por outro lado, non son máis que a resposta a unha mala xestión das nosas leiras e montes, nas que decidimos sustituir o traballo incansable e gratuíto de morcegos, micromamíferos, páxaros, anfibios, reptís...  por un caro producto químico do que dependeremos sempre e con peores resultados a larga.
Agora si... sen moito máis que engadir despídome polo momento un saúdo e moitas gracias por me ler.

5 comentários:

  1. Que fotos máis cucas! O plagionotus e o Arophalus fallan nas miñas colecciós...paréceme que nunha das fotos este último vai inzado de carrachas de cor amarela, nonsí? ou será algunha outra particularidade?... pole de flores por exemplo, xa que a cantidade de carrachas e tal que nunca mirei cousa igoal de inzamento nun coleóptero, algunha ca outra sí pro tantas sería un caso. Onde andaba?

    Bueno, Antonio, o que se dixo: unha cucada de fotos.
    A seguir.
    UNha aperta.
    Rafael.

    ResponderEliminar
  2. Boas Rafael, estás no certo, son todo carrachas, a min tamén me chamou a atención cando o atopei, non sei que tal lle iría.
    Todas as fotos dos Arophalos son de exemplares que aparecían polas farolas do Barqueiro cando fotografiaba as abelaíñas, era raro o día que non aparecía algún exemplar atontado pola luz.
    O dos Plagionotus é curioso, nunca vira ningún exemplar e un día apareceron dous nunha pila de leña na miña horta, durante dúas horas non pararon de chegar escarabellos, non os contei pero igual 30-40 exemplares que corrían freneticamente dun leño para outro, non sei...foi curioso.
    Bueno Rafa, unha aperta e moitas gracias por comentar.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas..dende logo o que levaba as carachas non me estraña que non poidera voar...o dos plagionotus, se me guío por unha das fotos xa me vou explicando pra que se axuntaban, seguramente atraídos polas feromonas dalgunha ou algunhas femias...non sei, son ideas ao pasar, pro ese comportamento parece inducido por algún atractor químico...bioquímico, claro.
      Saúdos.
      A mandare.

      Eliminar
    2. Pois sí, esa chegada "masiva" a min tamén me parece cousa de feromonas sexuais, eran varios os emparexados, de feito non me facían nin caso por moito que me acercara, eles ó seu...
      Xa algún estudioso se percatou de que a base de compostos fluorados se podía inhibir tales sustancias nos "insectos plaga"...non lles descansa a cabeciña.
      Un saúdo Rafa.

      Eliminar
    3. ...non, si a tactica do bromuro xa leva moitos anos inventada...
      Saúdos.

      Eliminar