O leucismo é unha aberración que se produce con certa frecuencia en aves. Persoalmente teño observado só en merlos, aínda que fai unha semana puiden ver en Ferrol un exemplar de pega (Pica pica) co plumaxe totalmente blanco, non tiña a cámara, e só lle puiden quitar unhas fotos co móvil, malas pero...
No caso das prantas non fun quen de atopar unha denominación exacta para este fenómeno, posto que o albinismo se asocia a falta de melanina e as prantas carecen de tal sustancia, posuindo outras como os distintos tipos de clorofila a xantolina os carotenos, etc.
Polo tanto non me queda máis que de momento seguir utilizando este nome, aínda que por precaución o deixe entre comillas.
No caso das prantas os albinismos totais solen ser fatais. A falta de cor e polo tanto de clorofila provoca a imposibilidade de fotosíntese polo tanto a morte, non sendo que se trate de prantas holoparásitas, saprófitas e algunha outra excepción, xa que estas poden prescindir deste proceso.
Sen embargo os albinismos parciais son fenómeno bastante frecuente, afectando máis comunmente os órganos florais. Nesta sección descarto especies procedentes de xardinería obtidos vexetativanente, hibridación, etc.
Esta última semana que andiven na procura de orquídeas, e de paso tiven a sorte de poder fotografiar algúns casos destos "albinismos".
Os estalotes, dedaleras, (Digitalis purpurea) un albinismo que soe aparecer todos os anos por algures. Seis exemplares en non máis de 100 metros cadrados, no lugar da Devesa
Esta outra é unha tamborela ou brañoca, como lle chaman por acó a todas estas ericáceas que se utilizaban como estrume nas cortes.
Daboecia cantabrica atopada non arribazo nas Grañas do Sor
Comparación coa tonalidade de cor máis frecuente.Un albinismo frecuente nas nosas dunas é a do alelí das praias.
(Malcomia littorea) praia de Estiero (Barqueiro)
Comparación de cor.
E por último unha orquidácea que para iso andaba a elas, aínda que non contaba con esta curiosa sorpresa, neste caso Dactylorhiza elata,
Aínda ontes seguía medrando algunha nova aló por Mañón, mesturadas con outras coa súa cor común. Eran en torno a ducia de exemplares brancos, que mesmo me fixeron crer que se trataba doutra especie.
(Dactylorhiza elata) a carón da carretera de Mañón.
Comparación de cor.
Sen moito máis que engadir despídome polo momento,un saúdo e moitas gracias por me ler.
Ajah!no sabía yo que existían las "abrulas" (Digitalis purpurea)"albinas"....interesante!y el alelí....pensé que era así! jaja lo que es vivir en la ignorancia!
ResponderEliminarMoi boa! Si señor!
ResponderEliminarAnónimo dijo...Moitas gracias Rubén, unha aperta.
ResponderEliminarAbrulas...non coñecía ese nome, tomo nota, jeje o dos alelís de mar non ten perdón, co tempo que tes pasado na Arbosa ;)
Toñito.
Bea: Gracias Toñito!Fixéchesme repasar cousas que tiña olvidadas!!No caso das flores blancas penso que se debe a diferentes "fenotipos" que poden aparecer nunha mesma especie (coma quen ten ollos de cor marrón ou quen os ten de cor azurl), e no caso das flores blancas aparecen máis raramente porque son menos "vistosas" para os seus posibles "polinizadores". Así que, na miña humilde opinión, non lles chamaría albinas senon simplemente flores blancas. Bueno,como xa sabes, eu non son ningunha experta neste tema nin me dedico a él, así que mellor indaga un pouco máis para encontrar a mellor resposta e, se non che importa, publícaa para que a saibamos todos!
ResponderEliminarcomo no sabias ese nombre!de toda la vida les llamé así...ya preguntaré en mi casa de donde viene el nombre! pues si...no tengo perdón de Dios...ya me estás dando un cursillo acelerado en verano!
ResponderEliminarMoito teño aído falar a compañeiros aló en Lugo do corzo branco do Veral, pero a min nunca me tocou de velo. Hoxe polo menos vin a foto, así que gracias.
ResponderEliminarSaúdos
Boas Antonio...xa pouco me quedará por comentar a min cando me decida a ensinar os meus albinismos, por outra banda todos botánicos os que eu teño. A orquídea branca é unha cucada. Falta na miña coleción. E para máis miraches unha ducia. Imaxino a sorpresa e odisfrute. As outras son máis comúns. pro a pega e o corciño son ben raros. Por certo cómo acabou a historia? Morreu no Veral? Levárono para outrures?
