RINCÓN NATURAL Ó NORTE DE GALICIA

Unha sociedade que decide organizarse sen unha ética mínima, altruísta e respetuosa coa natureza, está trazando o camiño da súa propia autodestrucción.

Leonardo Boff

sexta-feira, 29 de abril de 2011

Carnívoras da Faladoira

Esta é unha entrada das que gusta facer, por ser unha boa nova para a nosa bisbarra. Estos días atráis andiven paseando pola Faladoira para ver conmo andaban as nosas poboacións de prantas carnívoras.
Medraban gran cantidade de orballiñas, algo esperado, aínda que non contaba con tan alta densidade de exemplares. A maioría eran da especie Drosera rotundifolia aínda que tamén aparecia D.intermedia, pero nesta ocasión quería saber en especial das poboacións de pinguicula.






Pois ben a miña intención máis optimista era atopar algúns poucos exemplares de Pinguicula vulgaris,ou linguas do loberno, (con permiso de Rafael autor deste axeitado nome) que andarían a florecer nesta época. Cal foi a miña sorpresa cando as primeiras de cambio xa tiña ante min unha colonia cercana os douscentos exemplares, moitos deles en flor e outros moitos aínda xurdindo.







Despois de facer unha morea de fotos, fun cara outra zona de turbeira donde sabía da esistencia soamente das orballiñas, ó chegaren, outra sorpresa, as orballiñas compartían o espazo cunha colonia de máis dun cento de Pinguicula lusitanica, especie que eu non coñecía máis que nas fotos. Estoutra especie aínda comenzando a florecer.





Por último decidín visitar unha ampla zona de turbeira, a mellor das que eu coñecía, ó chegar, a mesma sorte que as outras dúas turbeiras, pero esta era lugar esclusivo de Pinguicula vulgaris, xa mencionada, e seguramente a máis escasa das nosas carnívoras, estas asomaban ó longo dun talude rezumante de auga duns 400 metros de longo, e logo seguían aparecendo turbeira arriba. Un pouco a ollo podo decir que esta nova colonia superaba os 200 exemplares aínda que moito máis espallada que a primeira.





De seguro que a nosa serra agocha algún outro recuncho donde estas fermosas prantas andarán a medrar.
De todos xeitos non nos podemos levar a enganos, donde hoxe parecen estar a gozar dunha boa saúde, poderían desaparecer nun chiscar de ollos, con calquera actuación da man do home, que alterase minimamente as condicións ambientais destes lugares. Teremos que estar atentos a canto se fai nestas zonas, para que se teñan en conta estas poboaciós antes de faceren algunha nova desfeita polos altos dos nosos montes.
Durante o paseo por si non o estaba pasando ben de abondo aínda me alegrou a vista este fermoso macho de corzo que comía á beira do camiño e que non quería marchar nin dispois de verme.




Para máis información sobre as nosas carnívoras e co permiso de Rafael, poño este enlace ó blog amigo ó Noroeste do Noroeste que explica polo miúdo destas especies.
http://costaartabra.blogspot.com/2009/11/plantas-carnivoras-do-noroeste.html

Sen moito máis que engadir, despídome polo momento, moitas gracias por me ler.

6 comentários:

  1. Excelente entrada compañeiro!
    Teño pendente ver as Pinguicola lusitanica, a ver se cae un día destes unha visita por eses lares. Saúdos!

    ResponderEliminar
  2. Moi boas...Os meus parabéns polo novo dato da presencia das lengoas de loberno na Faladoira...e de seguro ten que haber moitas máis, a serrra é moito grande. A buscar.
    As fotos das orballiñas, droseras, son unha chulada. Polo que podo ver nas fotos tes fotografado as dúas especies presentes.As que parecen sair da Pinguícula lusitánica, semellan Drosera intermedia, máis rara que rotundifolia.

    Boa saída ao monte: catro carnívoras nunha sentada. Agora a buscar utricularias polas augas da bisbarra: a min nunca se me deixaron ver. Sorte.
    O corzo era un señor corzo, ben mantido.
    Agradecido quedo eu polo enlace o meu bló.
    Unha aperta, a mandare.

    ResponderEliminar
  3. Eu seo e ìnguicula lusitanica na costa da morte, en borneiro e droseras Rotundifolia e intermedia ainas tamé en coristanco

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias Rubén, pois nada cando queiras anímate a pasar unhos días por estas terras, dande quedarte tes, e a zona seguro que che gusta. Un saudo e cando queiras...

    Boas Rafael,graciñas, de seguro que quedan moitas agochadas, da gusto ver que a P. vulgaris ten unha poboación importante pola zona. As orballiñas aparecían misturadas sempre pero, D. intermedia en menor cantidade e nunca tan apelotonada como se ve nas primeiras fotos de D. rotundifolia.
    As utricularias só a puiden ver na lagoa de Sobrado dos Monxes, por acó aínda nunca fun que de miralas, de seguro que por algún sitio as teremos.
    Un día temos que quedar e parolar un pouco.
    un saudo Rafael.

    ResponderEliminar
  5. Graciñas Toñito!!!muy instructivo y muy bien contado!

    ResponderEliminar
  6. como "chana" Toñi! no sabia que había carnívoras por aquí!! que guay!!un día nos tienes que hacer una ruta de exploración!
    lo del corzo ... no podía ser de otra forma!;)
    Canto aprendemos contigo! :D

    ResponderEliminar