RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sexta-feira, 16 de dezembro de 2011

TEMPORAL

Ó final chegou o primeiro temporal da campaña, e aínda que por acó xa tíñamos que estar curtidos, o certo é que nos segue abraiando a forza con que o mar e o vento bate as nosas costas.

A plaia de Esteiro







Mirando dende a ría, a illa da Colleira tampouco parecía telas todas consigo



Dos seis pentumeiros comúns (Melanitta nigra) que están pasando o inverno na Ría do Barqueiro tan só dous apareceron onte, desafiando ó temporal.




Tampouco faltaba o mar pola Estaca



Nin as tolerías...




Pola praia do Picón e polos cantís, o mar estaba especialmente duro.











Pero como non, ata as ondas máis grandes eran desafiadas polas habilidosas gaivotas, que escudriñaban cada recuncho, sabedoras das riquezas que os temporais achegan á costa .








Pero non só para as gaviotas traía regalos o temporal, tamén a min me tocou algo...





Esta fermosa gaivota groenlandesa ou polar (Larus glaucoides).
Preguntarase ela, ó tempo que fai filigranas para manterse no aire, ¿para aturar isto me peguei eu tremendo viaxe?

Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.

12 comentários:

  1. Bonita serie de fotos Toñito, pos que non vimos o mar quedounos claro que non andaba de coña.Noraboa pola gaivota polar, Un saudiño

    ResponderEliminar
  2. Buenas Antonio

    En que zona viste la gaviota polar?Antes de ayer había una en Cariño pero viendo tus fotos,se trata de un ej. diferente.
    Si me das permiso la subo a Galiciaves.

    Saludos

    Ricardo

    ResponderEliminar
  3. Boas Pepe, pois si cando lle dá por petar non anda con coñas...A gaivota unha pasada... así sen contar con ela, e a carreira que me din para cambiar o obxetivo, lástima que xa se fora lonxe, un saúdo Pepe.

    Hola Ricardo, era xusto no Picón en Loiba as 11:30 foi cara Espasante, Mirei polas praias e non a atopei, e no muelle tanpouco, pensei si sería a mesma o ver a publicación de Antonio Gutierrez, pero polo que dis non é. En fin igual aínda aparece por algures, ou iso espero. Un saúdo. Ah Ricardo, podes subila sen problema.

    Gracias os dous por comentar.

    ResponderEliminar
  4. Góstanme moito as fotos en branco e negro do temporal, Toñito. Xa sabes que estou empezando nisto da fotografía, pero penso que lles dá máis forza ás fotos.

    E parabéns pola observación da Polar (ou Gaivota Groenlandesa Común Europea Occidental, ou como demo se chame agora, porque isto da taxonomía é moito....)

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Impresionantes Fotos Toñi, Todas!!

    ResponderEliminar
  6. Moitas gracias Xabi, tamén opino que o branco e negro potencia a imaxe, pra máis neste caso con mala luz penso que non lucían en cor.
    O da gaivota eu deixaríao en polar que é fácil e curto ¿non? jeje. Un saúdo xabi e gracias por comentar.

    ResponderEliminar
  7. Moi boas fotos, tiñas que haber sacado fotos ós surfistas que desafian as olas en Vares. Ainda así, gústanme moito. Enorme!
    Saúdos desde Ortigueira.

    ResponderEliminar
  8. moi boas fotos toñito.estes dias teu irman tivo vacacions,non creo que foran moitos furtivos a os percebes.noraboa polo blog non sabia que o tiñas.cris

    ResponderEliminar
  9. Boas, os surfistas querianme cobrar moito polos dereitos de imaxe e non me daba o presuposto, jeje, un saúdo e moitas gracias por comentar.

    Graciñas Cris, non sei eu...coas navidades á volta da esquina estrañame que algún percebeiro non se atrevera ;)

    ResponderEliminar
  10. Vaia pasada de entrada compañeiro!
    Unha aperta e feliz ano novo! Coidateme moito!

    ResponderEliminar
  11. Moitas gracias Rubén, feliz ano e moita sorte por Uk.

    ResponderEliminar