RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sexta-feira, 4 de fevereiro de 2011

O tal Prionus

Este fermoso escarabello que apareceu pousado nun choupo, por terras do Barqueiro, é un macho de Prionus coriarius.


É un gran cerambycido,que pode chegar a medir ata os 45 mm, ten unha actividade nocturna ou crepuscular.


Aliméntase principalmente da madeira morta das cada vez máis escasas caducifolias da nosa bisbarra, polo que se sin ter coñecemento ningún da poboación nin da distribución deste espectacular escarabello pola nosa terra, case poido asegurar, que por desgracia non é moi abundante. E seguirá sin selo mentres entre outras cousas, non poñamos parada á cada vez máis abafante poboación de eucalypto.

E se por un casual a femia deste coleóptero atopa o tronco dun carballo morto poñerá os ovos na cortiza.
Unha vez que as larvas eclosionan, penetran e viven durante un breve periodo alimentándose baixo a cortiza, para máis tarde penetrar no tronco facendo galerías e alimentándose da madeira morta.
O seu ciclo de vida dura uns tres anos, e saen como adultos nos meses de verán.

Sen moito máis que decir e desexando que este escarabello siga revoloteando nas noites de verán desta bisbarra, despido esta nova entrada.
Un saúdiño e moitas gracias por me ler.




2 comentários:

  1. Boas Antonio...¡ que envidia! ¡ que gran rexistro! ¡Xa me gustaría telo nos meus arquivos! na vida omirei, a partir ddeagora irei polo Barqueiro cunha nova antena a ver se o dou detectado..¿andaba nos choupos, dis?..vaia vaia, así es que sirven para algo. Os meus parabéns
    A mandar
    Rafael, dende o noroeste do Noroeste.

    ResponderEliminar
  2. Que tal Rafael,se che son sincero, este é o único co que me atopei,polo que me parece a min que non será moi abundante tanpouco por estas terras,de todas maneiras este pasou dous días nesa mesma folla,se atopo outro e fai o mesmo aínda ma da tempo a decircho pa que o fotografíes,seguro que as túas fotos lle fan moita máis xustiza. o meu parecer un dos escarabellos máis fermosos.
    un saudiño Rafael.

    ResponderEliminar