RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

terça-feira, 31 de janeiro de 2012

GARZALLADA


As garzas, maxestuosas e elegantes no seu andar á procura de comida, conseguen engaiolar a mirada de calquera que se arrime polos nosos humidais e, como xa dixen noutra ocasión, non queda máis remedio que controlarse á hora de fotografialas por que un non da parado, e o final  pesa máis o archivo das garzas que tódolos outros xuntos.
Poño baixo estas liñas unhas poucas fotos de tres especies deste fermoso grupo de aves, todas elas fotografiadas na Ría de Ortigueira.

Moi presente pola ría, a garza real (Ardea cinerea) que non por ser común deixa de ser un fermosísimo animal.



























Outra garza, esta menos habitual, é a garceta grande (Ardea alba), esta especie procedente do este de Europa era unha rareza ata non fai moito, pero parece que dende fai  anos se está a expandir polo oeste europeo, chegando a criar nalgúns puntos da península como no delta do Ebro ou  en Huesca, na laguna de Sariñena.
Este ano puiden ver un grupo de oito exemplares sobrevoando a Ría do Barqueiro, un exemplar polo xuncal de Esteiro (gracias a Víctor e a Sebito por avisar), é curiosa esta observación nun río baldío e tremendamente degradado pola acción dunha canteira de lousa (isto é conto para outra entrada), e finalmente un par de exemplares pola Ría de Ortigueira.



E xa para rematar este curto andar polo mundo dos ardeidos, a garceta común (Egretta garzetta), especie agora abundante, pero varios paxareiros me teñen dito que fai anos non era unha especie tan frecuente. 
Esta especie semella moito máis nerviosa e inquieta que as anteriores, e a miúdo se aproveita da espectacular pesca colectiva que realizan os cormorás grandes para se facer con algún peixe dos que estes acurralan.



Xa para finalizar, este video onde se pode ollar a táctica de pesca que usa a garceta, aínda que polo título que lle puxen (a pesca da garceta) máis ben semella que ela é a pescada, en fin un erro máis da miña cabeciña.


Espero que este pequeno homenaxe a estas tres garzas fose do voso agrado, sen máis que engadir despídome polo momento, un saúdo e moitas gracias por me ler.

6 comentários:

  1. Vaia fotazas!!!! Qué equipo tes agora compañeiro??

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Boas Rubén! moitas gracias.
    A cámara é a Nikon d3100 a mesma que andivo pola túa zona, pero agora púxenlle o sigma 150-500.
    Xa ves que o final din feito co video, graciñas.
    Un saúdo Rubén e dalle duro por ahí arriba.

    ResponderEliminar
  3. Vaia! Eu tamén merquei un sigma 150-500 pero aínda non tiven tempo de probalo. A ver se este finde nun humedal ao oeste de London. Mágoa de non ter vídeo na cámara. Estupendo! unha aperta!

    ResponderEliminar
  4. ¡Que marabilla de fotos! ¡Chapeau!
    Teño un Sigma 135-400 que non vale un patacón, ou son eu o que non vale como fotógrafo.
    Unha aperta
    Xisbe

    ResponderEliminar
  5. Espectaculares fotos e fermosas aves! a miña noraboa!

    ResponderEliminar
  6. Boas
    Perdoade que tardase tanto en responder, ando medio liado.
    Rubén xa me contarás que tal con el, non é moi luminoso polo que no inverno teremos que escoller os días de máis luz, polo resto eu estou moi contento con el segura que lle as quitar partido.
    Que tal Xisbe, moitas gracias, o do teu obxetivo jeje, non sei, non te creas que entendo gran cousa de lentes nin fotografía, supoño que será cousa de pillarlle o truco, eu miraría de atopar a alguén no flikr ou parecido, co mesmo equipo e comparar as fotos e os datos dos disparos, seguro que algún dato interesante sae. unha aperta Xosé.
    Moitas gracias Morgana un pracer terte por acó. unha aperta.

    ResponderEliminar