RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sábado, 1 de junho de 2013

Notas de Abril do 2013 na comarca do Ortegal

1-04-2013 praia de Esteiro: unha femia de azor caza unha gaivota patiamarela e a come na plaia. (Antonio Martínez)
 
3-04-2013 Barbos: 1 ex. de millafre negro (Milvus migrans) polos campos de Barbos.(Ricardo Hevia)

4-04-2013 Garita de Bares: primeiros 4 ♂ de pedreiro cincento(Oenanthe oenanthe ) do paso prenupcial alimentándose pola pista da Garita.( Antonio Martínez)

4-04-2013 Praia de Cariño: primeiros 8 pilros comúns (Calidris alpina) nupciais pola praia de Cariño. Tamén 3 ♂de pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe ) e a primeira Lavandeira amarela(Motacilla flava iberiae) Ricardo Hevia.

7-04-2013 Estaca de Bares: polo menos dous arroás moi preto da costa dirección oeste (Antonio Martínez)

8-04-2013 Ria do Barqueiro: entran na ría tres arroás (Tursiops truncatus) con síntomas de esgotamento estrés e algunhas feridas, posiblemente producidas por teren algún altercado con algunha arte de pesca, polo que dous dos exemplares (unha femia adulta + 1 xoven) non facían máis que arrimarse a orilla e varar mentres que outra femia adulta o evitaba empurrandoos e interpoñéndose entre eles e o areal. Neste caso os exemplares conseguiron recuperarse aparentemente, e a media tarde lograban sair da ría con certa vitalidade, polo que é de esperar que poidan recuperarse.

9-04-2013 praia de Esteiro: 1 ex. de xiropato (Morchella. esculenta var. dunensis)Antonio Martínez.


10-04-2013 Praia de Esteiro: 1 exem. de papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) alimentándose no pinar, tamén primeiras picas das árbores (Anthus trivialis) realizando voos nupciais. (Antonio Martínez)

10-04-2013 praia de Morouzos: un total de 9 pedreiros cincentos polas dunas da praia. tamén están floreadas a flores da araña (Ophrys araneola) Antonio Martínez.

12-04-2013 Serra da Capelada: primeiro merlo do papo branco (Turdus torquatus) do paso prenupcial pola comarca e 1 ex. de millafre negro (Milvus migrans) Ricardo Hevia.
 
12-04-2013 Praia de Morouzos: 2 ex. de xiropato (Morchella. esculenta var. dunensis)Antonio Martínez e Ricardo Hevia
14-04-2013 Serra da Capelada: polo limo 1 merlo do papo branco (Turdus torquatus) 1 ex. de millafre negro (Milvus migrans) e 8 picas dos prados (Anthus pratensis) algo tardías , pola Herbeira 2 merlos máis (posiblemente os mesmos que antes mirara Alberto Monteagudo) e unha pica de Richard (Anthus richardi) voando cara o norte e reclamando. Segue floreando algunha xanzá (Gentiana verna). (Ricardo Hevia e Antonio Martínez)

14.04-2013 Serra da Capelada:pola Herbeira 2 merlos do papo branco (Turdus torquatus) Alberto Monteagudo,

15.04-2013 Serra da Capelada: polo limo 1 merlo do papo branco (Turdus torquatus) e 4 machos de pedreiro gris (Oenanthe oenenthe) Ricardo Hevia.

15-04-2013 Bares: pola garita de Bares 12 machos de pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe ) pola Estaca a primeira lavandeira amarela (Motacilla flava) macho, de tempada pola zona. (Antonio Martínez)

15-04-2013 O Barqueiro: un ex. de bubela (Upupa epops)alimentándose nunha zona de horta (Antonio Martínez)

16-04-2013 Serra da Capelada:. pola Herbeira 2 merlos do papo branco (Turdus torquatus) Ricardo Hevia.

17-04-2013 Serra da Faladoira: a media mañá primeiros boitres leonados do ano pola serra da Faladoira, 21 ex. comendo os restos dunha vaca. (Antonio Martínez)

17-04-2013 Serra da Capelada: 1 ex. de merlo do papo branco (Turdus torquatus) Ricardo Hevia e David Calleja.

17-04-2013 Serra da Faladoira: pola tarde un total de 40 ex. de voitre leonado pola serra. (Ricardo Hevia)

21-04-2013 Serra da Capelada:21 ex. de voitre leonado (Gyps fulvus) e un exemplar de Voitre branco (Neophron percnopterus) aparentemente adulto (Ricardo Hevia)

21-04.2013 Pedreiros cincentos (Oenanthe oenanthe): 6 ex. na garita de Bares. 4 ex. no porto de Bares. 5 ex. en Ladrido.

21-04-2013 San Claudio: 1 ex de terreira común (Calandrella brachydactyla) alimentándose por unhos prados preto do campo de fútbol de S. Claudio. (primeira cita para a comarca) Antonio Martínez.
22-04-2013 San Claudio: continua 1 ex de terreira común Calandrella brachydactyla alimentándose polos prados preto do campo de fútbol de S. Claudio (Antonio martínez e Ricardo Hevia)

2 comentários:

  1. Fermosas Xanzás, Toñito. Non sabía que o xénero Gentiana tiña presenza en cotas tan baixas.
    E sorprendente esa cita de calandriña pequena en San Claudio (vaste facer de ouro co teu "Big Year")
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Que tal Xabi, xa sabes que a Capelada vai por libre no mundo botánico, é o único lugar donde podemos atopar G.verna en Galicia, como dis especie de alta montaña que acó chega a medrar a tan só 50 msnm..., o que si podemos atopar facilmente en cotas baixas pola zona é G. pneumonanthe, pero esta florece no outono.
    Si que é curioso o da Calandriña, mirando as citas da especie por ferrolterra, Baldaio etc, parece que pode haber un "lixeiro paso" nesta época pola costa, igual francesas...non sei.
    O meu BY xa perdeu moito fuelle, entre o traballo e un pouco que teño que atender as prantas, a cousa relaxouse,pero bueno...como dicia meu avó: o caso é non lastimarse.
    Unha aperta Xabi.

    ResponderEliminar