ResponderEliminarA entrada da Aglia tau, moi boa...mandeiche un comentario pro no debeu de sair do meu ordenador...decíache o que che digo agora: que eu tamén teño fotos dun exemplar da Faladoira que alguén capturou(falta moita educación medioambiental) e mo amosou..era tamén unha femia...parece logo que debe de haber unha colonia pola Faladoira...sen dúbida é un dato moi interesante pra o estudo dos lepis da Galizia, pois efectivamente Agia tau, a parte de fermosa e rechamante e ben rara.
Saúdos e temos que quedar no monte.
Rafael (blogger segue sen deixarme firmar coa conta)
Que tal Bea, paréceme perfecta a túa explicación, ampliando: si este fenotipo (blanca) non é‘’tipo’’ da especie (nestos casos púrpuras), poderianse denominar corractamente como forma “alba”, de todos xeitos isto non deixa de ser unha anomalía, que ten un nome, neste caso, Hipocromía, que se produce por unha inhibición da síntese de antocianinas (pigmentos que presentan unha cor azul-púrpura) privando a planta da expresión dos seus cores típicos.
ResponderEliminarPor outro lado esta anomalía explicaría algo que sempre me chamou a atención, a de que case todos os casos que atopamos sexan de prantas “tipo” con estes tonos purpuras .
Total, que podemos chamar albinos os que anormalmente carecen de cor (follas, talo e flores) e que morren non curto periodo de tenpo, e que estos outros casos son denominados forma “alba”.
No caso dos insectos como curiosidade vin un artículo no que falaba de prantas con anomalías cloróticas como exemplares variegados, que non eran atacados polos seus depredadores, mentres que os exemplares comúns sufrían continuas mermas, de maneira que cos anos as formas variegadas pasaron a ser as típicas e as formas inicialmente típicas chegaron a desaparecer.
Moitas gracias bea, por darme un punto a partir do cal tirar, non esperaba menos de ti tendo un blanquito na casa ;)jeje un abrazo.
Cristela pregunta de donde sal o nome que é interesante, gracias.
Juan M.Tojeiro, moitas gracias por comentar, é unha pena que lle faltasen os cornos na foto xa que con eles contaronme que era impresionante. Saúdos.
Boas Rafael, de seguro que as contar moito interesante na túa entrada, para máis a túa forma de contalo ten algo especial, polo menos eu... non mo perdo.
As D. elata seguro que aínda queda algumha, se non, confiando en Mendel e as súas teorías para o ano ou o seguinte terían que sair de novo.
A pega era noviña e de seguro que sigue por alí xa que a foto é de fai unha semana no aparcamento do decathlon. O corzo ficou no veral penso que 3-4 anos e fimalmente morreu.
Non, non me chegou o comentario, de reguro que ten que haber unha colonia, mirei unhos videos delas voando e paréceme que moitas que pasan coma centellas o meu carón nas fragas poden ser Aglia tau.
Pois nada Rafael temos que quedar, gustariame que mirases unha cousa que me resultou curiosa cando menos o outro día na Capelada. Igual xa estás o tanto pero interésame a túa opinión.
O final case puxen máis agora que na entrada, jeje moitas gracias a todos por me comentar.
Toñito (ando co mesmo problema para firmar coa miña conta)
Boas Antonio,
ResponderEliminaraínda que hai tempo que son seguidora do teu blog nunca me decidira a comentarche nada, primeiramente quero felicitarte polo teu traballo, sempre me parecen moi interesantes os temas que tratas e este gustoume especialmente. Para alguén coma min sen coñecementos nestas materias (aínda que apaixoada observadora da natureza) sempre resultan didácticos á vez que amenos de ler.
Saúdos!
Moitas gracias Morgana, alégrome moito que che guste, en ocasiós un preguntase se a alguén lle estará a interesar canto escribo. sen dúbida as túas palabras e o resto de comentarios dan folgos para seguir co blog. un saúdo e moitas gracias.
ResponderEliminarToñito.
Que?? Unha pega toda blanca no ferrol, iso teño que velo. Oe!, non sería que pasou por riba de Reganosa, xusto cando desbotaban o gas.
ResponderEliminarMoi ben toñito, isto vai creçendo, e ese camarón estalo amortizando cabrón, bua! con copyright e todo que flipao ^_^.
Chema Díaz, (Georgetown University).
Que tal Chemiña!! pois si chico a pega blanca o ladiño da casa e ti... se a queres mirar segue no mesmo sitio polo menos a semana pasada estaba polo aparcadoiro do decathlon, a saída.
ResponderEliminarde paso poño na entrada unhas fotos que lle quitei o outro día.
o do copyright, jejeje eche floxiño seguro que co que pilotas nos aparatos estos, borras o nome e me pintas a pega de negro.
Chema Díaz, (Georgetown University)??jajaja a min paréceme que eres máis de GeorgieDann University ;) un saúdo Chema.