A plaia de Esteiro
Mirando dende a ría, a illa da Colleira tampouco parecía telas todas consigo
Dos seis pentumeiros comúns (Melanitta nigra) que están pasando o inverno na Ría do Barqueiro tan só dous apareceron onte, desafiando ó temporal.
Tampouco faltaba o mar pola Estaca
Nin as tolerías...
Pola praia do Picón e polos cantís, o mar estaba especialmente duro.
Pero como non, ata as ondas máis grandes eran desafiadas polas habilidosas gaivotas, que escudriñaban cada recuncho, sabedoras das riquezas que os temporais achegan á costa .
Pero non só para as gaviotas traía regalos o temporal, tamén a min me tocou algo...
Esta fermosa gaivota groenlandesa ou polar (Larus glaucoides).
Preguntarase ela, ó tempo que fai filigranas para manterse no aire, ¿para aturar isto me peguei eu tremendo viaxe?
Sen moito máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.
Bonita serie de fotos Toñito, pos que non vimos o mar quedounos claro que non andaba de coña.Noraboa pola gaivota polar, Un saudiño
ResponderEliminarBuenas Antonio
ResponderEliminarEn que zona viste la gaviota polar?Antes de ayer había una en Cariño pero viendo tus fotos,se trata de un ej. diferente.
Si me das permiso la subo a Galiciaves.
Saludos
Ricardo
Boas Pepe, pois si cando lle dá por petar non anda con coñas...A gaivota unha pasada... así sen contar con ela, e a carreira que me din para cambiar o obxetivo, lástima que xa se fora lonxe, un saúdo Pepe.
ResponderEliminarHola Ricardo, era xusto no Picón en Loiba as 11:30 foi cara Espasante, Mirei polas praias e non a atopei, e no muelle tanpouco, pensei si sería a mesma o ver a publicación de Antonio Gutierrez, pero polo que dis non é. En fin igual aínda aparece por algures, ou iso espero. Un saúdo. Ah Ricardo, podes subila sen problema.
Gracias os dous por comentar.
Góstanme moito as fotos en branco e negro do temporal, Toñito. Xa sabes que estou empezando nisto da fotografía, pero penso que lles dá máis forza ás fotos.
ResponderEliminarE parabéns pola observación da Polar (ou Gaivota Groenlandesa Común Europea Occidental, ou como demo se chame agora, porque isto da taxonomía é moito....)
Unha aperta.
Impresionantes Fotos Toñi, Todas!!
ResponderEliminarMoitas gracias Xabi, tamén opino que o branco e negro potencia a imaxe, pra máis neste caso con mala luz penso que non lucían en cor.
ResponderEliminarO da gaivota eu deixaríao en polar que é fácil e curto ¿non? jeje. Un saúdo xabi e gracias por comentar.
Graciñas Naty! un saúdo.
ResponderEliminarMoi boas fotos, tiñas que haber sacado fotos ós surfistas que desafian as olas en Vares. Ainda así, gústanme moito. Enorme!
ResponderEliminarSaúdos desde Ortigueira.
moi boas fotos toñito.estes dias teu irman tivo vacacions,non creo que foran moitos furtivos a os percebes.noraboa polo blog non sabia que o tiñas.cris
ResponderEliminarBoas, os surfistas querianme cobrar moito polos dereitos de imaxe e non me daba o presuposto, jeje, un saúdo e moitas gracias por comentar.
ResponderEliminarGraciñas Cris, non sei eu...coas navidades á volta da esquina estrañame que algún percebeiro non se atrevera ;)
Vaia pasada de entrada compañeiro!
ResponderEliminarUnha aperta e feliz ano novo! Coidateme moito!
Moitas gracias Rubén, feliz ano e moita sorte por Uk.
ResponderEliminar