RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

domingo, 30 de janeiro de 2011

OS VERANEANTES DA FALADOIRA

Como ando un pouco pobre de material fotográfico que considero importante para afrontar certos temas, vou tirar da memoria do meu ordenador para falar dun animal que nos últimos anos parece que se está a deixar ver cunha especial frecuencia por estas terras. Topei con el como me sucede case sempre por casualidade, cando viaxaba cara as Pontes, pola mañan cedo. Pouco antes de chegar ó Monte Caxado, apareceron o lado da cuneta unhas grandes aves que estaban a comer os restos dun animal morto, ó ver acercarse o coche saíron voando. Estaba abraiado, era un pequeno grupo de buitres leonados (Gyps fulvus), sete ou oito preciosos animais que se acercaran o chegar a primaveira pola serra da faladoira. Seguramente atraidos polos numerosos partos de gando que se dan pola zona nesa época, de cuios restos se soen alimentar, o caso e que a visión foi fugaz posto que rapidamente desapareceron e eu tiña asuntos que atender que non podía aprazar.

A verdade e que quedei abraiado pois non sabía que estes animais se deixaran ver por estas terras. Pasei todo o día dándolle voltas o asunto, esperando impaciente o retorno para ver se seguían por ali, de volta fixen o percorrido Caxado-Grañas do Sor máis lento da historia escudriñando cada penedo e mirando o ceo ca esperanza de atopar esa maxestuosa silueta. Ata que por fin despois de dar moitas voltas polas pistas, apareceron tres fermosos animais pousados nunhos riscos. Intentei fotografialos pero o movil.... en fin o final din feito un video bastante cativeiro pero bueno....menos da unha pedra, de todas maneiras penso que se adiviña máis ou menos o animal.


Isto sucedeu no ano 2009, e recordo que o chegar a casa busquei pola web noticias sobre avistamentos, parece que eu era o único que non me percatara da presencia destes fermosos páxaros polo norte. Ó parecer pola Gañidoira había unha gran colonia de 80 exemplares. http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/07/15/0003_6985871.htm

O ano pasado volveron deixarse ver, esta vez polas Grañas do Sor,asi que polo que parece temos unhos novos turistas pola zona, que nos alegran a vista dende a primaveira ata ven finalizado o verán, momento en que abandonan estas terras.

Sen máis remato esta primeira entrada, esperando este ano poderlles facer unhas fotos como Dios manda a estos fermosos carroñeiros, para poñelas por estes lares.



Sem comentários:

Publicar um comentário