Aínda que os exemplares albinos non son raros no mundo vexetal, sempre chama a atención topar con eles en estado silvestre. Nesta acasión tocoulle ó cáncaro (Primula acaulis subsp.acaulis) especie de floración tempraneira e fermosa, que nestas épocas adorna, prados húmidos, cunetas e zonas sombrizas de toda Galicia.
Estes exemplares albinos apareceron nun monte, ó carón dun pequeno regato, no Barqueiro, concretamente en Pumar de Vale.
Había máis ou menos vinte exemplares, dos cales, polo menos seis tiñan pétalos brancos, e non o típico cor amarelento.
Hai unha subespecie endémica de Mallorca, chamada prímula branca (Primula acaulis subsp. balearica) que se asemella bastante a esta nosa, cando aparece nesta cor.
Sen máis, despídome ata outra, moitas gracias por me ler.
No norte hai cousas marabillosas,eu que o coñezo ben, paréceme un recuncho fantástico, no que a natureza fixo un gran traballo e que na maioría dos casos aínda é bastante virxe, esperemos que poidamos seguir disfruntando desta marabillosa zona.
ResponderEliminarSeguireite con atención. Un saúdo.
A verdade e que si é fermoso,pena dos eucaliptos, que aparecen por todos lados... bueno,todo se andara.
ResponderEliminarGraciñas, Un saudo.