RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

domingo, 1 de abril de 2012

DESASTRE NAS FRAGAS

Esta mañán como as noticias que a Xunta daba sobre a situación das fragas eran nulas, ou como se o fosen, decidín ir para alá.
Pouco se pode decir, as fragas están feridas de morte... un dano irreparable.
A sensación de impotencia que se sinte ó ver como se perde un dos maiores patrimonios naturais de Galicia e de todo o continente, cheirar o fume en que se convertiron ducias de especies protexidas, especies relípticas que atopaban nas Fragas do Eume un dos seus últimos refuxios.
Ver aparecer persoas que só queren sair na foto, e que rezan, pero non para que as fragas se recuperen, senón para que todo isto se olvide antes das próximas eleccións.
Saber que nunca naide pagará na súa xusta medida por esta atrocidade.
E aínda ter que escoitar decir ó amigo Frijolito, que plantando catro carballos e dous ameneiros o tema está solucionado, non señor Feijoó, isto non funciona como as súas políticas de faigo e desfaigo, isto teríase que ter evitado, ou polo menos minimizado, agora é tarde.



3 comentários:

  1. como nun xogo da oca macabro, de desastre en desastre, de ineptitude en ineptitude e tiro porque me toca...

    :_(

    ResponderEliminar
  2. So nos movemos cando xa se fixo a gran desastre, despois de tooodolos que xa leva habido. A ver se desta vez vai a vencida, e os políticos atenden a unha xestión de monte organizada e ben pensada polo pobo, que son os que saben!.
    Polo pronto resignación e esperanza.

    ResponderEliminar
  3. Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

    ResponderEliminar